DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 04 de novembro de 2008 Páx. 20.128

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de setembro de 2008 pola que se autoriza a ampliación de catro (4) unidades ao centro privado de educación especial Jerónimo Emiliani, do concello da Guarda (Pontevedra).

Examinado o expediente iniciado polo centro privado de educación especial Jerónimo Emiliani, do concello da Guarda, no cal solicita a ampliación de dúas (2) unidades de psíquicos e dúas (2) unidades de autistas no devandito centro.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que o remite cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 334/1985, do 6 de marzo, de ordenación da educación especial; o Decreto 320/1996, do 26 de xullo, de ordenación da educación de alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais; o Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995, que o desenvolve.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,

DISPÓN:

Autorizar a ampliación de catro (4) unidades no centro privado de educación especial Jerónimo Emilliani, do concello da Guarda, segundo os datos que se relacionan no anexo desta orde, facendo constar que, para a súa posta en funcionamento, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia nas unidades que se amplían.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2008.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: A Guarda.

Localidade: A Guarda.

Enderezo: rúa Galicia nº 23.

Denominación: centro privado de educación especial Jerónimo Emiliani.

Titular: Asociación Pro-Deficientes San Jerónimo Emiliani.

Código do centro: 36019840.

Nivel: educación especial.

Unidades de que constaba: 2 de autistas, 1 de psíquicos e 1 de plurideficientes.

Unidades novas autorizadas: 2 de autistas e 2 de psíquicos.

Composición resultante:

4 unidades de autistas.

3 unidades de psíquicos.

1 unidade de plurideficientes.