DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 07 de novembro de 2008 Páx. 20.303

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

DECRETO 249/2008, do 6 de novembro, polo que se dispón que cese Carlos Alberto Amoedo Souto como secretario xeral da Consellería de Cultura e Deporte.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta da conselleira de Cultura e Deporte, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día seis de novembro de dous mil oito,

DISPOÑO:

Que cese Carlos Alberto Amoedo Souto como secretario xeral da Consellería de Cultura e Deporte, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, seis de novembro de dous mil oito.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Ánxela Bugallo Rodríguez

Conselleira de Cultura e Deporte