DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2008 Páx. 19.903

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2008 pola que se modifican as do 30 de setembro e 1 e 7 de outubro de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 10 e 15 de outubro) polas que se adxudican as subvencións correspondentes ás tecnoloxías de Medio Rural (MRU), Medio Mariño (MMA), Recursos Enerxéticos e Mineiros (REM), Medio Natural e Desenvolvemento Sustentable (MDS), Biomedicina e Ciencias da Saúde (CSA), Tecnoloxías dos Materiais da Construción (TMT), Deseño e Produción Industrial (DPI), Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) e Sociedade da Información (SIN) dos programas sectoriais de investigación aplicada, PEME I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite), convocadas na Orde do 3 de marzo de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo).

Por Orde do 3 de marzo de 2008 (DOG do 28 de marzo) establécense as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada, PEME I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite) e se procede á súa convocatoria para o ano 2008. A mencionada convocatoria establece que os programas están dirixidos a diferentes tecnoloxías sectoriais entre as que figuran a de Medio Rural (MRU), Medio Mariño (MMA), Recursos Enerxéticos e Mineiros (REM), Medio Natural e Desenvolvemento Sustentable (MDS), Biomedicina e Ciencias da Saúde (CSA), Tecnoloxías dos Materiais da Construción (TMT), Deseño e Produción Industrial (DPI), Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) e Sociedade da Información (SIN). Por resolucións do 30 de setembro e 1 e 7 de outubro de 2008 (DOG do 10 e 15 de outubro) adxudicáronse as mencionadas axudas.

Téndose producido erros na valoración económica das solicitudes e unha vez resolta a convocatoria correspondente ao ano 2008, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-De conformidade co previsto no artigo 5 das bases da orde de convocatoria modifícase o crédito asignado ás seguintes aplicacións orzamentarias, incrementando este nas contías que se indican:

Ver referencia pdf "21200D004P013.PDF"

Segundo.-Modificar a distribución do importe das anualidades das axudas concedidas nas resolucións de 30 de setembro e 1 e 7 de outubro de 2008, para a realización de proxectos de investigación aplicada liderados por equipos de investigación de universidades, organismos públicos de investigación e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, aos proxectos que se indican no anexo I desta resolución correspondentes aos procedementos IN 825D, IN 825E, IN 825G, IN 825J, IN 825H, IN 825K, IN 825N, IN 825M, e IN 825P.

Terceiro.-Modificar a distribución do importe das anualidades das axudas concedidas na resolución do 30 de setembro de 2008, para a realización de proxectos de investigación liderados por centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia, aos proxectos que se indican no anexo II desta resolución correspondentes aos procedementos IN 827A, IN 827G, IN 827J e IN 827M.

Cuarto.-Para poder percibir as axudas correspondentes será preciso presentar na data límite establecida na Orde do 3 de marzo de 2008 (DOG nº 60, do 28 de marzo), a documentación indicada no artigo 6 dos anexos I, II e IV da mencionada orde, utilizando os modelos normalizados publicados na páxina web http://www.conselleriaiei.org/dxidi (Servizos Propios. Informes/xustificación de Gasto)

Quinto.-A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación adoptará as medidas necesarias para a instrución dos correspondentes expedientes de gasto.

Sexto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2008.

P.D. (Orde 31-1-2006, DOG nº 24)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación

e Industria

Ver referencia pdf "21200D005P015.PDF"