DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2008 Páx. 19.897

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2008 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 7 de febreiro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións a entidades de iniciativa social, para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social.

De conformidade co disposto no artigo 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas, en virtude da Orde do 7 de febreiro de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións a entidades de iniciativa social, para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social.

Finalidade da axuda: as axudas teñen por obxecto o establecemento de subvencións ás entidades de iniciativa social, para a realización de programas de incorporación sociolaboral que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social.

Norma reguladora: Orde do 7 de febreiro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións a entidades de iniciativa social, para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social. (Diario Oficial de Galicia nº 33, do 15 de febreiro).

Crédito orzamentario: 812.186 euros, nas aplicacións orzamentarias 05.41.312F.481.6 e 05.41.312F.481.4. Estas actuacións están cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2008.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

Ver referencia pdf "21200D001P008.PDF"

Ver referencia pdf "21200D003P010.PDF"