DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 04 de novembro de 2008 Páx. 20.129

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 21 de outubro de 2008 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións previstas na Orde do 18 de setembro de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas ás entidades locais, encamiñadas ao desenvolvemento na Comunidade Autónoma galega de cidades dixitais 2007-2010, no marco do Plan estratéxico galego da sociedade da información e o Plan Avanza (código de procedemento IN516A) (Diario Oficial de Galicia número 187, do 26 de setembro).

A Consellería de Innovación e Industria ditou a Orde do 18 de setembro de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas ás entidades locais, encamiñadas ao desenvolvemento na Comunidade Autónoma galega de cidades dixitais 2007-2010 no marco do Plan estratéxico galego da sociedade da información e o Plan Avanza (Diario Oficial de Galicia nº 187, do 26 de setembro).

No artigo 19 da citada orde establécese que para cobrar a subvención concedida o beneficiario deberá presentar un exemplar con toda a documentación xustificativa (orixinal ou copia compulsada) ata o 15 de novembro de cada anualidade.

Dado o interexe por esta consellería de que os proxectos obxeto desta subvención se desenvolvan completamente, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo polos concellos solicitantes na anualidade 2008.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo un.-Ampliar o prazo para a xustificación dos investimentos subvencionables na anualidade 2008 ao abeiro da Orde do 18 de setembro de 2007, da Consellería de Innovación e Industria, ata o 30 de novembro de 2008.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2008.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria