DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 12 de novembro de 2008 Páx. 20.510

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2008 pola que se adxudican as axudas convocadas pola Orde do 27 de xuño de 2008, de axudas para a realización de proxectos de investigación en biomedicina e ciencias da saúde nos centros do sistema sanitario público galego.

Feitos.

Primeiro.-Con data do 10 de xullo de 2008 abriuse o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co previsto no artigo 4.2º da Orde do 27 de xuño de 2008, que rematou o 11 de agosto do 2008.

Segundo.-De conformidade co previsto no artigo 10.1º e 2º da citada orde, o procedemento de selección das solicitudes tivo lugar en dúas fases, e rematada a segunda destas a comisión de selección, na súa sesión do 30 de setembro de 2008, elaborou a correspondente proposta de adxudicación, cos correspondentes anexos en que se detallaron os adxudicatarios propostos e os seus suplentes, de conformidade coas correspondente bases reguladoras.

Terceiro.-A comisión de selección, realizada a súa tarefa, elevou a correspondente proposta ao órgano competente para resolver, de conformidade co previsto no artigo 11.1º da Orde do 27 de xuño de 2008.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A conselleira de Sanidade é o órgano competente para a resolución do procedemento de concesión das axudas, de conformidade co establecido no artigo 11.1º da Orde do 27 de xuño de 2008.

Segundo.-No procedemento en cuestión observáronse os trámites procedementais establecidos nas bases aprobadas mediante a Orde do 27 de xuño de 2008.

Terceiro.-As cantidades asignadas atópanse dentro dos límites orzamentarios determinados no artigo 6 da mesma orde citada anteriormente.

Cuarto.-A proposta formulada reúne os requisitos determinados na orde citada anteriormente.

Por canto antecede, vistos os preceptos indicados anteriormente e demais de xeral e pertinente aplicación,

RESOLVO:

1. Adxudicar as axudas para a realización de proxectos de investigación en biomedicina e ciencias da saúde nos centros do sistema sanitario público galego, convocadas mediante Orde do 27 de xuño de 2008, aos suxeitos e proxectos determinados no anexo I desta resolución, e nas contías que nel se establecen.

2. Para os efectos previstos no artigo 13.2º da Orde do 27 de xuño de 2008, inclúese no anexo II desta resolución a designación dos proxectos que poderían resultar beneficiarios, sempre que se produza algunha das causas previstas na citada orde e que afecten os adxudicatarios relacionados no anexo I.

Lémbraselles aos adxudicatarios que para poder percibir as axudas será preciso presentar a documentación indicada no artigo 13 da orde de convocatoria no prazo previsto nas bases, e a xustificación dos fondos, acompañada da documentación especificada no artigo 14 da orde de convocatoria.

As resolucións -expresas ou presuntas- de concesión/denegación das axudas a que se refire esta orde poñen fin á vía administrativa, e poderán ser obxecto de recurso potestativo de reposición, de conformidade co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo, ou ben ser obxecto de recurso na vía contencioso-administrativa, de conformidade co previsto na lexislación reguladora desta orde xurisdicional.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2008.

María José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

Ver referencia pdf "22000D005P014.PDF"