Pola orde da Consellería de Innovación e Industria do 25 de abril de 2008 (DOG nº 88, do 8 de maio), convocáronse as axudas para o ano 2008 para o fomento da innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes aos sete procedementos ou modalidades de axuda seguintes:
-IN841A: plataformas tecnolóxicas.
-IN841B: realización de estudos de viabilidade.
-IN841C: realización de proxectos de innovación.
-IN841D: cofinanciamento de proxectos subvencionados con anterioridade noutras convocatorias de axudas estatais e internacionais.
-IN841E: preparación de novos proxectos para a participación noutras convocatorias de axudas administracións estatais e internacionais.
-IN841G: dotacións de laboratorio ou departamentos de I+D.
-IN841H: investimentos innovadores.
Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da citada orde da convocatoria, atendendo ás dispoñibilidades de crédito e ás propostas elaboradas pola comisión de valoración prevista no artigo 9 da orde da convocatoria, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro.-Concederlles as axudas para investimentos innovadores (procedemento IN841H) aos beneficiarios que se relacionan no anexo H-I desta resolución, nas contías que se sinalan, que supoñen un total de 3.764.853,64 euros para o ano 2008.
Segundo.-Propoñer como suplentes as solicitudes que recollen no anexo H-II. A súa concesión queda condicionada a que se produzan baixas nas subvencións concedidas ou que exista unha maior dispoñibilidade orzamentaria, e adxudicaranse por orde de puntuación.
Terceiro.-Para poder percibir as axudas correspondentes á anualidade de 2008, os beneficiarios deberán presentar, na data límite do 15 de novembro de 2008, a documentación indicada no artigo 17 da Orde do 25 de abril de 2008 (DOG nº 88, do 8 de maio) así como no artigo 6 do anexo VII da citada orde de convocatoria.
Cuarto.-A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación adoptará as medidas necesarias para a instrución dos correspondentes expedientes de gasto.
Quinto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.
Sexto.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Disposición derradeira
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2008.
P.D. (Orde 31-1-2006, DOG nº 24)
Emilio Nogueira Moure
Secretario xeral da Consellería de Innovación
e Industria
Ver referencia pdf "21500D002P008.PDF"