DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 05 de novembro de 2008 Páx. 20.198

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 4 de novembro de 2008, de modificación da Orde do 17 de outubro de 2008 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde durante a folga convocada polas organizacións sindicais Médicos de Galicia Independentes-OŽMega e o Sindicato de Médicos de Galicia (Simega-Cesm) desde as 0.00 horas ás 24.00 horas do 21 de outubro de 2008 con carácter indefinido.

No Diario Oficial de Galicia do 21 de outubro de 2008, (DOG nº 204), foi publicada a Orde do 17 de outubro de 2008 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde durante a folga convocada polas organizacións sindicais Médicos de Galicia Independentes-OŽMega e o Sindicato de Médicos de Galicia (Simega-Cesm) a partir do día 21 de outubro de 2008 con carácter indefinido que afecta o persoal facultativo que non percibe complemento específico.

No anexo da Orde do 17 de outubro de 2008 (corrección de erros DOG do 23 de outubro), figura o cadro de efectivos designados pola Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra.

Con motivo do cambio de destino dun médico de familia producida como consecuencia da resolución do concurso de traslados de 2007, convocado pola Resolución do 20 de xuño de 2007, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Sergas, considérase necesario realizar a seguinte modificación con efectos do 5 de novembro de 2008:

Desaparece a necesidade de fixar 1 médico de familia no Centro de Saúde de Baltar en quenda de mañá, de luns a xoves e de tarde os venres, sendo necesario fixar un servizo mínimo de 1 médico de familia no Centro de Saúde de Bueu, de luns a venres na quenda de mañá.

Outorgada audiencia ao comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1º

No cadro correspondente aos servizos mínimos da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra, no anexo á Orde do 17 de outubro de 2008 (DOG nº 204, do 21 de outubro), considérase necesario facer a seguinte modificación:

Ver referencia pdf "21500D005P030.PDF"

Disposición derradeira

Esta orde de modificación entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2008.

María José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade