DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 26 de novembro de 2008 Páx. 21.204

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2008 pola que se publica o estado de execución do orzamento da comunidade autónoma e as súas modificacións, e a situación da tesouraría e movementos por operacións orzamentarias e extraorzamentarias correspondentes ao segundo trimestre de 2008.

De acordo co previsto no artigo 117 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, dáselle publicidade ao estado de execución do orzamento da comunidade autónoma e as súas modificacións e á situación da tesouraría e movementos por operacións orzamentarias e extraorzamentarias correspondentes ao segundo trimestre de 2008, que figuran como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2008.

José Ramón Fernández Antonio

Conselleiro de Economía e Facenda

Ver referencia pdf "23000D004P012.PDF"