DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2008 Páx. 19.901

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2008 pola que se adxudican as axudas para o fomento da investigación e a innovación empresarial do procedemento IN841G, convocadas pola Orde do 25 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 88, do 8 de maio).

Mediante a orde da Consellería de Innovación e Industria do 25 de abril de 2008 (DOG nº 88, do 8 de maio) convocáronse as axudas para o ano 2008 para o fomento da innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes aos sete procedementos ou modalidades de axuda seguintes:

-IN841A: plataformas tecnolóxicas.

-IN841B: realización de estudos de viabilidade.

-IN841C: realización de proxectos de innovación.

-IN841D: cofinanciamento de proxectos subvencionados con anterioridade noutras convocatorias de axudas estatais e internacionais.

-IN841E: preparación de novos proxectos para a participación noutras convocatorias de axudas doutras administracións estatais e internacionais.

-IN841G: dotacións de laboratorio ou departamentos de I+D.

-IN841H: investimentos innovadores.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da citada orde da convocatoria, atendendo as dispoñibilidades de crédito e as propostas elaboradas pola comisión de valoración prevista no artigo 9º da orde da convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlles as axudas para dotacións de laboratorio ou departamentos de I+D (procedemento IN841G) aos beneficiarios que se relacionan no anexo G-I desta resolución, nas contías que se sinalan, que supoñen un total de 565.977,11 euros para o ano 2008.

Segundo.-Propoñer como suplentes as solicitudes que recollen no anexo G-II. A súa concesión queda condicionada a que se produzan baixas nas subvencións concedidas ou que exista unha maior dispoñibilidade orzamentaria, e adxudicaranse por orde de puntuación.

Terceiro.-Para poder percibir as axudas correspondentes á anualidade de 2008, os beneficiarios deberán presentar, na data límite do 10 de novembro de 2008, a documentación indicada no artigo 17 da Orde do 25 de abril de 2008 (DOG nº 88, do 8 de maio) así como no artigo 6 do anexo II da citada orde de convocatoria.

Cuarto.-A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación adoptará as medidas necesarias para a instrución dos correspondentes expedientes de gasto.

Quinto.-A inoservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.

Sexto.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2008.

P.D. (Orde 31-1-2006, DOG nº 24)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación

e Industria

Ver referencia pdf "21200D004P013.PDF"