DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 12 de novembro de 2008 Páx. 20.525

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2008 pola que se aproban os modelos de actas da inspección tributaria de Augas de Galicia.

Tras a entrada en vigor da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e do Regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado polo Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, e atendendo ao disposto no artigo 176.4º deste, que dispón que os órganos de inspección estenderán as actas nos modelos oficiais aprobados para o efecto por cada Administración tributaria, resulta preciso aprobar os modelos de actas que se adecuen ao disposto nas devanditas normas.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Primeiro.-Modelos de actas.

Augas de Galicia estenderá as súas actas nos modelos oficiais aprobados para o efecto por esta resolución e que se insiren como anexos I, II e III a esta.

Segundo.-Confección das actas.

Na parte superior das actas figurará o logotipo da Xunta de Galicia e de Augas de Galicia.

Terceiro.-Contido das actas.

As follas das actas irán numeradas consecutivamente e o seu número será variable, en función da extensión da acta. En cada folla farase constar a identidade dos obrigados tributarios: nome e apelidos ou razón ou denominación social completa e número de identificación fiscal, e na primeira, ademais, o domicilio tributario do interesado. Así mesmo, constará o número que, con carácter único, se asigne a cada acta para a súa identificación, e as mencións que se relacionan nos artigos 153 e 155.2º da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, así como no artigo 176.1º e 2º do Regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado polo Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo.

Cando a natureza das actuacións o exixa, indicaranse, no encabezamento da primeira folla dos modelos de actas, os concellos a que se refira o ámbito de comprobación.

Os espazos que nos modelos oficiais que aproba esta resolución figuran en branco ou punteados terán a extensión variable que en cada momento sexa precisa, en función do texto que se incorpore aos devanditos espazos.

Cando as actas se redacten sen a presenza dos interesados, a redacción do seu encabezamento adaptarase a esta circunstancia. Igualmente, no caso de que, comparecendo os interesados, se neguen a subscribir as actas, tal circunstancia farase constar expresamente nelas, manifestando se reciben ou non un exemplar.

Cuarto.-Anexos ás actas.

Se pola súa extensión non puidesen recollerse no modelo de acta todas as circunstancias que deban constar nela, estas reflectiranse nun anexo que formará parte da acta para todos os efectos.

A confección e contido das follas de anexo serán os mesmos que os indicados nos dous puntos anteriores, e farase constar, ademais, a indicación de anexo.

Quinto.-Documentos de ingreso.

Cando o resultado da acta de conformidade ou con acordo sexa para ingresar e neste último caso non se constituíse depósito, a Inspección entregaralle ao comparecente os documentos necesarios para realizar o ingreso.

Sexto.-Formalización dos modelos.

Na formalización dos devanditos modelos pola Inspección observaranse os criterios e instrucións recollidos no anexo IV desta resolución.

Sétimo.-Exemplares para o obrigado tributario.

De cada acta entregarase un exemplar ao comparecente, que se entenderá notificada pola súa sinatura. Se comparecese pero se negase a subscribir a acta, entenderase notificada de acordo co disposto nos artigos 111.2º da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e 185.2º do Regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado polo Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo. Se o obrigado tributario non comparecese, remitiráselle un exemplar da acta.

Oitavo.-Aplicación.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será aplicable ás actas de inspección que se incoen a partir da súa entrada en vigor e que correspondan a procedementos iniciados a partir do 1 de xaneiro de 2008.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2008.

P.D. (Orde 24-10-2007, DOG do 2 de novembro)

José Luis Romero Valeiras

Director xeral de Augas de Galicia

Ver referencia pdf "22000D007P029.PDF"

Constituída a inspección para documentar os resultados da actuación inspectora, en relación co expresado obrigado tributario, e presente ... con número de identificación fiscal ... como ... faise constar:

1. A situación da contabilidade e rexistros obrigatorios en relación coa obriga tributaria e período comprobado é a seguinte:

....................................................................................................................................................................

2. A data de inicio das actuacións foi o día .... e no cómputo do prazo de duración debe atenderse ás seguintes circunstancias:

....................................................................................................................................................................

No curso das actuacións estendéronse dilixencias nas seguintes datas:

....................................................................................................................................................................

3. Das actuacións practicadas e demais antecedentes resulta que:

....................................................................................................................................................................

Comunicouse ao obrigado tributario a posta de manifesto do expediente e apertura do trámite de audiencia previo á proposta de resolución mediante............................................. ..................................................................................

Baseándose nos feitos e circunstancias de cuxo reflexo queda constancia no expediente, e en opinión do actuario abaixo asinante, ..., existen indicios da comisión de infraccións tributarias establecidas no artigo 183 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

4. En consecuencia, formúlase a seguinte proposta de liquidación respecto dos conceptos que se indican:

....................................................................................................................................................................

De acordo co disposto no artigo 101.... da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e no artigo 190.... do Regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado polo Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, a liquidación proposta ten a consideración de definitiva/provisional por ...............................

Os importes que sintetizan a composición da débeda resultante da proposta de liquidación son os seguintes:

Ver referencia pdf "22000D007P029.PDF"

5. O obrigado tributario presta a súa conformidade á proposta de liquidación ... que antecede, estendéndose a súa aceptación aos feitos recollidos na acta e a todos os demais elementos determinantes da dita liquidación.

6. A Inspección advírtelle ao interesado que, de acordo co artigo 156.3º da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, se entenderá producida e notificada a liquidación tributaria de acordo coa proposta formulada na acta se, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á data da acta, non se notificase ao interesado acordo do presidente de Augas de Galicia en que se rectificasen erros materiais, se ordenase completar o expediente mediante a realización das actuacións que procedan, se confirmase a liquidación proposta na acta ou se estimase que na proposta de liquidación existiu erro na apreciación dos feitos ou indebida aplicación das normas xurídicas e se concedese ao interesado prazo de audiencia previo á liquidación que se practique.

O obrigado tributario queda notificado do contido desta acta e, en particular, se resultase unha débeda que se vaia ingresar, en virtude da liquidación que se produza a consecuencia desta acta, do seu deber de ingresar o importe daquela, baixo apercibimento da súa exacción por vía de constrinximento, no caso de falta de pagamento nos prazos previstos no artigo 62.2º da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. Será data determinante do cómputo destes prazos aquela en que se entenda notificada a liquidación derivada da acta. O ingreso poderá realizarse en calquera das oficinas da entidade colaboradora.

7. Contra a liquidación tributaria producida conforme a proposta contida nesta acta, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición ante o presidente de Augas de Galicia ou ben reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Consellería de Economía e Facenda) no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que a liquidación se entenda notificada (capítulos III e IV da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, títulos III e IV do Regulamento xeral de desenvolvemento da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria en materia de revisión en vía administrativa, aprobado polo Real decreto 520/2005, do 13 de maio).

Cando a contía da reclamación non supere os importes previstos no artigo 64 do Regulamento xeral de desenvolvemento da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria en materia de revisión en vía administrativa, aprobado polo Real decreto 520/2005, do 13 de maio, así como nos demais supostos considerados no artigo 245.1º da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, a reclamación económico-administrativa será tramitada polo procedemento abreviado ante os órganos unipersoais do devandito tribunal, e deberanse incluír no escrito mediante o que se interpoña a reclamación as alegacións que se formulen.

De conformidade co establecido no artigo 235.3º da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o escrito de interposición das reclamacións económico-administrativas deberá presentarse ante o presidente de Augas de Galicia.

8. En proba de conformidade co contido desta acta que regulariza a súa situación tributaria polo que aos compoñentes desta débeda consignados no número 4 se refire, e co alcance previsto no artigo 144 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, é asinada polo interesado, quedando un exemplar en poder deste, xunto, se é o caso, coa carta de pagamento que lle permita realizar o correspondente ingreso.

Ver referencia pdf "22000D007P029.PDF"

Constituída a inspección para documentar os resultados da actuación inspectora, en relación co expresado obrigado tributario, e presente ....con número de identificación fiscal ... como ..., faise constar:

1. A situación da contabilidade e rexistros obrigatorios en relación coa obriga tributaria e período comprobado é a seguinte:

....................................................................................................................................................................

2. A data de inicio das actuacións foi o día ... e no cómputo do prazo de duración debe atenderse ás seguintes circunstancias:

....................................................................................................................................................................

No curso das actuacións estendéronse dilixencias nas seguintes datas

....................................................................................................................................................................

3. Das actuacións practicadas e demais antecedentes resulta que:

....................................................................................................................................................................

Comunicóuselle ao obrigado tributario a posta de manifesto do expediente e apertura do trámite de audiencia previo á proposta de resolución mediante.........................................

Baseándose nos feitos e circunstancias de cuxo reflexo queda constancia no expediente, e en opinión do actuario que abaixo asina, ..., existen indicios da comisión de infraccións tributarias establecidas no artigo 183 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

4. En consecuencia, formúlase a seguinte proposta de liquidación respecto dos conceptos que se indican:

....................................................................................................................................................................

De acordo co disposto no artigo 101 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e no artigo 190 do Regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado polo Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, a liquidación proposta ten a consideración de definitiva/provisional por ....................................................

Os importes que sintetizan a composición da débeda resultante da proposta de liquidación son os seguintes:

Ver referencia pdf "22000D007P029.PDF"

5. O obrigado tributario non subscribe a acta/manifesta a súa desconformidade coa proposta de regularización formalizada pola Inspección:

....................................................................................................................................................................

6. A Inspección advírtelle ao interesado do seu dereito a presentar ante esta Inspección as alegacións que considere oportunas, dentro do prazo dos quince días contados a partir do día seguinte ao da data da acta ou da súa notificación.

Recibidas as alegacións formuladas polo obrigado tributario ou concluído o prazo para a súa presentación, o presidente de Augas de Galicia ditará o acto administrativo que corresponda, que será notificado ao obrigado tributario. Se o presidente de Augas de Galicia acordase a rectificación da proposta contida na acta por considerar que nela existiu un erro na apreciación dos feitos ou indebida aplicación das normas xurídicas e a devandita rectificación afectase cuestións non alegadas polo obrigado tributario, notificará o acordo de rectificación para que no prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte ao da notificación da apertura do dito prazo, efectúe alegacións e manifeste a súa conformidade ou desconformidade coa nova proposta formulada no acordo de rectificación. Transcorrido o devandito prazo ditarase a liquidación que corresponda, que deberá ser notificada.

A Inspección advírtelle, así mesmo, ao interesado que o presidente de Augas de Galicia, antes de ditar o acto de liquidación, poderá acordar a práctica de actuacións complementarias.

7. Esta acta terá o valor probatorio que proceda de acordo co artigo 144 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ..., que asina o comparecente e ... que recibe un exemplar, xunto co preceptivo informe ampliatorio.

Ver referencia pdf "22000D007P029.PDF"

Constituída a inspección para documentar os resultados da actuación inspectora, en relación co expresado obrigado tributario, e presente ... con número de identificación fiscal ... como ... faise constar:

1. A situación da contabilidade e rexistros obrigatorios en relación coa obriga tributaria e período comprobado é a seguinte:

....................................................................................................................................................................

2. A data de inicio das actuacións foi o día ... e no cómputo do prazo de duración debe atenderse ás seguintes circunstancias:

....................................................................................................................................................................

No curso das actuacións estendéronse dilixencias nas seguintes datas

....................................................................................................................................................................

3. Das actuacións practicadas e demais antecedentes resulta que:

....................................................................................................................................................................

Para a elaboración da proposta de regularización é necesario ..., o que permite concluír un acordo co obrigado tributario nos termos previstos no artigo 155 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

En canto á fundamentación das estimacións / valoracións / medicións de datos realizadas, debe sinalarse que:

....................................................................................................................................................................

4. Os feitos consignados, a xuízo da Inspección, constitúen/non constitúen infracción tributaria, de acordo co disposto en ..............................................

5. O presidente de Augas de Galicia autorizou a subscrición desta acta con acordo en data ................

En data ... o obrigado tributario constituíu ... de contía abonda para garantir o cobramento das cantidades que puidesen derivar da acta, achegándose o correspondente xustificante acreditativo ..................

6. En consecuencia, formúlase a seguinte proposta de regularización respecto dos conceptos que se indican:

....................................................................................................................................................................

Ver referencia pdf "22000D007P029.PDF"

7. O obrigado tributario manifesta a súa conformidade coa totalidade do contido desta acta, estendéndose, polo tanto, a dita conformidade expresamente ao fundamento da aplicación/estimación/valoración/medición realizada e aos elementos de feito, fundamentos xurídicos e cuantificación da proposta de liquidación ... e de sanción contidas na acta.

8. Entenderase producida e notificada a liquidación e imposta e notificada a sanción nos termos das propostas formuladas se transcorridos 10 días contados desde o día seguinte ao da data desta acta non se notificou ao interesado acordo do inspector xefe en que se rectificasen os erros materiais que puidese conter esta.

Confirmadas as propostas, o depósito realizado aplicarase ao pagamento das devanditas cantidades. Se se presentase aval ou certificado de seguro de caución, o ingreso deberá realizarse no prazo a que se refire o artigo 62.2º da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou no prazo ou prazos fixados, no acordo de aprazamento ou fraccionamento que se concedese pola Administración tributaria coas devanditas garantías e que o obrigado tributario solicitase con anterioridade á finalización do prazo do artigo 62.2º da devandita lei.

9. Contra a liquidación e a sanción producidas conforme as propostas contidas nesta acta non caberá interpoñer recurso de reposición nin reclamación económico-administrativa sen prexuízo do disposto no artigo 155.6º da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

10. En proba de conformidade coa totalidade do contido desta acta con acordo, que regulariza a súa situación tributaria, é asinada polo interesado, quedando un exemplar en poder deste, xunto, se é o caso, a carta de pagamento que lle permita realizar o correspondente ingreso.

ANEXO IV

Primeiro.-Actas de conformidade (modelo A01).

1. Augas de Galicia utilizará o modelo A01 para estender as actas que procedan cando o obrigado tributario preste a súa conformidade á proposta de liquidación practicada na acta pola Inspección e non proceda utilizar o modelo A03.

2. Cando a acta sexa de conformidade e con descubrimento de débeda, co exemplar duplicado da acta faráselle entrega ao interesado dos documentos de ingreso precisos para efectuar o pagamento da débeda tributaria.

3. A identidade dos actuarios que subscriban a acta constará no espazo inferior da cabeceira para os efectos de identificación, e recollerá os dous apelidos e o nome de cada un.

No campo denominado «Período» da devandita cabeceira indicarase o ano ou os anos naturais que comprendan os períodos cuxa regularización incorpora a acta de conformidade.

4. No número 1 da acta farase constar a situación dos libros ou rexistros obrigatorios do interesado só cando o obrigado tributario estea obrigado ao seu mentemento e exclusivamente respecto dos tributos en que teña incidencia.

5. No número 2 da acta indicarase a data de inicio das actuacións e faranse constar, se é o caso, os períodos de interrupción xustificada e as dilacións no procedemento por causas non imputables á Administración tributaria, así como a procedencia, tamén, se é o caso, de ampliar o prazo xeral de duración das actuacións. Igualmente, faranse constar as datas en que se incoaron dilixencias no curso do procedemento.

6. No número 3 da acta recolleranse os feitos e elementos con transcendencia para a comprobación da situación tributaria do interesado que resultasen das actuacións inspectoras e establécense, así mesmo, as consecuencias de dereito que aqueles feitos ou circunstancias supoñan para a regularización da situación tributaria do obrigado tributario.

Neste número incluirase o medio e a data en que ao obrigado tributario se lle comunica a finalización das actuacións de comprobación e investigación e a posta de manifesto do expediente e apertura do trámite de audiencia previo á incoación da acta.

Así mesmo, farase constar neste número se o obrigado tributario presentou alegacións e, en caso afirmativo, efectuarase unha valoración xurídica. Tamén se farán constar neste número, se é o caso, as circunstancias que xustifiquen a actuación directamente co seu responsable solidario.

7. No número 3 da acta reflectirase a existencia ou non, en opinión do actuario, de indicios da comisión de infraccións tributarias.

8. No número 4 da acta recollerase o detalle numérico da proposta de liquidación que resulte da regularización da situación tributaria do interesado polos conceptos a que a acta se refire, con expresión dos incrementos ou alteracións das bases, deducións e cotas tributarias. No recadro inferior deste número recolleranse os importes que sintetizan a composición da débeda resultante da proposta de liquidación derivada da acta.

Neste número 4, indicarase se a proposta de liquidación ten carácter definitivo ou provisional, e neste último caso farase constar a natureza, as circunstancias determinantes da súa incoación con tal carácter e os elementos do feito impoñible ou da súa valoración a que se estendera a comprobación inspectora.

9. No espazo en branco do número 5 indicarase o carácter provisional ou definitivo da liquidación cuxa proposta se incorpora á acta.

Segundo.-Actas de desconformidade (modelo A02).

1. Augas de Galicia utilizará o modelo A02 para estender as actas que procedan cando o obrigado tributario non preste a súa conformidade á proposta de liquidación practicada na acta pola Inspección.

2. Para a formalización das actas que proceda estender utilizándose este modelo A02 observaranse as instrucións recollidas nos números 3 a 8, ambos os dous inclusive, do número primeiro deste anexo. En todo caso, o contido do número 3 da acta, en canto á explicitación dos feitos recollidos na acta e o desenvolvemento dos argumentos de dereito expostos nela, completarase mediante a emisión polos actuarios dun informe. A redacción do encabezamento das actas adaptarase cando estas se redacten sen a presenza dos interesados, substituíndo a expresión «e presente , ... , con número de identificación, ..., como ...» por «e non comparecendo o interesado nin o seu representante debidamente notificados».

3. No número 5 da acta sinalarase se o motivo da desconformidade da acta é pola ausencia do obrigado tributario no momento da súa sinatura ou por ser así declarado polo obrigado tributario ou representante que a subscribe.

4. Nos espazos en branco do número 7 indicarase se o obrigado tributario asina ou non a acta e se a recibe ou non no momento da sinatura.

Terceiro.-Actas con acordo (modelo A03).

1. Augas de Galicia utilizará o modelo A03 para redactar as actas que procedan cando a Administración tributaria concrete a aplicación de conceptos xurídicos indeterminados, resulte necesaria a apreciación dos feitos determinantes para a correcta aplicación das normas ao caso concreto ou sexa preciso realizar estimacións, valoracións ou medicións de datos, elementos ou características relevantes para a obriga tributaria que non poidan cuantificarse de forma certa, mediante un acordo co obrigado tributario nos termos previstos no artigo 155 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

2. Cando o resultado da acta con acordo sexa para ingresar e non se constituíse depósito, co exemplar duplicado da acta faráselle entrega ao interesado dos documentos de ingreso precisos para efectuar o pagamento da débeda tributaria e, se é o caso, da sanción.

3. Para a formalización das actas que proceda redactar utilizándose este modelo A03 observaranse as instrucións recollidas nos números 3 a 5, ambos os dous inclusive, do número primeiro deste anexo.

4. No número 3 da acta recolleranse os orzamentos que fundamenten a aplicación, estimación, valoración ou medición realizada, así como os elementos de feito resultantes das actuacións inspectoras que teñan transcendencia para a regularización da situación tributaria do interesado mediante acordo co obrigado tributario, e a fundamentación xurídica e cuantificación da proposta de regularización.

Cando proceda formular distintas propostas de liquidación en relación cunha mesma obriga tributaria como consecuencia de que o acordo non inclúa todos os elementos desta, sinalaranse expresamente os elementos a que se estendeu a proposta contida na acta con acordo, e que a liquidación derivada desta terá carácter provisional de acordo co disposto no artigo 101.4º b) da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

5. No número 4 da acta reflectirase a existencia ou non, en opinión do actuario, de indicios da comisión de infraccións tributarias.

No caso de apreciarse que existe infracción tributaria consignaranse os elementos de feito, fundamentos xurídicos e cuantificación da proposta de sanción que, se é o caso, proceda, a que será de aplicación a redución prevista no artigo 188.1º da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, así como a renuncia á tramitación separada do procedemento sancionador.

6. No número 5 da acta consignarase a data en que o presidente de Augas de Galicia autorizou a subscrición da acta con acordo. Así mesmo, farase constar se a garantía achegada consiste en depósito, aval de carácter solidario ou seguro de caución, e indicarase a data de constitución e o número de referencia do xustificante que o acredita.

7. No número 6 da acta recollerase o detalle numérico da proposta de liquidación que resulte da regularización da situación tributaria do interesado polos conceptos a que a acta se refire, con expresión dos incrementos ou alteracións das bases, deducións e cotas tributarias. No recadro inferior recolleranse os importes que sintetizan a composición da débeda tributaria resultante da proposta de liquidación, así como da cuantificación da proposta de sanción.

8. No espazo en branco do número 7 indicarase o carácter provisional ou definitivo da liquidación cuxa proposta se incorpora á acta.