DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 04 de novembro de 2008 Páx. 20.127

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 22 de outubro de 2008 pola que se modifica a Orde do 6 de marzo de 2003 sobre delegación de competencias no secretario xeral e noutros órganos da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

A Orde do 6 de marzo de 2003 sobre delegación de competencias no secretario xeral e noutros órganos da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda recolle de forma integradora o conxunto de delegacións de competencias por parte da titular da consellería.

A actividade administrativa da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes leva consigo unha concentración de funcións arredor da súa titular que aconsella, dado o seu volume, recorrer á delegación de competencias en órganos inmediatamente dependentes da conselleira, sen esquecer o debido respecto dos principios que informan a actividade administrativa e que a nosa Constitución recolle no seu artigo 103.1º.

A delegación de competencias permite a axilización administrativa necesaria que redunda en beneficio, tanto da Administración coma dos administrados, dentro do máis rigoroso respecto das garantías xurídicas que a tutela dos intereses públicos exixe.

O elevado volume de funcións e competencias concentradas na titular da consellería aconsellan adaptar a delegación de competencias, conseguindo, así, fomentar a eficacia na prestación dos servizos públicos e a mellora na súa xestión.

Na súa virtude, facendo uso da facultades que me confiren os artigos 43.3º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

DISPOÑO:

Primeiro.-Modificar o punto noveno, número 3 da Orde do 6 de marzo de 2003 sobre delegación de competencias no secretario xeral e noutros órganos da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, que quedará redactado como segue:

3. Delégase no presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia o exercicio das seguintes facultades:

O exercicio da facultade de aprobar os plans de utilización dos espazos portuarios dos portos de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

A competencia atribuída á conselleira para a imposición das sancións en materia de portos nos casos de infraccións graves previstas no artigo 39.1º c) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do ente público Portos de Galicia, ditado en aplicación e desenvolvemento da Lei 5/1994, do 29 de novembro.

Segundo.-Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2008.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes