DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2008 Páx. 19.913

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 24 de outubro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras de Galicia (ADSG) e se convocan para o ano 2009.

O desenvolvemento das actuacións encamiñadas á prevención e á loita contra diversas enfermidades animais redunda nunha mellora cuantitativa e cualitativa das producións gandeiras e nunha maior rendibilidade aos titulares das explotacións.

Os programas de planificación zoosanitaria levados a cabo polas agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) están dirixidos a mellorar o estado sanitario das explotacións incluídas nelas e permiten incrementar paulatinamente a rendibilidade desas explotacións, diminuíndo as perdas ocasionadas por motivos sanitarios, ademais de que facilitan o cumprimento da normativa vixente referente á identificación, benestar e sanidade animal.

A Consellería do Medio Rural mediante esta orde de axudas pretende estimular a integración de gandeiros nas ADSG establecendo axudas proporcionais ao sobreesforzo económico que realizan coa execución de programas facultativos para a prevención e control de enfermidades animais que melloran as condicións hixiénicas das explotacións e o benestar animal, elevan o nivel produtivo e sanitario das explotacións e contribúen a acadar un mellor status sanitario para a gandaría galega.

A convocatoria e as bases destas axudas fanse no marco da regulación estatal do Real decreto 428/2003, do 11 de abril, polo que se establece a normativa básica das subvencións destinadas ao fomento das agrupaciones de defensa sanitaria gandeiras.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confiren o artigo 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto regular as axudas á realización de programas de planificación zoosanitaria polas entidades recoñecidas pola Consellería do Medio Rural como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) e convocar estas axudas para o ano 2009, en concorrencia competitiva con rateo. Os programas de planificación zoosanitaria deberán incluír como mínimo os programas sanitarios marco obrigatorios establecidos no anexo V.

Artigo 2º.-Finalidade das axudas e actuacións subvencionables.

A finalidade destas axudas é a mellora do status sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución duns programas sanitarios facultativos comúns para a prevención e control de enfermidades dos animais.

A realización dos programas sanitarios comporta uns gastos adicionais para as agrupacións de gandeiros que deben contratar veterinarios que supervisen os programas e adquirir outros medios necesarios para levalos a cabo.

As axudas destínanse a subvencionar, por unha parte, os gastos de contratación de técnicos veterinarios e, por outra parte, os gastos de adquisición de medios materiais.

O artigo 10 do Regulamento (CE) nº 1857/2006, da Comisión, do 15 de decembro (DO L 358, do 16 de decembro, sobre aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas estatais para pequenas e medianas empresas dedicadas á produción de produtos agrícolas e polo que se modifica o Regulamento (CE) nº 70/2001, establece que estas axudas destinadas a compensar os agricultores polos custos de prevención de enfermidades de animais serán compatibles co mercado común e quedarán exentas da obriga de notificación (conforme ao punto 3º dos artigos 87 e 88).

Artigo 3º.-Ámbito de aplicación.

O ámbito de aplicación desta orde será o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as entidades asociativas agrarias que cumpran os seguintes requisitos:

1. Estar recoñecidas como ADSG e, polo tanto, inscritas no rexistro de ADSG de Galicia antes da finalización do prazo de solicitude establecido nesta orde, e que manteñan as condicións do recoñecemento ao longo de todo o período de execución da axuda.

2. Comprometerse na execución dun programa sanitario común que incluirá como mínimo o programa sanitario marco obrigatorio establecido no anexo V desta orde, podendo ademais dispor dun programa sanitario adicional que deberá estar aprobado pola Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria.

3. Cumprir co establecido no anexo I do Regulamento 364/2004, da Comisión, que modifica o anexo I do Regulamento (CE) 70/2001, da Comisión, do 12 de xaneiro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais ás pequenas e medianas empresas.

Artigo 5º.-Presentación de solicitudes e documentación.

1. As solicitudes de axuda presentaranse preferentemente nos rexistros dos órganos dependentes da Consellería do Medio Rural. Así mesmo, poderán presentarse nos rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración xeral do Estado, á de calquera Administración das comunidades autónomas ou a algunha das entidades que integran a Administración local se, neste último caso, se subscribiu o oportuno convenio, ou por calquera outro medio previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de envío por correo, farase de acordo co regulamentariamente previsto no artigo 31 do Real decreto 1829/1999, do 3 de decembro, polo que se aproba o regulamento polo que se regula a prestación dos servizos postais, en desenvolvemento do establecido na Lei 24/1998, do 13 de xullo, do servizo postal universal e de liberalización dos servizos postais, que se presentará en sobre aberto,

co obxecto de que na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar se faga constar, con claridade, o nome da oficina e a data, o lugar, a hora e o minuto da súa admisión.

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

3. Os solicitantes deberán presentar a seguinte documentación:

1.-Solicitude segundo o anexo I.

2.-Acreditación da personalidade xurídica da entidade solicitante.

3.-Acreditación da representatividade do solicitante.

4.-Relación informatizada actualizada de socios e explotacións comprometidas a realizar o programa de planificación zoosanitaria, segundo o anexo II.

5.-Certificación do secretario da entidade conforme os datos de socios, explotacións, que figuran no ficheiro informatizado facilitado corresponden á situación actual da agrupación.

6.-Fotocopia cotexada do código de identificación fiscal.

7.-Copia da acta ou certificación do secretario da agrupación de defensa sanitaria gandeira, conforme se acordou en asemblea xeral a solicitude da axuda e se asume o compromiso de execución do programa sanitario marco que aproba a Consellería do Medio Rural.

8.-Certificado actual e orixinal da entidade financeira sobre a titularidade da conta en que se solicita o ingreso do importe da axuda.

9.-Declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como doutros ingresos ou recursos que financien o proxecto, ou, se é o caso, cubrir, debidamente asinada, a declaración que figura no anexo III.

10.-Cronograma e planificación do desenvolvemento do programa sanitario marco obrigatorio, adaptado á realidade da propia ADSG, no cal se inclúa unha estimación das mostras para remitir ao longo do ano ao LASAPAGA, e de ser o caso, memoria do programa sanitario adicional de actuación que se pretende desenvolver, no cal se definirán os obxectivos e o prazo de execución. A planificación presentada debe ser agrupada en prazos trimestrais. Os referidos documentos estarán asinados polo veterinario ou veterinarios responsables e polo presidente da entidade recoñecida como agrupación de defensa sanitaria gandeira.

11.-Orzamento, detallando as distintas partidas que constitúen as actuacións do programa sanitario, diferenciando os conceptos de gasto segundo as liñas:

a) Gasto por remuneración de veterinario/s ou pola contratación de servizos técnicos veterinarios (punto 8.1.1). Se a ADSG contase con máis dun veterinario para a realización do programa sanitario, deberase especificar o solicitado por cada un deles.

b) Gasto en produtos de subvención preferente (punto 8.2.1).

c) Gasto noutros produtos subvencionables (punto 8.2.2).

d) Gasto por material non subvencionable.

No caso dos produtos subvencionables, desagregarase o gasto previsto para cada produto. O orzamento presentado será asinado polo veterinario ou veterinarios responsables e polo presidente da entidade.

A súa presentación deberá ser conforme ao anexo IV.

12.-Contrato dos técnicos responsables da súa execución e, se é o caso, con inclusión dunha cláusula no dito contrato que especifique a dedicación profesional exclusiva para o programa sanitario da agrupación de defensa sanitaria gandeira.

13.-Fotocopia cotexada do título dos técnicos responsables da súa execución.

14.-Documento que indique para cada veterinario que participe no programa o nome e apelidos, NIF, número de colexiado, enderezo, teléfono e enderezo de correo electrónico.

15.-Factura pro forma dos materiais que se van adquirir e da prestación de servizos veterinarios (cando a contratación destes sexa a través dunha empresas), ou facturas, se é o caso.

De acordo co artigo 31, número 3º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 12.000 euros no caso de subministracións de materiais ou prestación de servizos veterinarios por empresas, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a presentación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na xustificación, ou, se é o caso, na solicitude da subvención, realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

En relación cos documentos exixidos identificados na relación anterior cos números 2, 6, 12 e 13, se foron presentados no trámite de recoñecemento ou validación anual da entidade, poderán ser substituídos por declaración do secretario da ADSG que indique que os ditos documentos xa se atopan en poder do órgano actuante e de que as condicións ao respecto non cambiaron.

Se a solicitude non reúne os requisitos sinalados nos puntos anteriores, requirirase ao interesado na forma establecida na Lei 30/1992, do 26 de novembro, para que nun prazo de dez días emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, coa indicación de que, se así non o fixese, se considerará que desistiu da súa petición, logo de resolución ditada para o efecto.

4. De acordo co artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a presentación da solicitude de concesión de axuda polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.

5. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

A Consellería do Medio Rural poderá solicitar dos peticionarios toda a información e xustificacións técnicas e económicas que considere necesarias, co obxecto de comprobar a realización das actuacións subvencionables e os custos derivados.

Artigo 6º.-Tramitación e resolución.

O órgano competente para a instrución e tramitación do procedemento é a Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria. Para eses efectos constituirase un órgano colexiado formado polo subdiretor xeral de Gandaría como presidente, o xefe do Servizo de Sanidade Animal como vogal e o xefe do Servizo de Planificación Gandeira como secretario, que elevarán un informe técnico ao director xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria para que formule a proposta de resolución das axudas.

O expediente será resolto polo conselleiro do Medio Rural, por proposta do director xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, e poderase prescindir do trámite de audiencia cando non figuren no procedemento, nin se teñan en conta, outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polos interesados; neste caso, a proposta de resolución formulada terá carácter definitivo. A resolución de concesión da axuda notificarase nun prazo de seis meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido este prazo, os interesados poderán entender desestimadas as peticións de axuda. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá presentarse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben, alternativamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación.

Artigo 7º.-Concorrencia e acumulación de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

Xunto coa solicitude inicial, os peticionarios das axudas presentarán unha declaración de conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto, das distintas administracións ou entes públicos, así como doutros ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas ou o anexo III debidamente cuberto.

En calquera caso, coas xustificacións, e se houbese modificación da declaración anterior, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como doutros ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

Artigo 8º.-Contía das axudas.

8.1. Para a cuantificación da subvención á contratación dos servizos técnicos veterinarios ou á remuneración do persoal facultativo veterinario responsable da supervisión e execución do programa sanitario, establécese:

8.1.1. As porcentaxes estipuladas serán de ata o 50% da remuneración do persoal facultativo veterinario responsable do programa sanitario sen exclusividade, que poderá acadar o 85% se acredita dedicación exclusiva ao programa e ata o 50% no caso da contratación dos servizos técnicos veterinarios (empresa). Esas porcentaxes máximas de axudas acadaranse no caso de non superar as limitacións establecidas nos puntos 8.1.2 e 8.1.3 e se hai dispoñibilidade orzamentaria; se as solicitudes superan o crédito dispoñible, aplicarase un rateo entre todas elas.

8.1.2. Subvenciónase, como mínimo, a contratación de servizos técnicos ou a remuneración de persoal facultativo para un veterinario responsable por ADSG. Poderá subvencionarse a contratación ou remuneración de máis dun veterinario responsable por ADSG.

En todo caso establécese o límite máximo de 36.000 euros de gasto subvencionable por cada veterinario contratado en réxime de exclusividade. Na modalidade de contratación de empresa de servizos ou de contratación de profesional autónomo sen réxime de exclusividade, o gasto máximo subvencionable por veterinario será de 28.000 euros.

Para que unha contratación de veterinarios en réxime de exclusividade poida ser subvencionada terá que ser como mínimo de 24.000 euros.

8.1.3. Ademais, o total do importe de subvención motivada por contratación de técnicos non poderá superar un importe máximo que resultará de multiplicar o número de UGM da ADSG polo seguinte valor en cada caso:

-8,9 para ADSG de vacún, ovino e cabrún.

-7,9 para ADSG de porcino.

-3,9 para ADSG de avicultura e demais especies.

-7 para ADSG de cunicultura.

8.2. No que respecta á subvención aos outros gastos dos programas sanitarios das ADSG, serán subvencionables os gastos de adquisición dos seguintes materiais e ata as porcentaxes que se indican nos puntos 1 e 2 (sempre que non superen as limitacións en función das UGM e as establecidas no punto 8.5):

1. Produtos de subvención preferente: no cálculo inicial das axudas a subvención aos gastos en produtos recollidos neste punto, poderá chegar ata o 30%.

-Vacinas marcadas fronte ao IBR.

-Vacinas fronte á enfermidade de Aujeszky.

-Vacina fronte á salmonelose aviaria.

2. Outros produtos subvencionables: no cálculo inicial das axudas a subvención aos gastos en produtos recollidos neste punto, poderá chegar ata o 20%.

-Vacinas aplicadas dentro dos programas sanitarios aprobados.

-Desinfectantes, raticidas e desinsectantes.

-Produtos antiparasitarios.

As cantidades e tipoloxía dos produtos subvencionados serán acordes ao contido do programa aprobado e á dimensión da ADSG.

Ademais, as contías serán proporcionais ás dimensións do programa sanitario respecto da especie e do número de animais abarcados, así como aos distintos aspectos sanitarios previstos.

A cuantificación dos importes de subvención aos gastos de materiais terá como límite máximo o establecido para cada agrupación. O dito límite calcularase en función da súa dimensión (número de UGM implicadas), multiplicando polo valor que se estableza para cada UGM. Este valor será o resultante de dividir a dotación orzamentaria dispoñible para o financiamento destes gastos entre todas as unidades censuais das agrupacións solicitantes. No caso de agrupacións de porcino, subiranse os ditos límites ata nun 15%.

Os valores de UGM de cada especie animal tidos en conta para os cálculos nestas axudas serán os establecidos regulamentariamente, publicados oficialmente (Decreto 91/2001, do 19 de abril, polo que se regulan as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras en Galicia, publicado no DOG do 8 de maio). Para as especies non recollidas na citada publicación, aplicarase unha equivalencia.

8.3. Se o crédito dispoñible resulta insuficiente, establécese a seguinte prioridade entre liñas na asignación da axuda:

a) Axuda á remuneración de veterinario e á contratación de servizos técnicos veterinarios.

b) Axuda aos gastos en produtos sinalados como de subvención preferente no punto 8.2.1.

c) Axuda aos gastos en produtos sinalados como outros produtos subvencionables no punto 8.2.2.

8.4. Coa finalidade de acadar unha maior eficacia nos resultados dos programas de control e prevención sanitaria, procurando que o executen o maior número posible de explotacións situadas no territorio das ADSG, estimularase o crecemento e a adquisición de capacidades das agrupacións incrementando as axudas calculadas inicialmente do seguinte xeito:

8.4.1. Nas ADSG de gando bovino, ovino-cabrún, porcino ou equino, que integren no ámbito territorial en que están recoñecidas máis do 65% do censo de gando e explotacións (incluíndo no caso das porcinas as explotacións reducidas), o importe, calculado conforme o establecido nos puntos 8.1 e 8.2, verase incrementado nun 10% na axuda a gastos de contratación de veterinarios; a subvención para gastos de materiais de axuda preferente será do 50% e a destinada a outros gastos necesarios para o desenvolvemento dos programas sanitarios aprobados verase incrementada nun 10% sobre a porcentaxe outorgada ás demais ADSG.

8.4.2. Os mesmos incrementos aplicaranse ás ADSG de gando bovino, ovino-cabrún, porcino ou equino, que integren no ámbito territorial en que están recoñecidas máis do 35% do censo de gando e de explotacións (incluíndo no caso das porcinas as explotacións reducidas), cando esta porcentaxe se acade como consecuencia dun proceso de fusión. Este incremento aplicarase só para o ano en que se producise a fusión. No caso de que a nova ADSG resultante dun proceso de fusión consiga integrar no ámbito territorial en que está recoñecida máis do 65% do censo de gando e explotacións, poderá ademais acumular a este incremento o previsto no punto 8.4.1, dentro dos límites establecidos no punto 8.6 deste mesmo artigo.

8.4.3. Para os efectos do cálculo das axudas, no caso de procesos de fusión, terase en conta que os compromisos e dereitos correspondentes ás ADSG que se fusionan serán adquiridos pola ADSG resultante da fusión; así, o importe inicial da subvención obtense sumando o importe calculado para cada unha delas conforme o establecido nos puntos 8.1 e 8.2. Para que as agrupacións resultantes poidan ser beneficiarias dos incrementos nas axudas previstos nos puntos anteriores, deberán obter o recoñecemento antes do 30 de novembro de 2008.

8.5. Cando o número de solicitudes con dereito a axudas exceda o crédito dispoñible, se unha vez aplicados os criterios anteriores non se cobre a totalidade do importe da axuda outorgable nalgunha das liñas, realizarase un rateo cos fondos dispoñibles.

8.6. No caso de que reste un remanente orzamentario pola aplicación das prioridades na asignación e dos límites especificados na primeira liña de preferencia 8.3 a), este repartirase proporcionalmente na segunda 8.3 b) e a seguir na terceira 8.3 c). Se unha vez cubertas as necesidades da terceira aínda houbese crédito, poderán superarse as porcentaxes de financiamento dos produtos subvencionables empregados nos programas sanitarios seguindo os criterios de preferencia e repartición indicados a aquelas ADSG que non superasen o límite por UGM establecido no punto 8.2.

En todo caso, o importe da axuda non superará nunca o 50% dos investimentos subvencionables relacionados cos produtos necesarios para a execución do programa sanitario ou coa contratación de servizos técnicos e o 100% da remuneración ao persoal veterinario, ademais o total do importe de axuda pública non superará o 50% do gasto total do programa da ADSG.

Artigo 9º.-Control de execución dos programas.

O control da execución dos programas levarao a cabo o persoal da Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria sobre un número estatisticamente significativo das explotacións integradas no programa.

Se como consecuencia dos controis se detectasen incumprimentos na execución do programa aprobado en aspectos relevantes para a súa efectividade, aplicaranse deducións sobre as axudas aprobadas ponderando a gravidade e frecuencia dos incumprimentos.

Para estes efectos considéranse incumprimentos relevantes:

-Non executar completamente os programas de mostraxe.

-Non cumprir os programas vacinais cando estes sexan obrigatorios segundo a normativa vixente.

-Utilizar vacinas fronte ao IBR que non sexan marcadas, salvo nos casos de cebadeiros de gando vacún integrados en ADSG.

-Non comunicarlles aos servizos veterinarios oficiais a detección de animais confirmados como persistentemente infectados por BVD ou positivos á paratuberculose.

-Permitir a saída de animais bovinos confirmados como persistentemente infectados por BVD ou confirmados como positivos á paratuberculose con destinos diferentes do matadoiro ou de cebadeiros non cualificados.

-Permitir a saída de animais ovinos confirmados como positivos á paratuberculose con destinos diferentes do matadoiro ou de cebadeiros non cualificados.

-Non realizar en prazo as comunicacións aos servizos veterinarios oficiais previstas nos programas sanitarios marco.

-Non comunicar acontecementos detectados na explotación que fagan sospeitar da aparición de enfermidades de declaración obrigatoria.

-Non entregarlles aos titulares das explotacións en documento escrito as recomendacións de bioseguridade derivadas da enquisa de bioseguridade incluída no programa, ou non realización da mencionada enquisa.

-Non realizar as actuacións de limpeza e desinfección das explotacións cando sexan preceptivas por normativa sanitaria conforme o Real decreto 428/2003.

-Non realizar as actuacións de formación previstas no programa.

-Non realizar os controis previstos nas incorporacións de animais ás explotacións.

-Non ter feita en prazo por parte dalgunha das explotacións integrantes da ADSG a declaración censual obrigatoria establecida pola normativa vixente conforme as obrigas exixidas no punto 1 do programa común do anexo desta orde. Non se aplicará este punto para o caso das ADSG de gando bovino e de gando ovino e cabrún.

-No caso de explotacións avícolas, non realizar os correspondentes autocontrois de salmonela, cando estes sexan preceptivos, ou non telos á disposición dos servizos veterinarios oficiais cando estes os requiran.

As deducións parciais aplicables serán as seguintes:

-Do 5% do importe da axuda para o caso de incumprimentos relevantes detectados no 10% das explotacións inspeccionadas ou controis realizados.

-Do 15% do importe da axuda para o caso de incumprimentos relevantes detectados no 20% das explotacións inspeccionadas ou controis realizados.

-Do 25% do importe da axuda para o caso de incumprimentos relevantes detectados no 30% das explotacións inspeccionadas ou controis realizados.

-Do 50% do importe da axuda para o caso de incumprimentos relevantes detectados no 40% das explotacións inspeccionadas ou controis realizados.

En caso de detectar un mesmo tipo de incumprimento na execución do programa sanitario en máis dun 40% das explotacións gandeiras inspeccionadas, perderase o dereito á axuda naqueles puntos en que incida o incumprimento constatado.

No caso das ADSG de gando porcino, establécese unha dedución parcial do 1% da axuda que lle correspondese cobrar á agrupación por cada unha das explotacións de produción pertencentes a ela que non estean cualificadas fronte á enfermidade de Aujeszky ao final do período subvencionable. Para estes efectos, non serán tidas en conta as explotacións que presentasen positividade ao longo do dito período e que estean executando correctamente un programa de erradicación e control da enfermidade, de cara á súa posterior cualificación. Esta redución só se aplicará cando a ADSG en cuestión teña menos do 90% das explotacións de produción cualificadas fronte á enfermidade de Aujeszky.

Artigo 10º.-Modificación das axudas.

10.1. As subvencións a que se refire esta orde consideraranse subvencións máximas e poderán ser reducidas, por proposta da Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, cando exista concorrencia doutras axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, ou doutros ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.

10.2. O pagamento da subvención realizarase con xustificación previa, polo beneficiario, da realización da actividade, proxecto, obxecto ou adopción do comportamento para o cal se concedeu, nos termos establecidos nesta orde.

10.3. Producirase a perda do dereito ao cobro total ou parcial da subvención, no suposto de falla de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no artigo 37 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

10.4. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, ou doutros ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 11º.-Reintegro da axuda e obriga de facilitar información.

O interesado ten a obriga do reintegro, total ou parcial, da subvención ou axuda pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e nos demais supostos previstos no artigo 37 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Se se detectan incumprimentos en controis posteriores ao pagamento da axuda nos procedementos de reintegro aplicaranse as mesmas porcentaxes de redución de axuda establecidas no artigo 9º.

Así mesmo, ten a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, así como as que lle solicite calquera órgano comunitario de inspección ou control.

Artigo 12º.-Réxime de incompatibilidades.

As axudas recollidas nesta orde son compatibles con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais, sempre que se cumpran os límites establecidos na normativa aplicable e que, en ningún caso, se supere o custo total da actividade financiada.

Artigo 13º.-Xustificacións.

13.1. As xustificacións técnicas e económicas da realización do programa deberán presentarse na oficina agraria comarcal correspondente antes do 1 de novembro, coa excepción das nóminas de contratos laborais dos meses de novembro e decembro, que poderán ser entregadas ata o 10 de decembro. Achegaranse os xustificantes de investimento total en copias compulsadas, unha relación en papel e outra informatizada destes e unha memoria explicativa sobre a realización do programa auxiliado que probe a entrega efectiva dos produtos ou a prestación efectiva dos servizos. Para cada concepto, presentarase unha táboa comparativa entre os gastos realizados, debidamente xustificados, e os presentados no orzamento de gastos inicialmente presentado.

A relación informatizada debe incluír todos os gastos que teña a ADSG (incluídos os non subvencionables) e constará dos seguintes campos: concepto, provedor, número de factura, data de emisión e data de pagamento, base impoñible, importe correspondente ao IVE e importe total con IVE.

Para os efectos do número 2º do artigo 73 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o estampillado dos xustificantes orixinais de gasto para o control da concorrencia de subvencións farase cun selo que indique «subvencionado».

Para subvencionar considérase gasto realizado o que foi efectivamente pagado.

Por regra xeral, os gastos realizados polo beneficiario final deberán xustificarse mediante facturas orixinais. Nos casos en que isto non sexa posible e que non existan facturas, os gastos xustificaranse por medio de documentos contables de valor probatorio equivalente. No caso de gastos non subvencionables que se presenten para xustificar investimento total, non se precisará achegar o xustificante de pagamento, só a xustificación de gasto. Aqueles gastos subvencionables presentados en que non se xustifique o su pagamento (movemento bancario), terá que se xustificar despois o devandito pagamento (movemento bancario), no momento en que se realice, para que a axuda se poida pagar.

O prazo de presentación dos xustificantes de pagamento (documento bancario) rematará o 31 de xaneiro de 2010.

13.2. Ademais do indicado no parágrafo primeiro deste artigo, deberán presentar unha memoria do programa desenvolvido, asinada polo facultativo responsable da execución deste, que mostre a evolución do programa no período.

13.3. De acordo co artigo 30, número 4º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, cando as actividades fosen financiadas, ademais de coa subvención, con fondos propios ou outras subvencións ou recursos, deberá acreditarse na xustificación o importe, procedencia e aplicación de tales fondos ás actividades subvencionadas.

13.4. Conforme o disposto no artigo 18.1º do Regulamento (CE) nº 1857/2006, da Comisión, do 15 de decembro (DO L 358, do 16 de decembro), sobre a aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas estatais para pequenas e medianas empresas dedicadas á produción de produtos agrícolas e polo que se modifica o Regulamento (CE) nº 70/2001, non poderán subvencionarse actividades levadas a cabo con anterioridade á aceptación expresa e vinculante para a autoridade competente da solicitude de axuda presentada.

Artigo 14º.-Financiamento.

14.1. As axudas que deriven da aplicación desta orde financiaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias do proxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009: 11.03.713-E.770.3 dotada para esta finalidade con 1.000.000 euros e a partida 11.03.713-E.770.3 con 2.691.640 euros.

De acordo co artigo 5 da Orde do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola Orde do 25 de outubro de 2001, a validez desta orde estará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2009, así como á subsistencia das circunstancias de feito e de dereito existentes no momento de ditarse esta.

14.2. Así mesmo, os importes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia con que se financiarán estas axudas poderanse incrementar con fondos estatais ou autonómicos achegados para o efecto.

Estas axudas son cofinanciadas con fondos MARM.

14.3. No caso de que quedasen remanentes de crédito, por falta de xustificación da totalidade dos investimentos inicialmente propostos, tales remanentes poderán ser destinados ao financiamento doutras solicitudes de axuda se non superan os límites establecidos nesta orde.

Disposicións adicionais

Primeira.-En todas aquelas cuestións non previstas nesta orde será de aplicación o disposto no Real decreto 428/2003, do 11 de abril, polo que se establece a normativa básica das subvencións destinadas ao fomento das agrupacións de defensa sanitaria gandeiras e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Segunda.-As axudas reguladas por esta orde rexeranse polas normas comunitarias aplicables e, concretamente, polo Regulamento (CE) nº 1857/2006, da Comisión, do 15 de decembro, sobre aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas estatais para pequenas e medianas empresas dedicadas á produción de produtos agrícolas, e polo que se modifica o Regulamento (CE) nº 70 /2001.

Esta orde está suxeita á comunicación á Unión Europea e o pagamento das axudas quedará en todo caso condicionado a que os órganos competentes da Unión Europea adopten unha decisión de non formular obxeccións a elas, ou declarasen a subvención compatible co mercado común, e ás posibles observacións e modificacións derivadas de tal pronunciamento.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria para ditar as normas necesarias para o mellor cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2008.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural

Ver referencia pdf "21200D009P025.PDF"

ANEXO V

Programas sanitarios das ADSG

As ADSG deberán executar un programa sanitario cun contido mínimo obrigatorio e, se fose o caso, poderán desenvolver un programa sanitario complementario voluntario a convir pola ADSG.

Programas sanitarios marco obrigatorios que se desenvolverán nas ADSG para todas as especies.

1. Obrigas. Todas as explotacións integradas nas ADSG deberán cumprir o exixido no R.D. 428/2003 e na normativa vixente de identificación animal e rexistro de explotacións. Os veterinarios das ADSG serán responsables de levar a cabo todas as actuacións recollidas no punto 2 do anexo do Real decreto 428/2003, do 11 de abril, polo que se establece a normativa básica das subvencións destinadas ao fomento das agrupacións de defensa sanitaria gandeiras. En especial, os veterinarios das ADSG colaborarán na Rede de Epidemio-Vixilancia de Galicia, tendo a obriga de comunicar aqueles acontecementos que poidan motivar sospeita de alerta sanitaria, colaborarán, se fose preciso, na toma de mostras para as análises oficiais e achegarán o seu coñecemento do estado sanitario da explotación.

2. Formación sanitaria. Os veterinarios das ADSG fomentarán entre os gandeiros das explotacións integradas nelas que estes dispoñan dunha formación axeitada. Para estes efectos, as ADSG organizarán polo menos dous cursos de formación ao ano, dirixidos aos titulares das explotacións. A data, o lugar, a hora e o contido de cada curso comunicaranse polo menos con dez días de antelación, mediante escrito dirixido ao respectivo servizo provincial de gandaría.

Os cursos de formación deberán incluír anualmente no seu programa contidos relacionados polo menos cos seguintes temas, cando proceda e segundo a especie:

-Prevención e control das enfermidades incluídas no programa sanitario propio da ADSG, e resultados obtidos.

-Formación en benestar animal.

-Plans de alerta sanitaria veterinaria, enfermidades de declaración obrigatoria en España e na UE ou incluídas no código zoosanitario internacional da Organización Mundial de Sanidade Animal.

-Pautas de bioseguridade nas granxas e protocolos de DDD.

-Xestión ambiental e sustentabilidade.

-En ADSG de gando bovino, ovino e cabrún, programas de vixilancia pasiva das EET.

3. Partes de actuación. Os veterinarios das ADSG presentarán nos servizos veterinarios oficiais correspondentes, nos vinte días seguintes á finalización de cada trimestre, un resumo en arquivo informático con formato Excell de todas as actuacións realizadas no programa sanitario en cada unha das explotacións. Os arquivos entregados deberán ser acumulativos, de xeito que o correspondente a un trimestre conteña tamén as actuacións realizadas no anterior. Os respectivos trimestres finalizan o 31 de marzo, o 30 de xuño, o 30 de setembro e o 31 de decembro.

Os campos que debe ter o arquivo informático que se presentará serán os seguintes:

-Código Rega.

-Data.

-Descrición da actuación e, se for o caso, número de animais sobre os que se actuou.

4. Fichas de actuación. Por cada explotación integrada nos programas sanitarios o veterinario responsable da ADSG cubrirá unha ficha en que se reflictan as actuacións realizadas. As fichas elaboradas identificarán a explotación e incluirán os seguintes campos:

-Data.

-Descrición da actuación e, de ser o caso, número de animais sobre os que se actuou.

As fichas de actuación deberán estar nas explotacións integradas no programa á disposición dos servizos veterinarios oficiais, para a súa supervisión.

5. Enquisa de bioseguridade. Os veterinarios das ADSG realizarán en todas as explotacións unha enquisa de bioseguridade, en que se recolla a infraestrutura sanitaria e as prácticas de manexo, de xeito que permita descubrir os puntos críticos en bioseguridade que poidan favorecer a entrada ou diseminación de enfermidades. Con base nos resultados das enquisas, os veterinarios establecerán as oportunas medidas correctoras para emendar as deficiencias detectadas e controlarán a súa aplicación por parte dos coidadores e responsables do gando afectado. Ao respecto, os veterinarios das ADSG entregaranlle ao gandeiro un documento co resultado da enquisa (favorable ou desfavorable), no cal se indiquen, se for o caso, as medidas correctoras que se recomendan.

Realizarase unha primeira enquisa en todas as explotacións da ADSG, así como en cada nova explotación que se incorpore a ela. Unicamente será necesario repetir a enquisa nunha explotación cando se producisen cambios substanciais nalgún dos aspectos nela recollidos (instalacións, condicións de manexo...), ou cando se detecte a aparición de enfermidades que permitan facer sospeitar deficiencias na bioseguridade da explotación.

As enquisas realizaranse segundo o modelo facilitado polos servizos veterinarios oficiais. As enquisas realizadas, xunto a unha copia dos documentos en que se indiquen as medidas correctoras indicadas ao gandeiro, estarán á disposición dos servizos veterinarios oficiais.

Gando bovino.

1. Os veterinarios das ADSG deberán colaborar coas actuacións que correspondan en relación cos programas de erradicación de enfermidades, segundo o Real decreto 2611/1996, do 20 de decembro, polo que se regulan os programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais (medidas ou pautas de bioseguridade no caso de sospeita e confirmación da enfermidade, tratamento e manexo dos estercos, pautas de limpeza e desinfección despois da eliminación de animais positivos).

2. Os veterinarios das ADSG controlarán e fomentarán entre os gandeiros das explotacións integradas na ADSG as boas prácticas en materia de benestar animal.

3. Programa de vixilancia e control das encefalopatías esponxiformes transmisibles (pautas de vixilancia activa, información aos gandeiros, controis dos provedores de pensos, control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres).

4. Programa de desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións. O programa incluirá as seguintes actuacións do veterinario:

-A formación aos gandeiros integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

-Dar as pautas para realizar as operacións de DDD nas explotacións integradas na ADSG e levar a súa supervisión nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou novos abrochos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

5. Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de gando das explotacións da agrupación:

-Os veterinarios das ADSG, a través das reunións que leven a cabo cos gandeiros das explotacións integradas na ADSG, e mediante o asesoramento persoal, fomentarán o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos que visiten as explotacións (mochilas desinfectantes...).

6. Programa de control de parasitos internos e externos.

7. Programas específicos de prevención e control fronte ás enfermidades do gando bovino que a seguir se citan, encamiñados a coñecer o nivel de prevalencias das distintas enfermidades, e ademais á súa diminución:

7.1. Control de diarrea viral bovina (BVD).

En explotacións de leite seguiranse as seguintes pautas xerais de actuación:

-Realizaranse analíticas periódicas en tanque de leite de anticorpos anti p-80. A periodicidade das analíticas dependerá dos riscos da explotación (movemento de animais, estado sanitario das explotacións lindeiras, etc.). Como mínimo deberán realizarse dúas mostraxes en tanque de leite cun intervalo de seis meses.

-No caso das explotacións en que os niveis de anticorpos en tanque de leite indiquen un grao de infección superior ao 25%, realizarase analítica en soro dos animais maiores de 9 meses e menores de 36 meses.

-Se a poboación de animais novos maiores de 9 meses nacidos na explotación resulta positiva, deberase sangrar o resto dos animais co fin de determinar os positivos a anticorpos anti p-80 (débense aproveitar os resultados de analíticas recentes realizadas nos últimos tres meses).

-Os animais negativos a anticorpos anti p-80 someteranse á proba de antíxeno sempre e cando as analíticas anteriores indiquen a posibilidade de presenza de animais PI (persistentemente infectados).

-Só se realizarán probas de antíxeno a todos os animais da explotación cando a situación epidemiolóxica permita sospeitar a existencia dalgún animal PI positivo a anticorpos.

-As vacinas empregadas tratarán de protexer o feto fronte á infección.

-Os animais confirmados como persistentemente infectados por BVD non poderán en ningún caso ser destinados a outras explotacións de reprodución nin a pastos comunais, sendo o seu único destino posible o seu traslado directo ao matadoiro, ou a cebadeiros non cualificados. O veterinario da ADSG informará o titular da explotación afectada desta obriga, establecendo un plan para a eliminación destes animais, e poñerá en coñecemento dos servizos veterinarios oficiais o acontecemento, indicando a identificación do animal ou animais afectados. Así mesmo, o Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, ou o laboratorio autorizado que realice o diagnóstico, comunicaralles aos servizos veterinarios oficiais a identificación dos animais confirmados como persistentemente infectados. En todos os casos, os servizos veterinarios oficiais comunicaranlle ao titular da explotación o posible destino dos animais sinalados, e realizarán un control estrito sobre este.

-Considérase animal persistentemente infectado (PI) aquel que sexa positivo a dúas probas diagnósticas de antíxeno cun intervalo cando menos de 21 días entre elas. En todo caso, un animal positivo a antíxeno non poderá destinarse a outra explotación (exceptuando matadoiros ou cebadeiros autorizados) ata que sexa sometido a unha segunda proba de antíxeno con resultado negativo.

En explotacións de carne seguiranse as seguintes pautas xerais de actuación:

-Realizarase analítica en soro de anticorpos anti p-80 en animais maiores de 9 meses e menores de 36 meses. A periodicidade das analíticas dependerá dos riscos da explotación (movemento de animais, estado sanitario das explotacións lindeiras, etc.). Como mínimo, deberá realizarse unha analítica anual.

-De ser o caso, repetirase o protocolo de actuación a partires do terceiro parágrafo das indicacións realizadas para explotacións de leite.

En calquera caso, e seguindo as indicacións do Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, as analíticas realizadas estarán destinadas a coñecer o estado sanitario das explotacións, definindo as actuacións que se van realizar en cada unha delas en función dos resultados obtidos.

7.2. Control de rinotraqueíte infecciosa bovina (IBR):

En explotacións de leite seguiranse as seguintes pautas xerais de actuación:

-Realizaranse analíticas periódicas en tanque de leite de anticorpos totais ou gB (se non vacinan) ou de gE no caso de explotacións que utilicen vacina marcada da IBR. A periodicidade das analíticas dependerá dos riscos da explotación (movemento de animais, estado sanitario das explotacións lindeiras, etc.). Como mínimo deberán realizarse dúas mostraxes cun intervalo de seis meses.

-Nas explotacións en que o resultado de anticorpos en leite de tanque indique a ausencia de animais reactivos, poderase realizar outra analítica en soro para detectar a posible existencia de animais con presenza de anticorpos co fin de coñecer a prevalencia real da explotación.

-Nas explotacións en que o resultado de anticorpos en leite de tanque indique a presenza de animais reactivos, deberase realizar outra analítica en soro nos animais menores de 36 meses para comprobar a ausencia de infeccións recentes.

-A analítica de IBR non se realizará nas explotacións vacinadas anteriormente con vacinas convencionais, salvo naqueles animais que non estean vacinados.

-As explotacións que cesaron a vacinación con vacinas convencionais ou que inicien un programa de vacinación con vacina marcada deberán facer a analítica en soro dunha porcentaxe de animais novos menores de 36 meses que nunca foran vacinados con vacinas convencionais, para descartar a presenza de anticorpos de campo da IBR.

En explotacións de carne seguiranse as seguintes pautas de actuación:

-Inicialmente realizarase unha analítica en soro en animais maiores de 9 meses e menores de 36 meses, para comprobar a presenza de anticorpos gB, ou de gE no caso de existir vacinación con vacina marcada.

-Seguiranse as pautas indicadas a partir do terceiro parágrafo das explotacións de leite.

En calquera caso, e seguindo as indicacións do Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, as analíticas realizadas estarán destinadas a coñecer o estado sanitario das explotacións, definindo as actuacións que se van realizar en cada unha delas en función dos resultados obtidos.

As únicas vacinas autorizadas dentro do programa oficial das ADSG de Galicia fronte ao IBR en explotacións de reprodución serán vacinas marcadas, de forma que no futuro permitan distinguir se un animal é positivo por vacinación ou por infección natural. No caso dos cebadeiros de gando vacún integrados en ADSG, poderán utilizarse nos animais incorporados a eles vacinas fronte ao IBR non marcadas.

7.3. Control da paratuberculose.

Seguiranse as seguintes pautas xerais de actuación:

-Nas explotacións sen información epidemiolóxica desta enfermidade tomaranse mostras dos animais maiores de 24 meses, co fin de identificar os positivos a anticorpos.

-Nas explotacións con información epidemiolóxica, farase un control serolóxico anual dunha porcentaxe de animais da explotación maiores de 24 meses, incluíndo todos os animais adquiridos no último ano e aqueles que presenten sintomatoloxía compatible coa enfermidade.

En calquera caso, e seguindo as indicacións do Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, as analíticas realizadas estarán destinadas a coñecer o estado sanitario das explotacións, definindo as actuacións que se van realizar en cada unha delas en función dos resultados obtidos.

Defínese animal bovino confirmado como positivo á paratuberculose aquel en que se dea calquera das seguintes situacións:

-O animal presenta lesións patognomónicas en que se visualiza a presenza de microorganismos ácido-alcol resistentes.

-En feces do animal visualízase a presenza de niños de bacilos ácido-alcol resistentes e presenta síntomas clínicos compatibles coa enfermidade.

-En calquera tipo de mostra procedente do animal obtívose un resultado positivo a cultivo ou a PCR.

-O diagnóstico clínico e as probas de campo permiten aseverar que o animal padece a enfermidade ou, en rabaños confirmados positivos, calquera animal con síntomas clínicos compatibles coa enfermidade.

Os animais confirmados como positivos á paratuberculose non poderán en ningún caso ser destinados a outras explotacións de reprodución nin a pastos comunais, sendo o seu único destino posible o seu traslado directo ao matadoiro, ou a cebadeiros non cualificados. Todo animal positivo a anticorpos de paratuberculose (ELISA), previamente ao seu movemento a outras explotacións, deberá ser sometido ás probas de confirmación.

O veterinario da ADSG informará o titular da explotación afectada desta obriga, establecendo un plan para a eliminación destes animais confirmados como positivos e poñerá en coñecemento dos servizos veterinarios oficiais o acontecemento, indicando a identificación do animal ou animais afectados. Así mesmo, o Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, ou o laboratorio autorizado que realice o diagnóstico, comunicaralles aos servizos veterinarios oficiais a identificación dos animais confirmados como positivos á paratuberculose detectados. En todos os casos, os servizos veterinarios oficiais comunicaranlle ao titular da explotación o posible destino dos animais sinalados e realizarán un control estrito sobre este.

7.4. Control da neosporose.

Seguiranse as seguintes pautas xerais de actuación:

-Realizaranse controis analíticos dos animais sospeitosos de padecer a enfermidade (os que teñan antecedentes de aborto).

-No caso de positividade dun animal, realizaráselles analítica aos seus ascendentes ou descendentes, se for o caso.

-No caso dun abrocho epidémico (máis dun 3% de abortos nun mes), analizarase a totalidade dos animais da explotación.

-Anualmente realizarase control serolóxico de todos os animais adquiridos na explotación, e doutros animais a criterio do veterinario da ADSG en función do historial da enfermidade na explotación.

En calquera caso, e seguindo as indicacións do Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, as analíticas realizadas estarán destinadas a coñecer o estado sanitario das explotacións, definindo as actuacións que se van realizar en cada unha delas en función dos resultados obtidos.

7.5. Control de incorporacións.

Os titulares das explotacións comprometeranse a comunicarlle con antelación todas as entradas de novos animais na súa explotación ao veterinario responsable da ADSG. Así mesmo, comunicarán os retornos de animais da súa explotación cando tivesen contacto con outros animais doutras explotacións, por exemplo en pastos comunais, concursos, feiras, centros de recría en común, etc.

As explotacións integradas en ADSG, baixo a supervisión do veterinario responsable, deberán realizar corentena e control serolóxico fronte a BVDac, BVDax, IBRge, neospora e paratuberculose de todos os animais de nova incorporación a estas. En animais menores de tres meses a proba de BVDax é aconsellable realizala en mostra de orella.

No caso de animais retornados coas orixes mencionadas no primeiro parágrafo, e coa finalidade de coñecer a súa situación sanitaria, realizaranse analíticas de BVDac e IBRgE.

Non serán necesarios estes controis cando os animais proveñan de explotacións pertencentes a ADSG que cumpran co mesmo programa sanitario e veñan acompañados cunha acreditación sanitaria asinada polo veterinario da ADSG que deberá reflectir os controis e resultados a que foron sometidos os animais implicados, ou cando os animais fosen revisados na explotación de orixe e se acompañen dos correspondentes resultados analíticos, que deberán ser en todo caso negativos. Nestes casos, as probas analíticas deberán estar realizadas nos tres meses anteriores ao traslado do animal.

Coa presentación da solicitude de axuda por parte da ADSG, enténdese que os titulares das explotacións bovinas integradas nela prestan o seu consentimento para que a Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria lles facilite aos veterinarios responsables da agrupación os datos dos animais pertencentes a aquelas, así como a información correspondente aos animais incorporados, para os efectos de proceder ao seu control sanitario, sen prexuízo da responsabilidade destes en relación co pleno cumprimento da normativa de protección de datos de carácter persoal.

Gando ovino e cabrún.

1. Os veterinarios das ADSG deberán colaborar coas actuacións que correspondan en relación cos programas de erradicación de enfermidades, segundo o Real decreto 2611/1996, do 20 de decembro, polo que se regulan os programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais (medidas ou pautas de bioseguridade no caso de sospeita e confirmación da enfermidade, tratamento e manexo dos estercos, pautas de limpeza e desinfección despois da eliminación de animais positivos).

2. Os veterinarios das ADSG controlarán e fomentarán entre os gandeiros das explotacións integradas na ADSG as boas prácticas en materia de benestar animal.

3. Programa de vixilancia e control das encefalopatías esponxiformes transmisibles (pautas de vixilancia activa, información aos gandeiros, controis dos provedores de pensos, control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres).

4. Programa de desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións. O programa incluirá as seguintes actuacións do veterinario:

-A formación aos gandeiros integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

-Dar as pautas para realizar as operacións de DDD nas explotacións integradas na ADSG, e levar a súa supervisión nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou novos abrochos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

5. Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de gando das explotacións da agrupación:

-Os veterinarios das ADSG, a través das reunións que leven a cabo cos gandeiros das explotacións integradas na ADSG, e mediante o asesoramento persoal, fomentarán o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos que visiten as explotacións (mochilas desinfectantes...).

6. Control de parasitos internos e externos.

7. Programas específicos de prevención e control fronte ás enfermidades do gando ovino e cabrún que a seguir se citan, encamiñados a coñecer o nivel de prevalencias das distintas enfermidades, e ademais á súa diminución:

7.1. Control de paratuberculose.

As analíticas realizadas estarán destinadas a coñecer o estado sanitario das explotacións, identificando os rabaños negativos e os que presentan baixa ou alta prevalencia, definindo as actuacións que se van realizar en cada un deles en función dos resultados obtidos.

Seguiranse as seguintes pautas xerais de actuación:

-Nas explotacións sen información epidemiolóxica da enfermidade realizarase unha mostraxe dun número de animais de acordo cun tamaño de mostra que asegure a detección dunha prevalencia do 5% cunha fiabilidade do 95%, segundo a táboa que se xunta.

Ver referencia pdf "21200D009P025.PDF"

-As mostras tomadas serán sometidas a análise mediante a técnica ELISA de anticorpos.

-Os rabaños que resulten negativos ás probas serán sometidos a un control serolóxico anual, mediante mostraxe aleatoria.

-Naqueles rabaños en que a prevalencia da enfermidade sexa inferior ao 8% realizarase unha estreita vixilancia clínica do efectivo, para observar a evolución da enfermidade e, de ser o caso, detectar animais con sintomatoloxía clínica. Estes rabaños serán sometidos a unha mostraxe aleatoria anual, para comprobar a evolución da enfermidade.

-Para abandoar a explotación para vida, os animais ELISA positivos deberán realizar unha nova analítica separada como mínimo 60 días da primeira con resultado negativo.

-Nos rabaños en que se confirme a enfermidade, e co obxecto de identificar o maior número posible de animais positivos, procederase á revisión da totalidade dos animais da explotación.

-Cos resultados obtidos, o veterinario da ADSG establecerá nas explotacións afectadas un plan específico de control e erradicación da enfermidade, baseado na aplicación de medidas hixiénico-sanitarias e de manexo, eliminación de animais positivos e control e corentena dos animais incorporados.

Defínese animal positivo á paratuberculose aquel animal ELISA positivo procedente dun rabaño cunha prevalencia superior ao 8% ou aquel animal con dúas probas ELISA positivas separadas como mínimo 60 días en rabaños cunha prevalencia menor ao 8%; en rabaños xa confirmados como positivos, calquera animal que presente síntomas compatibles coa enfermidade; ou que, de ser o caso, o diagnóstico clínico e as probas de campo permitan asegurar que o animal padece a enfermidade.

Os animais confirmados como positivos á paratuberculose, así como a totalidade de animais de explotacións de prevalencia superior ao 8%, non poderán en ningún caso ser destinados a outras explotacións de reprodución nin a pastos comunais, sendo o seu único destino posible o seu traslado directo ao matadoiro, ou a cebadeiros non cualificados. O veterinario da ADSG informará o titular da explotación afectada desta obriga e poñerá en coñecemento dos servizos veterinarios oficiais a existencia de positividade, indicando a identificación do animal ou animais afectados. Así mesmo, o Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, ou o laboratorio autorizado que realice o diagnóstico, comunicaralles aos servizos veterinarios oficiais a identificación dos animais confirmados como positivos á paratuberculose detectados. En todos os casos, os servizos veterinarios oficiais comunicaranlle ao titular da explotación o posible destino dos animais da explotación, e realizarán un control

estrito sobre este.

Porén o establecido no punto anterior, os animais seronegativos de explotacións con prevalencia superior ao 8% poderán ser vendidos a outras explotacións de reprodución, sempre que sexan sometidos a dous probas ELISA realizadas cunha separación mínima de 60 días, con resultado negativo, sendo a última delas nos 30 días anteriores ao traslado.

Os titulares das explotacións ovinas ou cabrúas en que se confirmase a presenza de paratuberculose nunha prevalencia superior ao 8%, co informe favorable do veterinario da ADSG, poderanlle solicitar á Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria autorización expresa para a utilización de vacina fronte á enfermidade.

Non se autorizará en nigún caso a vacinación fronte á paratuberculose de rabaños de gando cabrún que convivan ou teñan relación epidemiolóxica con gando bovino, nin tampouco de rabaños cabrúns que comercialicen leite, xa que estes deben ser sometidos ao programa de erradicación da tuberculose.

No caso de ser concedida a oportuna autorización, a vacinación realizarase coa supervisión dun veterinario oficial, só permitíndose unicamente a saída destes cara ao matadoiro, a un cebadeiro para o seu traslado directo ao matadoiro, ou a outras explotacións cun programa vacinal fronte á paratuberculose aprobado, en que os rabaños cumpran idénticas condicións ás establecidas.

Gando porcino.

1. Programa de control fronte á enfermidade de Aujeszky, seguindo as pautas establecidas na normativa legal vixente ao respecto, e concretamente na aplicación da vacina fronte a dita enfermidade.

Os veterinarios das ADSG tomarán todas as medidas necesarias para conseguir no prazo máis breve posible a cualificación sanitaria fronte á enfermidade de Aujeszky da totalidade das granxas integradas.

Así mesmo, no caso de detectarse a presenza da enfermidade de Aujeszky nunha granxa, o veterinario da ADSG presentará un plan de erradicación da enfermidade. O veterinario será responsable da súa supervisión e correcta execución, cursando aos servizos veterinarios oficiais informes periódicos trimestrais sobre a execución do programa e evolución da enfermidade na explotación.

2. Controis serolóxicos nos reprodutores e na ceba, de ser o caso, coa periodicidade e porcentaxe establecidas na normativa vixente ao respecto de PPC, PPA, EVP e enfermidade de Aujeszky.

3. Os veterinarios das ADSG controlarán e fomentarán entre os gandeiros das explotacións integradas na ADSG as boas prácticas en materia de benestar animal.

4. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres.

5. Programa de desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións. O programa incluirá as seguintes actuacións do veterinario:

-A formación aos gandeiros integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

-Dar as pautas para realizar as operacións de DDD nas explotacións integradas na ADSG e levar a súa supervisión nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou novos abrochos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

6. Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de gando das explotacións da agrupación:

-Os veterinarios das ADSG, a través das reunións que leven a cabo cos gandeiros das explotacións integradas na ADSG, e mediante o asesoramento persoal, fomentarán o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos que visiten as explotacións (mochilas desinfectantes...).

7. Programa de control de parasitos internos e externos.

Aves.

1. Plans sanitarios de control, seguimento e loita (segundo corresponda) establecidos na normativa vixente e nos programas oficiais: salmonelose, micoplasmose, Newcastle e influenza aviaria.

2. Os veterinarios das ADSG controlarán e fomentarán entre os gandeiros das explotacións integradas na ADSG as boas prácticas en materia de benestar animal.

3. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres.

4. Programa de desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións. O programa incluirá as seguintes actuacións do veterinario:

-A formación aos gandeiros integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

-Dar as pautas para realizar as operacións de DDD nas explotacións integradas na ADSG e levar a súa supervisión nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou novos abrochos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

5. Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de gando das explotacións da agrupación:

-Os veterinarios das ADSG, a través das reunións que leven a cabo cos gandeiros das explotacións integradas na ADSG, e mediante o asesoramento persoal, fomentarán o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos que visiten as explotacións (mochilas desinfectantes...).

6. Programa de control de parasitos internos e externos.

Coellos.

1. Cumprimento do establecido no Real decreto 1547/2004, do 25 de xuño, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións cunícolas. En concreto, levaranse a cabo programas de control específicos dos seguintes procesos infectocontaxiosos:

-Programa de control fronte a mixomatose.

-Programa de control fronte á enfermidade hemorráxica vírica.

2. Programa de control e loita contra a enteropatía mucoide.

3. Os veterinarios das ADSG controlarán e fomentarán entre os gandeiros das explotacións integradas na ADSG as boas prácticas en materia de benestar animal.

4. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres.

5. Programa de desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións. O programa incluirá as seguintes actuacións do veterinario:

-A formación aos gandeiros integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

-Dar as pautas para realizar as operacións de DDD nas explotacións integradas na ADSG e levar a súa supervisión nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou novos abrochos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

6. Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de gando das explotacións da agrupación:

-Os veterinarios das ADSG, a través das reunións que leven a cabo cos gandeiros das explotacións integradas na ADSG, e mediante o asesoramento persoal, fomentarán o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos que visiten as explotacións (mochilas desinfectantes...).

7. Control de parasitos internos e externos.

Équidos.

1. Programa de control e loita fronte á influenza equina.

2. Control serolóxico da arterite viral equina e metrite contaxiosa equina.

3. Os veterinarios das ADSG controlarán e fomentarán entre os gandeiros das explotacións integradas na ADSG as boas prácticas en materia de benestar animal.

4. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres.

5. Programa de desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións. O programa incluirá as seguintes actuacións do veterinario:

-A formación aos gandeiros integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

-Dar as pautas para realizar as operacións de DDD nas explotacións integradas na ADSG e levar a súa supervisión nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou novos abrochos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

6. Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de gando das explotacións da agrupación:

-Os veterinarios das ADSG, a través das reunións que leven a cabo cos gandeiros das explotacións integradas na ADSG, e mediante o asesoramento persoal, fomentarán o uso de medios de limpeza e desinfección nos vehículos que visiten as explotacións (mochilas desinfectantes...).

7. Control de parasitos internos e externos.

Acuicultura continental.

1. Programa de control da septicemia hemorráxica viral (SHV) e a necrose hematopoiética infecciosa (NHI).

2. Programa de control precoz da necrose pancreática infecciosa (IPN).

3. Programa de corentena e control sanitario das incorporacións de ovos e crías.

4. Programas de control, mediante profilaxe vacinal ou tratamentos preventivos, das principais enfermidades con transcendencia na acuicultura.

5. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres.

6. Programa de desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións. O programa incluirá as seguintes actuacións do veterinario:

-A formación aos gandeiros integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

-Dar as pautas para realizar as operacións de DDD nas explotacións integradas na ADSG e levar a súa supervisión nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou novos abrochos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

7. Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de animais das explotacións da agrupación.

Abellas.

1. Programa de control e loita fronte á loque americana.

2. Programa de control e loita fronte á loque europea.

3. Programa de control e loita fronte á varroose.

4. Control e asesoramento sanitario na eliminación de colmeas.

5. Programa de desinfección, desinsectación e desratización nos apiarios. O programa incluirá as seguintes actuacións do veterinario:

-A formación aos gandeiros integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

-Dar as pautas para realizar as operacións de DDD nas explotacións integradas na ADSG e levar a súa supervisión nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou novos abrochos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

6. Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de colmeas das explotacións da agrupación.

Visóns.

1. Programa de loita e control fronte á enfermidade aleutiana do visón ou plasmocitose.

2. Os veterinarios das ADSG controlarán e fomentarán entre os gandeiros das explotacións integradas na ADSG as boas prácticas en materia de benestar animal.

3. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres.

4. Programa de desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións. O programa incluirá as seguintes actuacións do veterinario:

-A formación aos gandeiros integrados na ADSG nesta materia, tanto nas reunións mantidas con eles como a través do asesoramento persoal nas propias explotacións.

-Dar as pautas para realizar as operacións de DDD nas explotacións integradas na ADSG e levar a súa supervisión nos casos en que se detectasen positividades a enfermidades obxecto de plans de erradicación, ou novos abrochos das enfermidades suxeitas a control dentro dos programas de planificación sanitaria.

5. Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de animais das explotacións da agrupación.

Outras especies.

1. Deberase cumprir coas actuacións que correspondan á ADSG en relación cos programas de erradicación de enfermidades e realizar os programas de prevención e control que correspondan fronte ás enfermidades de maior transcendencia económica ou sanitaria na especie de que se trate.

2. Os veterinarios das ADSG controlarán e fomentarán entre os gandeiros das explotacións integradas na ADSG as boas prácticas en materia de benestar animal.

3. Control e asesoramento sanitario na eliminación de cadáveres.

4. Programa de desinfección, desinsectación e desratización nas explotacións.

5. Programa de control da desinfección dos vehículos de transporte de animais das explotacións da agrupación.

Laboratorios de análise para os programas obrigatorios.

As mostras obtidas na execución dos programas sanitarios obrigatorios remitiranse para a súa análise ao Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (a entrega de mostras realizarase segundo as instrucións que indique o propio laboratorio), ou a outros laboratorios que acrediten ter implantado un sistema de control de calidade. Neste caso, os kits de diagnóstico para estas enfermidades terán que ter igual ou superior sensibilidade e especificidade ca os utilizados no Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia.

No caso das mostras enviadas ao Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, o seu envío terá que ser gradual e proporcionado durante todo o ano, en función do cronograma de actuacións elaborado, e non será posible superar no número de mostras remitidas durante un mes máis do 15% do total que enviará cada ADSG durante todo o ano.

As ADSG que desexen realizar analíticas correspondentes aos programas sanitarios marco obrigatorios sinalados nesta orde en laboratorios distintos ao Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, deberanlle comunicar expresamente este feito á Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria.

En todos os casos, os informes dos laboratorios cos resultados analíticos obtidos deberán conservarse á disposición dos servizos veterinarios oficiais da Consellería do Medio Rural durante un prazo mínimo de dous anos.

Programas sanitarios complementarios.

As ADSG que o desexen poderán desenvolver un programa sanitario adicional, complementario ao programa sanitario marco obrigatorio, que podería ser obxecto de subvención. Para optar ás correspondentes axudas, o programa sanitario adicional debe estar aprobado pola Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria.

Presentación dos programas.

Os programas sanitarios presentados polas ADSG incluirán:

-No caso de programas de control de enfermidades, explicación detallada das pautas dos tratamentos ou vacinacións que se van realizar, incluíndo a frecuencia das aplicacións destas, segundo os distintos tipos de animais da explotación, e os produtos que se utilizarán.

-No caso dos programas de desinfección, desinsectación e desratización, explicación detallada dos produtos que se utilizarán e das súas pautas de aplicación.

En todos os casos, farase unha valoración económica detallada do custo deste programa, segundo as pautas establecidas.