DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2008 Páx. 21.017

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

DECRETO 259/2008, do 20 de novembro, polo que se nomea delegado provincial de Ourense a Antonio Blanco Rodríguez.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta da conselleira de Cultura e Deporte, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de novembro de dous mil oito,

Nomeo delegado provincial de Ourense da Consellería de Cultura e Deporte a Antonio Blanco Rodríguez.

Santiago de Compostela, vinte de novembro de dous mil oito.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Ánxela Bugallo Rodríguez

Conselleira de Cultura e Deporte