DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 26 de novembro de 2008 Páx. 21.208

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de novembro de 2008 pola que se autoriza o cambio de denominación do colexio de educación infantil e primaria Francisco Franco de Beariz, na provincia de Ourense.

Tendo en conta o disposto no artigo 8 punto 1º do anexo do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autorizar o cambio de denominación do centro que se relaciona no anexo a esta orde.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2008.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: Beariz.

Localidade: Beariz (Sta. María).

Código de centro: 32001920.

Denominación: colexio de educación infantil e primaria Francisco Franco.

Nova denominación: colexio de educación infantil e primaria de Beariz.