DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 21 de outubro de 2008 Páx. 19.181

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 16 de setembro de 2008 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e ría de Pontevedra.

O artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, dispón que a separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias dos portos de interese xeral será acordada polo órgano competente da comunidade autónoma por proposta das organizacións, organismos e entidades ás cales representen aqueles.

Polo exposto, vista a proposta do Concello de Marín, e en exercicio das facultades que me foron atribuídas polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de xaneiro de 2002,

DISPOÑO:

O cesamento de Luciano Eusebio Santiago Esperón como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e ría de Pontevedra, en representación do Concello de Pontevedra, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2008.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes