DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 21 de outubro de 2008 Páx. 19.181

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 16 de setembro de 2008 pola que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, dispón que a designación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades ás cales representen aqueles.

Polo exposto, vista a proposta da Federación Nacional de Transportes, Comunicacións e Mar da UGT - Galicia, e en exercicio das facultades que me foron atribuídas polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

O nomeamento de Enrique Iglesias Pazos como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría, en representación da organización sindical máis representativa no porto (UGT).

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2008.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes