DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2008 Páx. 19.940

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Vivenda e Solo, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2008.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2008.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.-Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Vivenda e Solo nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2008, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2008.

Rosa Losada Suárez

Secretaria xeral da Consellería de Vivenda e Solo

Ver referencia pdf "21200D016P050.PDF"

Ver referencia pdf "21200D017P052.PDF"