DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 05 de novembro de 2008 Páx. 20.179

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2008 pola que se fan públicas as listas definitivas de solicitudes concedidas pertencentes ás agrupacións deportivas escolares e aos clubs tipo I e tipo II que posúen unha soa sección, e as listas definitivas de solicitudes denegadas e excluídas, presentadas ao abeiro da Orde do 31 de marzo de 2008 de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actividades deportivas no ano 2008.

De conformidade co disposto na Orde do 31 de marzo de 2008, da Consellería de Cultura e Deporte, pola que se regula o réxime de concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actividades deportivas no ano 2008 (DOG nº 69, do 10 de abril), recibidas as solicitudes na Dirección Xeral para o Deporte e rematada a fase de revisión da documentación achegada, de comprobación do grao de cumprimento dos requisitos establecidos na orde e da avaliación das solicitudes, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Publicar a lista definitiva de beneficiarios: clubs tipo I e tipo II que posúen unha soa sección, ordenada por provincias e polo número do CIF (anexo I).

Segundo.-Publicar a lista definitiva de beneficiarios: agrupacións deportivas escolares coorganizadoras do deporte escolar xunto coa Dirección Xeral para o Deporte, ordenada por provincias e polo número do CIF (anexo II).

Terceiro.-Publicar a lista definitiva de solicitudes denegadas por ter un importe inferior a 400 euros (artigo 7.3º da orde): clubs tipo I e tipo II unisección e multisección, ordenada por provincias e polo número do CIF (anexo III).

Cuarto.-Publicar a lista definitiva de entidades excluídas, ordenada por provincias e polo número do CIF (anexo IV).

Quinto.-Estas listas exporanse tamén na páxina web www.deportegalego.eu

Sexto.-Esta resolución esgota a vía administrativa, e contra ela pode interpoñerse recurso potestativo de reposición, perante o mesmo órgano que ditou esta resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta notificación, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou recurso contenciso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2008.

Marta Souto González

Directora xeral para o Deporte

Ver referencia pdf "21500D004P011.PDF"

Ver referencia pdf "21500D003P010.PDF"

Ver referencia pdf "21500D004P011.PDF"