DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2008 Páx. 19.932

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

ORDE do 17 de outubro de 2008 pola que se modifica a Orde do 27 de maio de 2008 pola que se convocaban axudas para a produción e edición do libro galego, no que se refire á materialización dos grandes proxectos editoriais.

Con data do 10 de xuño de 2008 (DOG nº 111) publicouse a orde desta consellería do 27 de maio de 2008 pola que se convocaban axudas para a produción e edición do libro galego, no que se refire á materialización dos grandes proxectos editoriais.

No artigo 10.2º da devandita orde establecíase que a contía correspondente á primeira anualidade librarase antes do 1 de novembro de 2008.

No día de hoxe e dado que o número de solicitudes presentadas superou as expectativas, xerouse unha complexidade na xestión e unha carga de traballo que supón un atraso na resolución da convocatoria.

Visto o anterior,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Ampliación do prazo.

Ampliar ata o 30 de novembro o prazo límite previsto no artigo 10.2º da orde de convocatoria para a xustificación da primeira anualidade da subvención por parte dos beneficiarios.

Disposición derradeira

Primeira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

P.D. (Orde 12-1-2007)

Carlos Amoedo Souto

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Deporte