DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 05 de novembro de 2008 Páx. 20.174

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2008 pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 27 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural que se adhiran á Rede de comercio rural galego (Diario Oficial de Galicia número 68, do 9 de abril).

De conformidade co disposto no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 21 das bases reguladoras da orde, procédese á publicación das subvencións concedidas por resolución do conselleiro de Innovación e Industria, relacionadas no anexo.

Norma reguladora: Orde do 27 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural que se adhiran á Rede de comercio rural galego (IN224A).

Crédito orzamentario: 1.488.051,86 euros.

Aplicación orzamentaria: 10.05.751A.770.4.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2008.

P.D. (Orde 31-1-2006, DOG nº 24)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación

e Industria

Ver referencia pdf "21500D001P006.PDF"