DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2008 Páx. 19.913

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 22 de outubro de 2008 pola que se designa o órgano estatístico sectorial deste departamento.

O Decreto 24/2008, do 21 de febreiro, regula os órganos estatísticos sectoriais da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e o procedemento para a súa designación. No número 1 do seu artigo 2º establece que este órgano estará integrado por unha ou varias unidades administrativas que se designarán por resolución da persoa titular do departamento en que se integre organicamente.

De conformidade co establecido nos artigos 1º, 2º, 3º e 7º do Decreto 24/2008, do 21 de febreiro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Designar como órgano estatístico sectorial da Consellería do Medio Rural a Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal, que estará integrada pola unidade administrativa cuxos datos a seguir se especifican:

a) Posto de traballo: Servizo de Transferencia Tecnolóxica, Estatística e Publicacións.

b) Coordinador ou coordinadora: o director xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal.

c) Localización física: dependencias da Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal, na rúa Fontiñas, 31-baixo. Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2008.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural