DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2008 Páx. 19.907

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2008 pola que se procede á publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 28 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a Pemes galegas para a adquisición ou renovación de equipamento industrial, e se procede á súa convocatoria (IN530B), (Diario Oficial de Galicia número 68, do 9 de abril).

O conselleiro de Innovación e Industria, con data do 17 de outubro de 2008, ditou resolución das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 28 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a Pemes galegas para a adquisición ou renovación de equipamento industrial.

O artigo 12 das bases reguladoras da orde dispón no seu punto 4: Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992. No obstante, e de conformidade co establecido no artigo 59.6º b) da indicada lei, poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Innovación e Industria. Nesta publicación especificarase a data de convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada. Coa publicación no DOG os beneficiarios poderán ser remitidos a que consulten información detallada da resolución nun taboleiro da citada web.

As solicitudes desestimadas notificaranse individualmente, con indicación das causas de desestimación. Non obstante, poderase substituír a dita notificación individual pola publicación no DOG, coa indicación de que os non beneficiarios consulten a información detallada da súa resolución nun taboleiro da citada web.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da relación de beneficiarios das subvencións que figuran no anexo a esta resolución con cargo ás aplicacións orzamentarias 10.04.741A.770.0 achegas para a promoción, internacionalización e mellora da competitividade das empresas e 10.02.741A.771.0 apoio á innovación empresarial cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

Todos os beneficiarios que se recollen no anexo poderán obter información detallada da súa resolución de concesión accedendo ao taboleiro electrónico dispoñible na páxina web da Consellería de Innovación e Industria, no enderezo: http://www.xunta.es/apps/axudas/login.do?cod_cons=IN&cod_proc=530B.

Os solicitantes que non aparezan no devandito anexo deberán entender que non lles foi concedida a subvención, e poderán obter información detallada das causas de denegación accedendo ao citado taboleiro electrónico.

O acceso ao dito enderezo pódese facer tamén desde o enderezo da internet http://www.conselleriaiei.org, seleccionando a oficina virtual, para a continuación acceder á aplicación internet expres e, dentro desta, escollendo o procedemento IN530B.

Para o acceso ao contido do taboleiro electrónico, cada solicitante deberá introducir o código electrónico existente na parte superior dereita da primeira folla da súa solicitude, o que garante a privacidade do acceso á información.

Nesta dirección xeral tamén se disporá dun taboleiro físico convencional onde se poderá acceder en formato papel á información particularizada para cada un dos solicitantes presentados á convocatoria, o que garante a igualdade no proceso de notificación para todos os solicitantes nun proceso de concorrencia competitiva, e mesmo para aqueles que non obtiveron un código electrónico na súa solicitude ao non seguir as indicacións e medios de axuda para obtención dos formularios normalizados previstos na convocatoria.

Contra as resolucións ditadas ao abeiro da Orde do 28 de marzo de 2008, que esgotan a vía administrativa, cabe interpoñer, de ser o caso:

a) Recurso potestativo de reposición ante o órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

b) Ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

E todo iso sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que xulguen oportuno.

2. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderanse dirixir á Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, a través dos teléfonos 981 54 55 35, 881 99 93 74 ou 881 99 93 72, do número de fax 981 54 47 06 ou do enderezo de correo electrónico axudas.dxpisi@xunta.es.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2008

P.D. (Orde 31-1-2006; DOG nº 24, do 3 de febreiro)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación

e Industria

Ver referencia pdf "21200D007P019.PDF"

Ver referencia pdf "21200D009P025.PDF"