DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 05 de novembro de 2008 Páx. 20.202

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 20 de outubro de 2008 pola que se modifica a Resolución do 20 de decembro de 2007 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración aos alumnos de centros escolares de leite e determinados produtos lácteos e se convocan para o ano 2008, modificada á súa vez pola Resolución do 25 de febreiro de 2008.

Advertida omisión na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 213, do luns, día 3 de novembro de 2008, cómpre incluír os seguintes anexos:

ANEXO I

Lista de produtos que poden beneficiarse da axuda comunitaria

Categoría I

a) Leite tratado termicamente.

b) Leite tratado termicamente con chocolate, zume de froitas ou aromatizado, que conteña, polo menos, un 90% en peso do leite indicado na letra a) e cun máximo dun 7% de azucre engadido ou mel.

c) Produtos lácteos fermentados con ou sen zume de froitas, aromatizados ou non, que conteñan, polo menos, un 90% en peso do leite indicado na letra a) e cun máximo dun 7% de azucre engadido ou mel.

Categoría II

Produtos lácteos fermentados, aromatizados ou non, con froitas, que conteñan, polo menos, un 80% en peso do leite indicado na categoría I, letra a), e cun máximo dun 7% de azucre engadido ou mel.

Categoría III

Queixos frescos e transformados, aromatizados ou non, que conteñan, polo menos, un 90% en peso de queixo.

Categoría V

Queixos, aromatizados ou non, que conteñan, polo menos, un 90% en peso de queixo e que non entren na categoría III.

Ver referencia pdf "21500D009P034.PDF"

ANEXO X

Requisitos mínimos que debe cumprir o cartel sobre distribución europea de leite nos centros escolares

Tamaño do cartel: A3 ou maior.

Tamaño das letras: 1 centímetro ou maiores.

Título: distribución europea de leite nos centros escolares.

Contido: deberá figurar, polo menos, a seguinte frase, tendo en conta a categoría do centro escolar:

«O/A noso/a [categoría de centro escolar (por exemplo, gardaría/centro de preescolar/colexio)] subministra produtos lácteos subvencionados pola Unión Europea dentro do réxime europeo de distribución de leite nos centros escolares».

Recoméndase resaltar as vantaxes nutritivas e dar directrices nutricionais para os/as nenos/as.

Colocación: nun lugar claramente visible e que sexa lexible na entrada principal do centro escolar.