DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 24 de outubro de 2008 Páx. 19.379

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de setembro de 2008 pola que se modifica a do 7 de febreiro, pola que se fai pública a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

Pola Orde do 7 de febreiro de 2008 (DOG do 25 de febreiro) fíxose pública a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

O artigo 7.2º da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, establece que serán membros do Consello Social, entre outros, un estudante, elixido polo Consello de Goberno da universidade entre os seus membros, na forma en que determinen os seus estatutos. En todo caso, o nomeamento será publicado no Diario Oficial de Galicia.

Con data do 29 de xullo de 2008, o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo comunica a elección polo Consello de Goberno desa universidade de Iago Fariñas Valiña como membro do seu Consello Social, en representación dos estudantes.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único.-Facer público o nomeamento de Iago Fariñas Valiña como membro do Consello Social da Universidade de Vigo, en representación do Consello de Goberno desta universidade.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2008.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria

c) SUBSTITUCIÓNS PRESIDENCIA