DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 06 de novembro de 2008 Páx. 20.262

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2008 pola que se convoca un curso de especialización de formadores de educación viaria para policías locais no ámbito da educación para adultos.

Dentro das actividades programadas para o ano 2008, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a celebración dun curso de especialización de formadores de educación viaria para policías locais no ámbito da educación para adultos, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñecer e comprender a importancia que ten a educación viaria na educación de persoas adultas.

-Afondar na necesidade de formar as persoas adultas para que usen as vías públicas con seguridade como peón, condutor e pasaxeiro.

-Dotar os policías locais de ferramentas e recursos para deseñar intervencións educativas que teñan como base a educación viaria no campo da educación para persoas adultas, tanto no ámbito da educación formal coma non formal.

Destinatarios.

Funcionarios dos corpos de policía local de Galicia, que non fixesen con anterioridade este curso ou semellante.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

27 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, na cal deberá constar necesariamente a sinatura da autoridade da que dependa.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 19 de novembro ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada (fax: 886 20 61 22); ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Por correo electrónico a través da páxina web http://agasp.xunta.es, poderá adiantarse a preinscrición, sen prexuízo da remisión e acreditación por fax.

Datas.

O curso realizarase do 25 ao 28 de novembro en horario das 9.00 ás 14.00 horas, cunha duración de 20 horas lectivas.

Contido.

-Introdución xeral ao concepto de educación viaria e, concretamente, na súa aplicación a persoas adultas: contidos, obxectivos, metodoloxía, etc.

-Importancia da educación viaria na educación de adultos e a necesidade de desenvolver programas educativos no ámbito da educación non formal.

-Planificación e programación dun proceso educativo de educación viaria en educación de adultos.

-Materiais didácticos de educación viaria para adultos. Outros recursos didácticos da DXT.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 21 de novembro a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios do Academia Galega de Seguridade Pública e na páxina web http://agasp.xunta.es, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 886 206 117/118.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 30 de outubro de 2008.

P.S. (Disposición primeira Orde 31-1-2008;

DOG nº 23, do 1 de febreiro)

María Isabel Durántez Gil

Directora xeral de Interior

Ver referencia pdf "21600D009P015.PDF"