DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2008 Páx. 21.157

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de novembro de 2008 pola que se modifica a Orde do 7 de febreiro de 2008, pola que se fai pública a composición do Consello Social da Universidade da Coruña.

Pola Orde do 7 de febreiro de 2008 (DOG do 25 de febreiro) faise pública a composición do Consello Social da Universidade da Coruña.

Segundo o artigo 10.1º letra d) da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do Sistema Universitario de Galicia, os membros do Consello Social cesarán, entre outras causas, por decisión da entidade que os designase nos casos previstos no artigo 12; especifica o número 2 do mesmo artigo que as vacantes deberán ser cubertas pola autoridade, entidade ou institución correspondente no prazo máximo de 3 meses e polo período que reste para finalizar o mandato.

O artigo 7.4º desta lei establece que os acordos de designación de membros do Consello Social seranlle comunicados ao conselleiro competente en materia universitaria, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Con data do 27 de outubro de 2008, o presidente do Consello Social da Universidade da Coruña comunica o acordo da Confederación de Empresarios da Coruña de substitución de Miguel Castrillón Fagil como representante da Confederación de Empresarios de Galicia no Consello Social da Universidade da Coruña por Francisco J. Santiañez Orero.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Que cese Miguel Castrillón Fagil como membro designado pola Confederación de Empresarios de Galicia no Consello Social da Universidade da Coruña.

Artigo 2º.-Nomear como membro do Consello Social da Universidade da Coruña, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Francisco Santiañez Orero.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2008.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria