DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 12 de novembro de 2008 Páx. 20.509

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2008 pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas para a conservación e a restauración de bens do patrimonio etnográfico de Galicia.

Esta consellería resolveu a publicación da 3ª relación de beneficiarios, que se especifican no anexo, das axudas concedidas no ano 2008 ao abeiro da Orde do 31 de marzo de 2008, da Consellería de Cultura e Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán axudas destinadas a actividades de fomento para a conservación e a restauración de bens do patrimonio etnográfico de Galicia.

Estas axudas fináncianse con cargo á aplicación orzamentaria 12.03.433A.781.0 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2008.

Ánxela Bugallo Rodríguez

Conselleira de Cultura e Deporte

Ver referencia pdf "22000D002P007.PDF"