De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no artigo 78.8º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia; e no artigo 44 da Resolución do 25 de febreiro de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2008, procédese á publicación das subvencións concedidas iguais ou superiores a 3.000 .
Finalidade da axuda: as axudas teñen como finalidade a subvención dos gastos correntes das entidades galegas no exterior a través de oito programas: Programa 1. Para a prestación de servizos asistenciais; Programa 2. Para actividades socioculturais; Programa 3. Para accións informativas; Programa 4. Para proxectos promovidos pola xuventude; Programa 5. Para gastos de funcionamento; Programa 6. Para contratación de grupos; Programa 7. Para subscrición a publicacións e Programa 8. Para adaptación de nomes.
Norma reguladora: Resolución do 25 de febreiro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2008 (Diario Oficial de Galicia nº 47, do 6 de marzo).
Aplicación orzamentaria: 04.50.312C.481.0. Axudas a entidades no ámbito das migracións, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008.
Crédito orzamentario: 1.870.000 euros.
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2008.
Manuel Luís Rodríguez González
Secretario Xeral de Emigración
Entidades beneficiarias das subvencións cunha contía igual ou superior a 3.000 euros e importe da axuda concedida a cada unha delas expresado en euros, por orde alfabética:
Ver referencia pdf "21200D003P010.PDF"