DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 05 de novembro de 2008 Páx. 20.199

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVIZOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2008 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no segundo cuadrimestre do ano 2008.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño) establece que as entidades públicas vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación cos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos pola Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos durante o segundo cuadrimestre do ano 2008, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2008.

José Luis Romero Valeiras

Presidente da Empresa Pública de Obras

e Servizos Hidráulicos

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos durante o segundo cuadrimestre do ano 2008

-Addenda ao convenio de colaboración entre a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Begonte para o remate das obras do proxecto de subministración e estación de tratamento de augas potables do parque de reserva empresarial no concello de Begonte.

-Convenio de colaboración entre a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos e o Concello de Pontevedra para a execución das obras de infraestruturas hidráulicas en parroquias do concello de Pontevedra. Fase 1.

-Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, o Concello de Lourenzá e o Instituto Galego da Vivenda e Solo para a obra de abastecemento de auga ao polígono industrial de Vilanova de Lourenzá (Lugo).

-Addenda ao convenio de colaboración entre a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, Portos de Galicia e o Concello de Muros para a execución e mantenemento de obras de saneamento e execución de colectores xerais e EDAR en Muros.

-Convenio de colaboración entre a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, Portos de Galicia e o Concello de Fisterra para a execución e mantenemento dun tanque de tormentas, colectores de saneamento e estación de bombeo en terreos de zona de servizo do porto de Fisterra.