DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 06 de outubro de 2008 Páx. 18.082

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 216/2008, do 25 de setembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en emerxencias sanitarias.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia o regulamento e a administración do ensino en toda a súa extensión, nos seus niveis e graos, nas súas modalidades e especialidades, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do seu artigo 81, a desenvolvan.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, ten por obxecto a ordenación dun sistema integral de formación profesional, cualificacións e acreditación que responda con eficacia e transparencia ás demandas sociais e económicas a través das modalidades formativas.

A devandita lei establece que a Administración xeral do Estado, de conformidade co que se dispón no artigo 149.1. 30ª e 7ª da Constitución española, e logo da consulta ao Consello Xeral de Formación Profesional, determinará os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade que constituirán as ofertas de formación profesional referidas ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, creado polo Real decreto 1128/2003, do 5 de setembro, e modificado polo Real decreto 1416/2005, do 25 de novembro, cuxos contidos poderán ampliar as administracións educativas no ámbito das súas competencias.

Establece, así mesmo, que os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade terán carácter oficial e validez en todo o territorio do Estado e serán expedidos polas administracións competentes, a educativa e a laboral respectivamente.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu capítulo III que se entende por currículo o conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada unha das ensinanzas reguladas pola citada lei.

No seu capítulo V establece as directrices xerais da formación profesional inicial e dispón que o Goberno, logo da consulta ás comunidades autónomas, establecerá as titulacións correspondentes aos estudos de formación profesional, así como os aspectos básicos do currículo de cada unha delas.

O Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, estableceu no seu capítulo II a estrutura dos títulos de formación profesional, tomando como base o Catálogo nacional de cualificacións profesionais, as directrices fixadas pola Unión Europea e outros aspectos de interese social.

No seu capítulo IV, dedicado á definición do currículo polas administracións educativas en desenvolvemento do artigo 6.3º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece que as administracións educativas, no ámbito das súas competencias, establecerán os currículos correspondentes ampliando e contextualizando os contidos dos títulos á realidade socioeconómica do territorio da súa competencia, e respectando o seu perfil profesional.

Publicado o Real decreto 1397/2007, do 29 de outubro, polo que se establece o título de técnico en emerxencias sanitarias e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, e de acordo co seu artigo 10 c), correspóndelle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establecer o currículo correspondente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Consonte o anterior, este decreto desenvolve o currículo do ciclo formativo de formación profesional de técnico en emerxencias sanitarias. Este currículo adapta a nova titulación ao campo profesional e de traballo da realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo canto a especialización e polivalencia, e posibilita unha inserción laboral inmediata e unha proxección profesional futura.

Para estes efectos, determínase a identificación do título, o seu perfil profesional, o contorno profesional, a prospectiva do título no sector ou nos sectores, as ensinanzas do ciclo formativo, a correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación, validación ou exención, así como os parámetros do contexto formativo para cada módulo profesional no que se refire a espazos, equipamentos, titulacións e especialidades do profesorado, e as súas equivalencias para efectos de docencia.

Así mesmo, determínanse os accesos a outros estudos, as validacións, exencións e equivalencias, e a información sobre os requisitos necesarios segundo a lexislación vixente para o exercicio profesional, cando proceda.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta o perfil profesional do título a través dos obxectivos xerais que o alumnado debe alcanzar ao finalizar o ciclo formativo e os obxectivos propios de cada módulo profesional, expresados a través dunha serie de resultados de aprendizaxe, entendidos como as competencias que deben adquirir os alumnos e as alumnas nun contexto de aprendizaxe, que lles permitirán conseguir os logros profesionais necesarios para desenvolver as súas funcións con éxito no mundo laboral.

Asociado a cada resultado de aprendizaxe establécese unha serie de contidos de tipo conceptual, procedemental e actitudinal redactados de xeito integrado, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para lograr as competencias profesionais, persoais e sociais propias do perfil do título.

O currículo establecido neste decreto require un posterior desenvolvemento a través das programacións didácticas elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo. Estas programacións concretarán e adaptarán o currículo ao contorno socioeconómico do centro, tomando como referencia o perfil profesional do ciclo formativo a través dos seus obxectivos xerais e dos resultados de aprendizaxe establecidos para cada módulo profesional.

Neste sentido, a inclusión do módulo de formación en centros de traballo posibilita que o alumnado complete a formación adquirida no centro educativo mediante a realización dun conxunto de actividades de produción e/ou de servizos en situacións reais de traballo no contorno produtivo do centro, de acordo coas exixencias derivadas do Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional.

Créase como propio de Galicia o módulo de síntese, que ten como finalidade a integración dos aspectos máis salientables das competencias profesionais, persoais e sociais características do título que se abordaron no resto dos módulos profesionais.

A formación relativa á prevención de riscos laborais dentro do módulo de formación e orientación laboral aumenta a empregabilidade do alumnado que supere estas ensinanzas e facilita a súa incorporación ao mundo do traballo, ao capacitalo para levar a cabo responsabilidades profesionais equivalentes ás que precisan as actividades de nivel básico en prevención de riscos laborais, establecidas no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

De acordo co artigo 9º.2 do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, establécese a división de determinados módulos profesionais en unidades formativas de menor duración, coa finalidade de facilitar a formación ao longo da vida, respectando, en todo caso, a necesaria coherencia da formación asociada a cada unha delas.

De conformidade co exposto, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada polas leis 11/1988, do 20 de outubro, 2/2007, do 28 de marzo e 12/2007, do 27 de xullo, conforme os ditames do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e cinco de setembro de dous mil oito,

DISPOÑO

I. Disposicións xerais.

Artigo 1º.-Obxecto.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico en emerxencias sanitarias, determinado polo Real decreto 1397/2007, do 29 de outubro, polo que se establece o título de técnico en emerxencias sanitarias e as súas correspondentes ensinanzas mínimas.

II. Identificación do título, perfil profesional, contorno profesional e prospectiva do título no sector ou nos sectores.

Artigo 2º.-Identificación.

O título de técnico en emerxencias sanitarias identifícase polos seguintes elementos:

-Denominación: emerxencias sanitarias.

-Nivel: formación profesional de grao medio.

-Duración: 2.000 horas.

-Familia profesional: sanidade.

-Referente europeo: CINE-3 (Clasificación Internacional Normalizada da Educación).

Artigo 3º.-Perfil profesional do título.

O perfil profesional do título de técnico en emerxencias sanitarias determínase pola súa competencia xeral, polas súas competencias profesionais, persoais e sociais, así como pola relación de cualificacións e, de ser o caso, unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título.

Artigo 4º.-Competencia xeral.

A competencia xeral deste título consiste en trasladar pacientes aos centros sanitarios, prestar atención básica sanitaria e psicolóxica no contorno prehospitalario, levar a cabo actividades de teleoperación e teleasistencia sanitaria, e colaborar na organización e no desenvolvemento dos plans de emerxencia, dos dispositivos de risco previsibles e da loxística sanitaria ante unha emerxencia individual ou colectiva, ou unha catástrofe.

Artigo 5º.-Competencias profesionais, persoais e sociais.

As competencias profesionais, persoais e sociais deste título son as que se relacionan deseguido:

a) Evacuar os pacientes ou as vítimas utilizando as técnicas de mobilización e inmobilización, e adecuando a condución ás súas condicións, para realizar un traslado seguro ao centro sanitario de referencia.

b) Aplicar técnicas de soporte vital básico ventilatorio e circulatorio en situación de compromiso e de atención básica inicial noutras situacións de emerxencia.

c) Colaborar na clasificación das vítimas en todo tipo de emerxencias e catástrofes, baixo supervisión e seguindo indicacións da superioridade sanitaria responsable.

d) Axudar o persoal médico e de enfermaría na prestación do soporte vital avanzado ao paciente en situacións de emerxencia sanitaria.

e) Prestar apoio psicolóxico básico a pacientes, familias e persoas afectadas en situacións de crise e emerxencias sanitarias.

f) Atender a demanda de asistencia sanitaria recibida nos centros xestores de teleoperación e teleasistencia.

g) Limpar e desinfectar o habitáculo do vehículo sanitario e a súa dotación para o conservar en condicións hixiénicas.

h) Verificar o funcionamento básico dos equipamentos médicos e dos medios auxiliares do vehículo sanitario aplicando protocolos de comprobación, para asegurar o seu funcionamento.

i) Controlar e repor as existencias de material sanitario consonte os procedementos normalizados de traballo, para asegurar a súa dispoñibilidade.

j) Manter o vehículo e a dotación non sanitaria en condicións operativas.

k) Actuar na prestación sanitaria e no traslado de pacientes ou vítimas seguindo os protocolos de protección individual, prevención, seguridade e calidade.

l) Aplicar os procedementos loxísticos que aseguran o transporte, a distribución e o abastecemento dos recursos no lugar do suceso, consonte as instrucións recibidas polo mando sanitario responsable da intervención.

m) Achegar datos para elaborar, executar e avaliar plans de emerxencia, mapas de risco e dispositivos de risco previsible, colaborando coas persoas responsables do centro coordinador.

n) Establecer e manter a comunicación entre a zona de intervención e o centro coordinador, operando cos equipamentos de comunicacións.

o) Atender as necesidades de mobilidade e transporte de pacientes, vítimas e familiares, garantindo a súa privacidade e a súa liberdade.

p) Adaptarse a diferentes postos de traballo e a novas situacións laborais que se orixinen por cambios tecnolóxicos e organizativos na prestación dos servizos.

q) Resolver problemas e tomar decisións individuais seguindo as normas e os procedementos establecidos, definidos dentro do ámbito da súa competencia.

r) Participar no traballo en equipo, respectando a xerarquía nas instrucións de traballo.

s) Exercer os dereitos e cumprir as obrigas derivadas das relacións laborais, consonte o establecido na lexislación.

t) Xestionar a propia carreira profesional, analizando as oportunidades de emprego, de autoemprego e de aprendizaxe.

u) Crear e xestionar unha pequena empresa, e realizar un estudo de viabilidade, de planificación e de comercialización.

v) Participar na vida económica, social e cultural, cunha actitude crítica e de responsabilidade.

Artigo 6º.-Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título.

Cualificacións profesionais completas incluídas no título:

a) Transporte sanitario SAN025_2 (Real decreto 295/2004, do 20 de febreiro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

-UC0069_1: manter preventivamente o vehículo sanitario e controlar a súa dotación material.

-UC0070_2: prestarlle ao paciente soporte vital básico e apoio ao soporte vital avanzado.

-UC0071_2: trasladar o paciente ao centro sanitario útil.

-UC0072_2: aplicar técnicas de apoio psicolóxico e social en situacións de crise.

b) Atención sanitaria a múltiples vítimas e en catástrofes SAN122_2 (Real decreto 1087/2005, do 16 de setembro), que comprende as seguintes unidades de competencia:

-UC0360_2: colaborar na organización e no desenvolvemento da loxística sanitaria en escenarios con múltiples vítimas e catástrofes, asegurando o abastecemento e a xestión de recursos e apoiando os labores de coordinación en situacións de crise.

-UC0361_2: prestar atención sanitaria inicial a múltiples vítimas.

-UC0362_2: colaborar na preparación e na execución de plans de emerxencias e de dispositivos de risco previsible.

-UC0072_2: aplicar técnicas de apoio psicolóxico e social en situacións de crise.

Artigo 7º.-Contorno profesional.

1. Estas persoas exercen a súa actividade profesional no sector sanitario público e privado relacionado co traslado de pacientes ou vítimas, e a prestación de atención sanitaria e psicolóxica inicial, coa colaboración na preparación e no desenvolvemento da loxística sanitaria ante emerxencias colectivas ou catástrofes, así como participando na preparación de plans de emerxencia e dispositivos de risco previsible do ámbito da protección civil.

2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

-Técnico/a en transporte sanitario.

-Técnico/a de emerxencias sanitarias.

-Operador/a de teleasistencia.

-Operador/a de centros de coordinación de urxencias e emerxencias.

Artigo 8º.-Prospectiva do título no sector ou nos sectores.

No desenvolvemento do currículo establecido neste decreto tivéronse en conta as seguintes consideracións:

1. As actividades deste perfil profesional constitúen unha prestación complementaria entendida como elemento adicional e necesario para a consecución dunha asistencia sanitaria completa e axeitada. Neste sentido, o aumento da demanda social de asistencia médica urxente sinala unha evolución ascendente dos servizos de transporte con equipamentos de soporte vital básico e/ou de soporte vital avanzado.

2. A progresiva incorporación de novas competencias no contorno dun equipo multidisciplinar de atención en emerxencias exixe unha formación especializada para dar solucións rápidas, eficaces e de calidade.

3. A realidade da comunidade galega canto á dispersión poboacional, á meteoroloxía e á rede de comunicacións viarias, que exixen unha capacitación profesional especial no relativo ao traballo que se ten que desenvolver en situacións difíciles.

4. A calidade da atención sanitaria durante o transporte urxente ou programado debe garantir a eficacia das intervencións, polo que precisa profesionais que recoñezan as necesidades do paciente para aumentar a supervivencia, reducir as complicacións secundarias e evitar secuelas.

5. A teleoperación en emerxencias configúrase como un elemento imprescindible na resposta á demanda de atención sanitaria e na tendencia cara á asistencia personalizada, paso previo para a incorporación da telemedicina como recurso sanitario.

6. Ante situacións de emerxencia colectiva, así como no ámbito da cooperación internacional en resposta a catástrofes, as capacidades loxísticas dos equipos de intervención deberán potenciarse para poderen desenvolver as súas actividades na zona con maior autonomía.

III. Ensinanzas do ciclo formativo e parámetros básicos de contexto.

Artigo 9º.-Obxectivos xerais.

Os obxectivos xerais deste ciclo formativo son os seguintes:

a) Relacionar as patoloxías posibles e analizar os procedementos de intervención para evacuar as vítimas de xeito seguro.

b) Analizar as técnicas de condución en condicións adversas e con pacientes que presenten distintas patoloxías, identificado as repercusións orgánicas que un traslado inadecuado pode ter na saúde, para evacuar o paciente ou a vítima.

c) Enumerar signos de gravidade e relacionalos con criterios e protocolos de actuación, para clasificar as vítimas.

d) Recoñecer os signos de compromiso vital e relacionar desviacións de signos externos respecto dos parámetros normais, para determinar o estado do paciente.

e) Aplicar manobras de reanimación cardiopulmonar e técnicas de asistencia sanitaria inicial, e relacionar os síntomas coas manobras e coas técnicas, para estabilizar o paciente.

f) Identificar o material e a medicación de soporte vital avanzado, e relacionalos cos protocolos necesarios de actuación para axudar o persoal médico e de enfermaría.

g) Aplicar as técnicas de soporte psicolóxico indicadas en situacións de emerxencia e de crise, analizando os protocolos de actuación para lles prestar apoio a pacientes, familiares e persoas afectadas.

h) Relacionar as necesidades das persoas usuarias cos recursos que se van mobilizar, e analizar distintas situacións para atender a demanda.

i) Caracterizar as intervencións de mantemento de primeiro nivel do vehículo e da dotación non sanitaria, describilas e relacionalas co hipotético fallo, para manter o vehículo en condicións operativas.

j) Describir as operacións de limpeza e desinfección do material e dos equipamentos, e relacionalas cos problemas que se poidan presentar, para limpar e desinfectar os vehículos e a dotación.

k) Identificar as comprobacións iniciais nos equipamentos e nos medios auxiliares sanitarios, e relacionar o seu estado coas condicións normais indicadas para verificar o seu funcionamento.

l) Analizar os protocolos de actuación e a normativa, e determinar e catalogar os recursos para asegurar o transporte, a súa distribución e o seu abastecemento.

m) Describir os equipamentos de comunicacións e determinar a secuencia de operacións que se deben realizar para establecer e manter a comunicación entre a zona de intervención e o centro coordinador.

n) Interpretar mapas e planos, recoñecendo as características xeográficas e os elementos de obra civil, para achegar datos ao centro coordinador.

o) Identificar os riscos asociados á propia actividade profesional e relacionalos coas medidas de protección, para actuar na prestación sanitaria e no traslado de pacientes ou vítimas.

p) Analizar posibilidades de intervención, e identificar e valorar os riscos en sinistros e desastres, para resolver problemas e tomar decisións.

q) Identificar as funcións dos membros da cadea de mando, para intervir en función da súa xerarquía.

r) Relacionarse no equipo de traballo participando con tolerancia, respecto e sinceridade.

s) Identificar responsabilidades éticas e legais, interpretando a lexislación, para garantir a privacidade e a liberdade do paciente ou da vítima.

t) Recoñecer os dereitos e os deberes como axente activo na sociedade, e analizar o marco legal que regula as condicións sociais e laborais, para participar na cidadanía democrática.

u) Valorar as actividades de traballo na prestación do servizo e identificar a achega propia ao proceso global para conseguir os obxectivos.

v) Identificar e valorar as oportunidades de aprendizaxe e emprego analizando as ofertas e as demandas do mercado laboral, para xestionar a propia carreira profesional.

w) Recoñecer as oportunidades de negocio identificando e analizando demandas do mercado, para crear e xestionar unha pequena empresa.

x) Recoñecer os dereitos e os deberes como axente activo na sociedade, e analizar o marco legal que regula as condicións sociais e laborais para participar na cidadanía democrática.

y) Atender as emerxencias no centro de teleoperación ou teleasistencia sanitaria para derivar o recurso asistencial máis adecuado, partindo dos signos e dos síntomas expresados na demanda realizada.

Artigo 10º.-Módulos profesionais.

Os módulos profesionais deste ciclo formativo, que se desenvolven no anexo I deste decreto, son os que a continuación se relacionan:

-MP0052. Mantemento mecánico preventivo do vehículo.

-MP0053. Loxística sanitaria en emerxencias.

-MP0054. Dotación sanitaria.

-MP0055. Atención sanitaria inicial en situacións de emerxencia.

-MP0056. Atención sanitaria especial en situacións de emerxencia.

-MP0057. Evacuación e traslado de pacientes.

-MP0058. Apoio psicolóxico en situacións de emerxencia.

-MP0059. Plans de emerxencias e dispositivos de riscos previsibles.

-MP0060. Teleemerxencias.

-MP0061. Anatomofisioloxía e patoloxía básicas.

-MP0062. Formación e orientación laboral.

-MP0063. Empresa e iniciativa emprendedora.

-MPG003. Síntese de emerxencias sanitarias.

-MP0064. Formación en centros de traballo.

Artigo 11º.-Espazos e equipamentos.

1. Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas deste ciclo formativo son os establecidos no anexo II deste decreto.

2. Os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por diferentes grupos de alumnado que curse o mesmo ou outros ciclos formativos, ou etapas educativas.

3. Non cómpre que os espazos formativos identificados se diferencien mediante pechamentos.

Artigo 12º.-Profesorado.

1. A docencia dos módulos profesionais que constitúen as ensinanzas deste ciclo formativo correspóndelle ao profesorado do corpo de catedráticos de ensino secundario, do corpo de profesorado ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional, segundo proceda, das especialidades establecidas no anexo III A) deste decreto.

2. As titulacións requiridas para acceder aos corpos docentes citados son, con carácter xeral, as establecidas no artigo 13 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria decimo sétima da devandita lei. As titulacións equivalentes ás anteriores para efectos de docencia, para as especialidades do profesorado son as recollidas no anexo III B) deste decreto.

3. O profesorado especialista terá atribuída a competencia docente dos módulos profesionais especificados no anexo III A) deste decreto.

4. O profesorado especialista deberá cumprir os requisitos xerais exixidos para o ingreso na función pública docente establecidos no artigo 12 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o regulamento de ingreso, acceso e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da devandita lei.

5. Ademais, co fin de garantir que responda ás necesidades dos procesos involucrados no módulo profesional, cómpre acreditar no comezo de cada nomeamento unha experiencia profesional recoñecida no campo laboral correspondente, debidamente actualizada, con polo menos dous anos de exercicio profesional nos catro anos inmediatamente anteriores ao nomeamento.

6. As titulacións requiridas e calquera outro requisito para a impartición dos módulos profesionais que formen o título, para o profesorado dos centros de titularidade privada ou de titularidade pública doutras administracións distintas das educativas, concrétanse no anexo III C) deste decreto.

IV. Accesos e vinculación a outros estudos, e correspondencia de módulos profesionais coas unidades de competencia.

Artigo 13º.-Acceso a outros estudos.

1. Este título permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao medio, nas condicións de acceso que se establezan.

2. Este título permitirá acceder mediante proba, con dezaoito anos cumpridos, e sen prexuízo da correspondente exención, a todos os ciclos formativos de grao superior da mesma familia profesional e a outros ciclos formativos nos cales coincida a modalidade de bacharelato que facilite a conexión cos ciclos solicitados.

3. Este título permitirá o acceso a calquera das modalidades de bacharelato, de acordo co disposto no artigo 44.1º da Lei orgánica 2/2206, do 3 de maio, de educación, e no artigo 16.3º do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro.

Artigo 14º.-Validacións e exencións.

1. Serán obxecto de validación os módulos profesionais comúns a varios ciclos formativos, de igual denominación, duración, contidos, obxectivos expresados como resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación, establecidos nos reais decretos polos que se fixan as ensinanzas mínimas dos títulos de formación profesional. Malia o anterior, e consonte o artigo 45.2º do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, quen superara o módulo profesional de formación e orientación laboral, ou o módulo profesional de empresa e iniciativa emprendedora en calquera dos ciclos formativos correspondentes aos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, terá validados os devanditos módulos en calquera outro ciclo formativo establecido ao abeiro da mesma lei.

2. O módulo profesional de formación e orientación laboral de calquera título de formación profesional poderá ser obxecto de validación sempre que se cumpran os requisitos establecidos no artigo 45.3º do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, que se acredite polo menos un ano de experiencia laboral e se posúa o certificado de técnico en prevención de riscos laborais, nivel básico, expedido consonte o disposto no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento dos servizos de prevención.

3. De acordo co establecido no artigo 49 do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, poderá determinarse a exención total ou parcial do módulo profesional de formación en centros de traballo pola súa correspondencia coa experiencia laboral, sempre que se acredite unha experiencia relacionada con este ciclo formativo nos termos previstos no devandito artigo.

4. A unidade formativa equipos de traballo, dereito do traballo e da Seguridade Social e procura de emprego, pertencente ao módulo profesional de formación e orientación laboral, será validada co módulo profesional de formación e orientación laboral de calquera ciclo formativo de grao medio ou superior establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

5. A unidade formativa prevención de riscos laborais, pertencente ao módulo profesional de formación e orientación laboral, será validada co certificado de técnico en prevención de riscos laborais, nivel básico, expedido consonte o disposto no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento dos servizos de prevención.

Artigo 15º.-Correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación, validación ou exención.

1. A correspondencia das unidades de competencia cos módulos profesionais que forman as ensinanzas deste título para a súa validación ou exención queda determinada no anexo IV A) deste decreto.

2. A correspondencia dos módulos profesionais que forman as ensinanzas deste título coas unidades de competencia para a súa acreditación queda determinada no anexo IV B) deste decreto.

V. Organización da impartición.

Artigo 16º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse polo réxime ordinario segundo se establece no anexo V A) deste decreto.

2. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse polo réxime para as persoas adultas segundo se establece no anexo V B) deste decreto.

Artigo 17º.-Unidades formativas.

Consonte o artigo 9.2º do Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, e coa finalidade de facilitar a formación ao longo da vida e servir de referente para a súa impartición, establécese no anexo VI a división de determinados módulos profesionais en unidades formativas de menor duración.

Artigo 18º.-Módulo de síntese.

1. O módulo de síntese incluído no currículo deste ciclo formativo ten por finalidade a integración efectiva dos aspectos máis salientables das competencias profesionais, persoais e sociais características do título que se abordaron no resto dos módulos profesionais. Organizarase sobre a base da titoría individual e colectiva. A atribución docente será a cargo do profesorado que imparta docencia no ciclo formativo.

2. Desenvolverase logo da avaliación positiva de todos os módulos profesionais de formación no centro educativo, coincidindo coa realización dunha parte do módulo profesional de formación en centros de traballo e avaliarase unha vez cursado este, co obxecto de posibilitar a incorporación das competencias adquiridas nel.

Disposicións adicionais

Primeira.-Oferta nas modalidades semipresencial e a distancia deste título.

A impartición das ensinanzas dos módulos profesionais deste ciclo formativo nas modalidades semipresencial ou a distancia, que se ofrecerán unicamente polo réxime para as persoas adultas, requirirá a autorización previa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, conforme o procedemento que se estableza.

Segunda.-Titulacións equivalentes.

A formación establecida neste decreto no módulo profesional de formación e orientación laboral capacita para levar a cabo responsabilidades profesionais equivalentes ás que precisan as actividades de nivel básico en prevención de riscos laborais establecidas no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento dos servizos de prevención.

Terceira.-Regulación do exercicio da profesión.

De conformidade co establecido no Real decreto 1538/2006, do 15 de decembro, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, os elementos recollidos neste decreto non constitúen regulación do exercicio de profesión titulada ningunha.

Cuarta.-Accesibilidade universal nas ensinanzas deste título.

1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria garantirá que o alumnado poida acceder e cursar este ciclo formativo nas condicións establecidas na disposición derradeira décima da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.

2. As programacións didácticas que desenvolvan o currículo establecido neste decreto deberán ter en conta o principio de deseño para todos. Para tal efecto, recollerán as medidas necesarias co fin de que o alumnado poida conseguir a competencia xeral do título, expresada a través das competencias profesionais, persoais e sociais, así como os resultados de aprendizaxe de cada un dos módulos profesionais.

En calquera caso, estas medidas non poderán afectar de forma significativa a consecución dos resultados de aprendizaxe previstos para cada un dos módulos profesionais.

Quinta.-Autorización a centros privados para a impartición das ensinanzas reguladas neste decreto.

A autorización a centros privados para a impartición das ensinanzas deste ciclo formativo exixirá que desde o inicio do curso escolar se cumpran os requisitos de profesorado, espazos e equipamentos regulados neste decreto.

Sexta.-Desenvolvemento do currículo.

Os centros educativos desenvolverán este currículo de acordo co establecido no artigo 11 do Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo.

Sétima.-Efectos académicos das unidades formativas.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria determinará os efectos académicos da división dos módulos profesionais en unidades formativas ás cales se fai referencia no artigo 17º.

Oitava.-Organización da formación para o uso do desfibrilador semiautomático/automático externo.

Os centros educativos en que se imparta o ciclo formativo de grao medio de técnico en emerxencias sanitarias organizarán, coa colaboración da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os cursos de formación para a utilización e manexo de desfibriladores externos (automáticos/semiautomáticos) por persoal non médico, conforme o establecido no Decreto 99/2005, do 21 de abril.

Esta formación será impartida pola Fundación Pública Urgencias Sanitarias de Galicia-061. Podrá acceder a ela o alumnado proposto para a realización do módulo de formación en centros de traballo.

A formación permitirá acceder ás probas de avaliación convocadas por resolución da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade para a obtención do certificado individual acreditativo da formación para o manexo de desfibriladores externos por persoal non médico, nas condición que se determinan no artigo13 do Decreto 99/2005, do 21 de abril.

Disposición derrogatoria

Única.-Derrogación de normas.

Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Implantación das ensinanzas recollidas neste decreto.

1. No curso 2008-2009 implantarase o primeiro curso polo réxime ordinario.

2. No curso 2009-2010 implantarase o segundo curso polo réxime ordinario.

3. No curso 2008-2009 implantaranse as ensinanzas reguladas neste decreto polo réxime para as persoas adultas.

Segunda.-Desenvolvemento normativo.

Autorízase a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para ditar as disposicións que sexan necesarias para a execución e o desenvolvemento do establecido neste decreto.

Terceira.-Entrada en vigor.

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2008.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

1. ANEXO I

Módulos profesionais

1.1. Módulo profesional: mantemento mecánico preventivo do vehículo.

* Código: MP0052.

* Duración: 80 horas.

1.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

* RA1. Realiza operacións de mantemento básico do motor e dos seus sistemas auxiliares, analiza os seus principios de funcionamento e xustifica as actuacións de mantemento requiridas.

-CA1.1. Identificáronse as clases de motores e as súas partes.

-CA1.2. Describiuse o funcionamento e as características dos motores.

-CA1.3. Describiuse o funcionamento da distribución.

-CA1.4. Diferenciáronse os tipos de aceites.

-CA1.5. Explicáronse os compoñentes do sistema de refrixeración.

-CA1.6. Describiuse o funcionamento dos sistemas de alimentación, escape e arranque.

-CA1.7. Describíronse as avarías máis frecuentes do motor.

-CA1.8. Substituíronse elementos básicos do circuíto de refrixeración (radiador, termóstato, manguitos, etc.), comprobouse a ausencia de fugas e aplicáronse os pares de apertamento establecidos.

-CA1.9. Realizouse a substitución dos filtros do vehículo (de aire, de aceite, de gasóleo, etc.).

-CA1.10. Substituíronse as correas de servizo segundo as especificacións de fábrica.

* RA2. Realiza operacións de mantemento básico nos sistemas de transmisión de forza e trens de rodaxe, e analiza a súa misión, as súas características e o seu funcionamento.

-CA2.1. Describíronse as características e o funcionamento da transmisión.

-CA2.2. Enumeráronse os elementos e os tipos da suspensión.

-CA2.3. Describiuse o sistema de dirección e o seu funcionamento.

-CA2.4. Describíronse as avarías máis frecuentes relacionadas cos sistemas de transmisión e rodaxe.

-CA2.5. Determinouse o estado dos pneumáticos (debuxo, presións, etc.), os seus tipos e usos, e os compoñentes das rodas.

-CA2.6. Identificáronse e describíronse os conxuntos máis significativos do sistema de freada.

-CA2.7. Enumeráronse as operacións de mantemento dos sistemas de transmisión e de forza, e dos trens de rodaxe.

-CA2.8. Comprobouse o nivel e o estado dos fluídos do vehículo.

-CA2.9. Realizáronse os cambios de fluídos segundo o plan de mantemento do vehículo.

-CA2.10. Realizouse e xustificouse o procedemento de cambio de rodas.

CA2.11. Cubriranse os documentos das operacións de mantemento realizadas.

-CA2.12. Describíronse e aplicáronse os procedementos de prevención de riscos laborais.

* RA3. Efectúa pequenas operacións de mantemento básico na instalación eléctrica e diagnostica os seus compoñentes principais.

-CA3.1. Describíronse as principais magnitudes eléctricas e as súas unidades de medida.

-CA3.2. Identificouse o sistema de carga e arranque.

-CA3.3. Describíronse os sistemas auxiliares do vehículo.

-CA3.4. Verificouse a correcta alimentación dos equipamentos e dos elementos do habitáculo asistencial.

-CA3.5. Verificouse o funcionamento dos sinais acústicos e luminosos.

-CA3.6. Montáronse e desmontáronse elementos eléctricos do vehículo, faros, lámpadas, fusibles, motores do limpaparabrisas e as súas gomas, etc.

-CA3.7. Describíronse e aplicáronse os procedementos de prevención de riscos laborais.

-CA3.8. Comprobouse o funcionamento do sistema eléctrico reparado.

-CA3.9. Formalizáronse os documentos de operacións de mantemento.

* RA4. Verifica o estado operativo do vehículo e o seu equipamento, e relaciona a detección de avarías simples coa técnica de reparación.

-CA4.1. Verificouse o estado de operatividade do vehículo.

-CA4.2. Realizáronse as operacións de mantemento preventivo básico do vehículo e do seu equipamento segundo o plan establecido.

-CA4.3. Describíronse as principais avarías das partes e dos mecanismos do vehículo de xeito básico.

-CA4.4. Aplicáronse procedementos básicos para detectar avarías do vehículo.

-CA4.5. Identificáronse os equipamentos e os elementos que interveñen no sistema de comunicación do vehículo.

-CA4.6. Adoptáronse os procedementos de actuación e resolución axeitados en caso dunha determinada avaría do vehículo.

-CA4.7. Valorouse a importancia do mantemento periódico do vehículo para o seu correcto funcionamento.

-CA4.8. Respectáronse as normas ambientais durante a posta a punto e a reparación do vehículo, e clasificáronse os residuos para o seu tratamento.

1.1.2. Contidos básicos.

Operacións de mantemento básico do motor e dos seus sistemas auxiliares.

* Tipos e compoñentes de motores.

* Funcionamento dos motores. Elementos e mantemento básico.

* Sistema de lubricación: funcionamento e técnicas básicas de mantemento. Tipos de aceite.

* Sistema de alimentación: funcionamento e técnicas básicas de mantemento.

* Sistema de refrixeración: funcionamento e técnicas básicas de mantemento.

* Sistema de sobrealimentación e contaminación: funcionamento e técnicas básicas de mantemento.

* Sistemas de arranque: funcionamento e técnicas básicas de mantemento.

Mantemento básico de sistemas de transmisión de forzas e trens de rodaxe.

* Sistemas de freos.

* Sistemas antibloqueo.

* Freos e ralentizadores. Utilización combinada. Límites de utilización.

* Accións que se adoptarán en caso de fallo na freada.

* Embragues.

* Caixas de cambios.

* Diferenciais.

* Árbores de transmisión.

* Sistemas de control de tracción.

* Sistema de dirección: tipos, funcionamento e técnicas básicas de mantemento.

* Sistema de suspensión: tipos, funcionamento e técnicas básicas de mantemento.

Mantemento básico do sistema eléctrico e os seus circuítos.

* Corrente continua.

* Magnitudes e unidades.

* Aparellos de medida eléctricos.

* Elementos eléctricos de vehículo: faros, lámpadas, fusibles, motores do limpaparabrisas e gomas.

* Procesos de montaxe, desmontaxe e reparación.

* Fusibles e lámpadas.

* Control de parámetros.

* Elementos eléctricos, electrónicos e circuítos asociados aos sistemas.

Reparación das avarías simples no vehículo e no seu equipamento.

* Técnicas básicas de reparación de avarías de motores.

* Técnicas básicas de diagnóstico e reparación de circuítos de fluídos.

* Técnicas básicas de reparación da suspensión.

* Técnicas básicas de reparación da dirección e da transmisión.

* Técnicas básicas de reparación de freos.

* Técnicas básicas de diagnóstico e reparación de sistemas eléctricos e os seus circuítos.

* Técnicas básicas de reparación de equipamentos de comunicación.

* Clasificación e eliminación de residuos.

* Normas de seguridade e de protección ambiental.

1.1.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de mantemento preventivo do vehículo.

Esta función abrangue aspectos como:

-Mantemento de primeiro nivel.

-Supervisión funcional.

-Solución de continxencias que non precisen especialización.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

-Operatividade do vehículo.

-Operatividade dos sistemas de comunicación.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais i) e j) do ciclo formativo, e as competencias j) e q) do título.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Identificación e función dos elementos do vehículo.

-Diagnose preventiva e mantemento de primeiro nivel do vehículo.

1.2. Módulo profesional: loxística sanitaria en emerxencias.

* Código: MP0053.

* Duración: 160 horas.

1.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

* RA1. Propón despregamentos organizativos sanitarios en situacións de emerxencia, e identifica os sectores asistenciais e as estruturas despregadas.

-CA1.1. Describíronse os sistemas de protección civil, de emerxencias médicas e de axuda humanitaria internacional.

-CA1.2. Analizáronse os plans loxísticos aplicados en catástrofes que tiveron lugar.

-CA1.3. Definiuse a sectorización da zona de actuación de catástrofes e emerxencias.

-CA1.4. Describíronse os límites de cada sector asistencial e as súas funcións.

-CA1.5. Comprobáronse os recursos persoais e materiais existentes en cada área de traballo.

-CA1.6. Elixiuse o lugar do despregamento segundo as súas características e os factores que interveñen.

-CA1.7. Identificáronse posibles escenarios de emerxencias colectivas.

-CA1.8. Describíronse os procedementos para a montaxe dun hospital de campaña segundo as instrucións ou os protocolos establecidos.

-CA1.9. Describiuse o marco legal das actuacións en escenarios de emerxencia.

-CAI.10. Describíronse os procedementos de balizamento e sinalización.

-CA1.11. Identificáronse os recursos humanos e materiais necesarios en función do escenario.

-CA1.12. Definíronse as fases de alarma e aproximación.

* RA2. Estima o material de primeira intervención necesario para a asistencia, e relaciona a aplicación do material co tipo de emerxencia ou catástrofe.

-CA2.1. Identificouse a estrutura da cadea de mando e as súas funcións.

-CA2.2. Delimitouse o tipo e a cantidade de material sanitario en función da emerxencia ou catástrofe, e do emprazamento.

-CA2.3. Identificáronse as características técnicas dos contedores para utilizar en caso de catástrofes.

-CA2.4. Seleccionáronse os contedores para o transporte de material.

-CA2.5. Distribuíuse o material de primeira intervención atendendo ao código de cores recomendado pola Organización Mundial da Saúde.

-CA2.6. Realizouse un mapa da distribución do material de primeira intervención, segundo sectores, empregando as cores recomendadas pola Organización Mundial da Saúde.

-CA2.7. Incluíuse en cada contedor unha relación do material que conteña.

* RA3. Controla a subministración de recursos non sanitarios e analiza os protocolos de intervención nunha situación de emerxencia colectiva ou catástrofe.

-CA3.1. Definiuse o procedemento de abastecemento e xestión da auga en situacións de catástrofe.

-CA3.2. Describíronse os métodos de potabilización da auga e os de análise de potabilidade.

-CA3.3. Definiuse o procedemento de subministración e xestión de alimentos.

-CA3.4. Controlouse a caducidade, o correcto envasado e a almacenaxe dos produtos perecedoiros.

-CA3.5. Definiuse o procedemento de eliminación de excrecións e de xestión de residuos.

-CA3.6. Detalláronse os riscos relacionados coa subministración de auga e de víveres, e coa eliminación de residuos.

-CA3.7. Definíronse os fundamentos e os obxectivos do proceso de desinfección, desinsectación e desratización.

* RA4. Asegura as comunicacións analizando o funcionamento dos elementos dunha rede autónoma de comunicación.

-CA4.1. Identificáronse as necesidades de comunicación entre os operativos na área do suceso.

-CA4.2. Valoráronse as vías de comunicación que permitan manter canles operativas.

-CA4.3. Puxéronse en marcha e programáronse os equipamentos de comunicación.

-CA4.4. Estableceuse un sistema de comunicación compatible cos sistemas empregados polos grupos operativos que interveñen na catástrofe.

-CA4.5. Empregouse a linguaxe específica e as normas de comunicación segundo os protocolos establecidos.

-CA4.6. Emitiuse información clara e concisa para facilitar a comprensión da mensaxe.

-CA4.7. Describíronse os procedementos de comunicación cos centros de coordinación segundo os protocolos establecidos.

* RA5. Identifica os obxectivos e a función das noras de evacuación e participa na coordinación da evacuación das vítimas.

-CA5.1. Describíronse os obxectivos das noras de evacuación.

-CA5.2. Enumeráronse os tipos de noras de evacuación e describíronse as súas funcións.

-CA5.3. Identificáronse as condicións de utilización das UVI móbiles en situacións de catástrofe.

-CA5.4. Identificáronse as características do posto de carga de ambulancias e as funcións da persoa do posto de carga.

-CA5.5. Identificáronse e rexistráronse os datos necesarios para realizar a dispersión hospitalaria das persoas feridas que o precisen.

1.2.2. Contidos básicos.

Despregamentos organizativos sanitarios en situacións de emerxencia.

* Análise da actuación sanitaria na catástrofe.

* Modelos de sistemas de emerxencias sanitarias.

* Sistemas de protección civil.

* Plans loxísticos.

* Coordinación sanitaria en situacións de crise.

* Recoñecemento do escenario: fases de alerta, alarma e aproximación.

* Hospital de campaña e posto de mando avanzado: características e recursos.

* Marco legal da actuación no escenario de emerxencia.

* Balizamento da área de seguridade onde se despregue o operativo asistencial.

* Sectorización asistencial: área de seguridade, área de salvamento, área de socorro e área de base.

* Recursos persoais e materiais nas áreas de traballo.

* Factores para a elección do lugar do despregamento.

* Estruturas despregadas nos sectores asistenciais. Plan de emerxencias.

* Organización hospitalaria ante as catástrofes.

Estimación do material de primeira intervención.

* Estruturas sanitarias eventuais.

* Material sanitario de primeira intervención.

* Material loxístico.

Control de subministracións e residuos na zona de catástrofe.

* Xestión da auga de uso e consumo: potabilización.

* Xestión de víveres: control de existencias, conservación e repartición.

* Xestión de combustibles.

* Eliminación e tratamento de residuos.

* Desinfección, desinsectación e desratización.

* Custodia e conservación de cadáveres e restos humanos.

Mantemento das comunicacións.

* Procedementos de coordinación no centro receptor.

* Redes integradas de comunicacións sanitarias.

* Procedementos de coordinación na área de crise.

* Linguaxe e normas de comunicación.

* Composición e funcionamento de emisoras, estacións e radios.

* Composición e funcionamento de telefonía móbil e vía satélite.

Coordinación da evacuación de vítimas.

* Noras de evacuación.

* Tipos de noras.

* Utilización das UVI móbiles en situacións de catástrofe.

* Posto de carga de ambulancias (PCAMB).

* Control do fluxo de ambulancias.

* Rexistro de datos para a dispersión hospitalaria de persoas feridas e cadáveres.

* Organización da resposta hospitalaria.

1.2.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de loxística, prevención, seguridade e protección de soporte asistencial.

Esta función abrangue aspectos como:

-Prevención de riscos.

-Protección fronte a riscos.

-Actuación ante emerxencias ou accidentes.

-Almacenaxe e conservación de existencias.

-Xestión dos residuos que se produzan.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións aplícanse en:

-Traslado de persoas doentes.

-Atención a vítimas: soporte vital e evacuación.

-Xestión da área de catástrofe consonte protocolos de operatividade, seguridade e hixiene establecidos.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais l), m), p), q) e r) do ciclo formativo, e as competencias h), l), n) e r) do título.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:

-Identificación de situacións de risco e perigos potenciais para o equipo de intervención.

-Aplicación de procedementos de balizamento e sinalización.

-Preparación e organización do material transportable de primeira intervención.

-Xestión da auga e dos víveres na área de catástrofes, consonte as necesidades estimadas.

1.3. Módulo profesional: dotación sanitaria.

* Código: MP0054.

* Duración: 107 horas.

1.3.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

* RA1. Identifica os tipos de transporte sanitario e de vehículos asistenciais, e realiza o mantemento básico da dotación sanitaria do vehículo.

-CA1.1. Diferenciáronse os tipos de transporte sanitario e de vehículos asistenciais.

-CA1.2. Interpretáronse e executáronse as recomendacións de fábrica.

-CA1.3. Clasificouse a dotación material do vehículo, segundo o nivel asistencial e o plan de mantemento.

-CA1.4. Verificouse a funcionalidade dos equipamentos sanitarios e de autoprotección.

-CA1.5. Verificouse a funcionalidade dos sistemas de comunicacións.

-CA1.6. Aplicáronse as instrucións dos fabricantes relativas ao mantemento básico da dotación.

-CA1.7. Demostrouse autonomía na resolución de continxencias relacionadas co funcionamento dos equipamentos.

-CA1.8. Clasificáronse os medios e os procedementos de prevención e de protección, en función dos factores e das situacións de risco laboral no seu ámbito de traballo.

-CA1.9. Interpretáronse os sinais de protección e as normas de seguridade e hixiene.

* RA2. Controla as existencias e os materiais do vehículo sanitario, e identifica as súas características e as necesidades de almacenaxe.

-CA2.1. Definíronse as situacións de emerxencia e catástrofe que requiren material sanitario na preparación loxística.

-CA2.2. Identificáronse os documentos de control das existencias de almacén.

-CA2.3. Asociouse cada tipo de documento co obxectivo desempeñado no funcionamento do almacén.

-CA2.4. Comprobouse a caducidade dos fármacos, e a do material funxible e de cura, e retirouse o caducado.

-CA2.5. Identificáronse e rexistráronse as necesidades de reposición.

-CA2.6. Cubríronse as ordes de pedido, con precisión do tipo de material, o axente e a unidade ou empresa subministradora.

-CA2.7. Efectuouse a reposición conforme as condicións de conservación do material, segundo as súas características e as necesidades de almacenaxe.

-CA2.8. Utilizouse a aplicación informática para a xestión do almacén.

-CA2.9. Comprobouse a cantidade de oxíxeno das balas do vehículo e, se o nivel non era o axeitado, efectuouse a súa reposición.

-CA2.10. Xustificouse o óptimo aproveitamento dos recursos materiais.

* RA3. Aplica as técnicas de limpeza, desinfección e esterilización segundo o procedemento e as medidas de seguridade establecidas.

-CA3.1. Elimináronse os residuos orgánicos e inorgánicos derivados da actividade sanitaria.

-CA3.2. Utilizáronse contedores correspondentes ao tipo de residuos.

-CA3.3. Clasificáronse os procedementos de limpeza, desinfección, embolsamento e esterilización.

-CA3.4. Relacionáronse os procedementos de limpeza, desinfección e esterilización coa súa aplicación sobre os tipos de material.

-CA3.5. Identificáronse os perigos da manipulación de produtos de limpeza, esterilización e desinfección.

-CA3.6. Preparáronse as solucións para a limpeza e a desinfección do material, segundo o seu tipo e as súas características.

-CA3.7. Realizouse a limpeza, a desinfección e a esterilización do material sanitario e do habitáculo asistencial, tras unha actuación.

-CA3.8. Organizouse e colocouse o material do vehículo ao terminar a súa limpeza e a súa desinfección.

* RA4. Cobre a documentación clínica e non clínica da súa competencia, e comproba a información que deba figurar en relación coa súa utilidade.

-CA4.1. Identificáronse os tipos de documentos clínicos.

-CA4.2. Identificáronse a función e as vías de tramitación dos documentos clínicos.

-CA4.3. Identificouse o informe de asistencia da realización de manobras de soporte vital básico coa información que cumpra incluír.

-CA4.4. Cubriuse o documento de desexo de non traslado e transmitiuse a información.

-CA4.5. Identificouse a documentación preceptiva do vehículo asistencial: formularios, partes de asistencia, autorizacións e permisos legais, etc.

-CA4.6. Valorouse a importancia da documentación como elemento clave da trazabilidade do proceso de asistencia.

-CA4.7. Manexouse a documentación e a información cumprindo a lexislación de protección de datos, e a de dereitos e deberes dos pacientes.

1.3.2. Contidos básicos.

Mantemento básico da atención sanitaria.

* Tipos de transporte sanitario: primario e secundario. Transferencia en ruta.

* Vehículos: básicos, asistenciais, medicalizados, colectivos e de servizos sanitarios.

* Características técnicas, equipamento sanitario e dotación de material dos vehículos de transporte sanitario.

* Características do habitáculo sanitario.

* Características diferenciais básicas do transporte sanitario.

* Clasificación dos medios materiais sanitarios.

* Funcionalidade dos equipamentos.

* Material sanitario de asistencia ante una emerxencia e ante unha catástrofe.

* Prevención de riscos laborais nas operacións de mantemento das condicións sanitarias do contorno do paciente, e do material e os equipamentos sanitarios do vehículo.

* Sistemas de seguridade aplicados aos equipamentos electromédicos.

* Equipamentos de protección individual e de seguridade.

Control de existencias da dotación material sanitaria do vehículo.

* Dotación de material sanitario na unidade asistencial.

* Sistemas de almacenaxe.

* Elaboración de fichas de almacén e inventario.

* Aplicacións informáticas de xestión e control de almacén.

* Normas de seguridade e hixiene aplicadas en almacéns de institucións e empresas sanitarias.

Mantemento das condicións sanitarias do material, do equipamento e do habitáculo do vehículo asistencial.

* Material dun só uso e reutilizable.

* Recollida selectiva dos residuos biosanitarios e perigosos específicos da actividade.

* Limpeza e desinfección do material sanitario.

* Procedemento de limpeza e desinfección.

* Esterilización do material.

* Procedemento de esterilización.

* Criterios de verificación e acondicionamento.

* Fumigación.

* Cumprimento da normativa de protección ambiental.

Formalización da documentación sanitaria e administrativa.

* Documentos clínicos.

* Documentos non clínicos.

* Documentación legal do vehículo.

* Documentos de obxectos persoais, folla de reclamacións e negación ao traslado.

* Relación da documentación co control de calidade e coa trazabilidade.

* Normativa de protección de datos.

* Dereitos e deberes dos pacientes.

Garantía de calidade.

* Control de calidade.

* Avaliación da calidade interna e da calidade percibida.

* Lexislación aplicable á garantía de calidade.

1.3.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de mantemento de material sanitario.

Esta función abrangue aspectos como:

-Supervisión funcional de equipamentos.

-Mantemento de primeiro nivel.

-Solución de continxencias que non precisen especialización.

-Limpeza e conservación de máquinas e equipamentos.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións aplícanse en:

-Traslado de persoas doentes.

-Atención a vítimas: soporte vital e evacuación.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais j) e k) do ciclo formativo, e as competencias g), h), i) e q) do título.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Mantemento da operatividade da unidade asistencial.

-Determinación do tipo e da cantidade de material sanitario necesario para a asistencia ante unha catástrofe ou emerxencia.

-Recoñecemento do ámbito normativo de intervención observando actuacións relativas a:

-Aplicación das normas de seguridade e das medidas de protección persoal, colectiva e ambiental.

-Aplicación de criterios de calidade en cada fase da intervención.

1.4. Módulo profesional: atención sanitaria inicial en situacións de emerxencia.

* Código: MP0055

* Duración: 266 horas

1.4.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

* RA1. Recoñece os signos de compromiso vital en relación co estado do paciente.

-CA1.1. Describíronse os procedementos para verificar a permeabilidade das vías aéreas.

-CA1.2. Identificáronse as condicións de funcionamento axeitadas da ventilación e da oxixenación.

-CA1.3. Describiuse a fisioloxía do sangue e a coagulación.

-CA1.4. Describíronse e executáronse os procedementos de actuación en caso de hemorraxias.

-CA1.5. Describíronse procedementos para avaliar o estado neurolóxico do paciente.

-CA1.6. Tomáronse as constantes vitais e rexistráronse.

-CA1.7. Identificouse a secuencia de actuación segundo o protocolo establecido polo Comité Internacional de Coordinación sobre Reanimación (ILCOR).

-CA1.8. Actuouse con eficiencia e firmeza, e amosouse seguridade no control da situación.

* RA2. Aplica técnicas de soporte vital básico segundo a idade do paciente, e descríbeas en relación co obxectivo procurado.

-CA2.1. Definíronse os elos da cadea de supervivencia.

-CA2.2. Describíronse os fundamentos da reanimación cardiopulmonar (RCP) básica e instrumental.

-CA2.3. Aplicáronse técnicas de apertura da vía aérea.

-CA2.4. Aplicáronse técnicas de soporte ventilatorio.

-CA2.5. Aplicáronse técnicas de soporte circulatorio.

-CA2.6. Realizouse desfibrilación externa semiautomática.

-CA2.7. Aplicáronse medidas posteriores á reanimación.

-CA2.8. Aplicáronse normas e protocolos de seguridade e de autoprotección persoal.

-CA2.9. Valoráronse con rigor as circunstancias de cesamento da RCP.

* RA3. Aplica criterios de clasificación de vítimas, e relaciona os recursos existentes coa gravidade e a coa probabilidade de supervivencia.

-CA3.1. Definiuse o concepto de triaxe.

-CA3.2. Explicáronse os obxectivos da primeira e segunda triaxe.

-CA3.3. Explicáronse os métodos de triaxe inicial clasificados segundo o seu fundamento operativo.

-CA3.4. Aplicouse un método de triaxe simple para facer a primeira clasificación das vítimas.

-CA3.5. Describiuse a codificación e a estrutura das tarxetas de triaxe.

-CA3.6. Describíronse os métodos de identificación das vítimas.

-CA3.7. Déuselle prioridade á evacuación das vítimas e seleccionouse o medio de transporte axeitado.

-CA3.8. Tomáronse decisións eficientes con rapidez.

* RA4. Clasifica as accións terapéuticas na atención a múltiples vítimas en relación coas principais lesións, segundo o tipo de suceso.

-CA4.1. Identificouse o ámbito de intervención.

-CA4.2. Valorouse a información para iniciar o proceso asistencial.

-CA4.3. Describíronse os obxectivos terapéuticos xerais na medicina de catástrofe.

-CA4.4. Explicáronse as accións terapéuticas que se executan en cada sector asistencial.

-CA4.5. Relacionouse a natureza da catástrofe cos mecanismos lesionais.

-CA4.6. Describíronse as principais lesións segundo o tipo de catástrofe.

-CA4.7. Definiuse a cadea de supervivencia e precisouse a utilidade de cada un dos seus elos.

-CA4.8. Describíronse os procedementos para a montaxe dun hospital de campaña.

-CA4.9. Relacionouse a información recibida co procedemento de intervención.

1.4.2. Contidos básicos.

Recoñecemento dos signos de compromiso vital.

* Fisiopatoloxía do proceso respiratorio.

* Fisiopatoloxía da circulación.

* Fisiopatoloxía neurolóxica: alteracións do nivel de consciencia.

* Signos de compromiso vital en persoas adultas, de idade infantil e lactantes.

* Proceso de valoración ABC (Airway Breathing Circulation).

* Toma de constantes vitais.

* Valoración do estado neurolóxico: escala AVDN e escala de Glasgow.

* Protocolos de exploración.

* Actuación con seguridade e demostración de autoconfianza.

Aplicación de técnicas de soporte vital básico.

* Parada cardiorrespiratoria.

* Control da permeabilidade das vías aéreas.

* Técnicas de apertura da vía aérea.

* Técnicas de limpeza e desobstrución da vía aérea.

* Electrofisioloxía cardíaca básica. Trastornos do ritmo.

* RCP pediátrica e en persoas adultas, básica e instrumental.

* Indicacións do soporte ventilatorio.

* Permeabilización da vía aérea con dispositivos orofarínxeos.

* Desfibrilación externa semiautomática (DESA).

* Medidas posteriores á reanimación.

* Aplicación de normas e protocolos de seguridade e de autoprotección.

* Normativa específica de DESA e RCP.

Clasificación das vítimas.

* Triaxe.

* Obxectivos e principios sanitarios da triaxe.

* Primeira e segunda triaxe.

* Posto de triaxe.

* Valoración por criterios de gravidade.

* Clasificación de métodos de triaxe inicial segundo o seu fundamento operativo.

* Categorización das vítimas e procedemento de etiquetaxe.

* Codificación e estrutura das tarxetas de triaxe.

* Toma de decisións con rapidez.

Clasificación das accións terapéuticas na atención a múltiples vítimas.

* Urxencia e emerxencia.

* Sistema integral de urxencias e emerxencias (SIE).

* Decálogo prehospitalario.

* Cadea de supervivencia.

* Mecanismos lesionais segundo a natureza da catástrofe.

* Obxectivos terapéuticos xerais na medicina de catástrofe.

* Obxectivos terapéuticos nas áreas de rescate, socorro e base.

1.4.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de prestación do servizo.

Esta función abrangue aspectos como:

-Verificación da existencia e do estado do material necesario.

-Execución do soporte vital básico.

-Cumprimento dos protocolos normalizados de traballo.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións aplícanse en atención a vítimas.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais c), d), e) e o) do ciclo formativo, e as competencias b), c), k), o) e q) do título.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Identificación de signos de compromiso vital.

-Aplicación de técnicas de soporte vital básico segundo o protocolo de actuación.

-Aplicación de criterios de clasificación relacionados cos recursos existentes e coa gravidade e o prognóstico das vítimas.

-Identificación das principais lesións en función do tipo de catástrofe.

-Detección de erros na aplicación de técnicas de soporte vital básico.

1.5. Módulo profesional: atención sanitaria especial en situacións de emerxencia.

* Código: MP0056.

* Duración: 227 horas.

1.5.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

* RA1. Realiza operacións de apoio ao equipo de saúde no soporte vital avanzado en relación coas patoloxías de emerxencia.

-CA1.1. Identificouse o material de emerxencias.

-CA1.2. Describiuse a utilidade, o funcionamento e o manexo dos equipamentos electromédicos.

-CA1.3. Clasificáronse os equipamentos e o material segundo as situacións de emerxencia.

-CA1.4. Seleccionouse o material necesario para a ventilación mecánica.

-CA1.5. Colaborouse na apertura e no mantemento da vía aérea.

-CA1.6. Seleccionouse o material necesario para coller unha vía venosa.

-CA1.7. Colaborouse na canalización da vía venosa.

-CA1.8. Seleccionouse e preparouse o material e os equipamentos de monitorización.

-CA1.9. Seleccionouse e preparouse o material para a realización do rexistro electrocardiográfico.

-CA1.10. Determinouse a saturación de oxíxeno do paciente por pulsioximetría.

* RA2. Realiza operacións de preparación e administración da medicación de emerxencia, tendo en conta as especificacións farmacéuticas.

-CA2.1. Identificouse a medicación de emerxencia de uso máis frecuente.

-CA2.2. Analizáronse as indicacións da medicación nas situacións de emerxencia sanitaria.

-CA2.3. Enumeráronse os efectos adversos da medicación de uso máis frecuente.

-CA2.4. Enumeráronse as vías de administración.

-CA2.5. Realizouse a preparación da medicación segundo a vía de administración.

-CA2.6. Administrouse a medicación sobre manequíns de adestramento.

* RA3. Efectúa procedementos para lles prestar atención a pacientes con lesións por traumatismos e outros axentes físicos, segundo os protocolos de actuación.

-CA3.1. Valorouse a necesidade de actuar con eficacia para evitar aumento de morbimortalidade.

-CA3.2. Describíronse os procedementos para a valoración primaria e secundaria da persoa accidentada.

-CA3.3. Identificáronse as lesións atendendo á biomecánica dos traumatismos.

-CA3.4. Aplicáronse os protocolos de limpeza e desinfección das feridas.

-CA3.5. Describíronse os tipos de vendaxe en relación coa súa función.

-CA3.6. Realizáronse vendaxes adaptadas á localización da lesión.

-CA3.7. Realizáronse os coidados iniciais ante un paciente con lesións por outros axentes físicos (radiacións, electricidade, conxelacións, etc.).

-CA3.8. Valorouse a gravidade das queimaduras atendendo á súa profundidade e á súa extensión.

* RA4. Aplica os procedementos para lles prestar atención a pacientes con lesións por axentes químicos e biolóxicos, segundo os protocolos de actuación.

-CA4.1. Clasificáronse os axentes tóxicos.

-CA4.2. Relacionáronse os axentes tóxicos cos seus efectos nocivos.

-CA4.3. Describíronse as medidas iniciais ante un paciente intoxicado dependendo da natureza, da cantidade e da vía de entrada do axente tóxico.

-CA4.4. Clasificáronse os axentes biolóxicos.

-CA4.5. Relacionáronse as vías de exposición e as lesións que producen.

-CA4.6. Especificouse a utilidade dos materiais e dos equipamentos de bioseguridade.

-CA4.7. Describiuse a técnica de descontaminación.

-CA4.8. Tívose en conta a seguridade para a propia vida na intervención.

-CA4.9. Identificáronse os signos e os síntomas das lesións producidas por animais.

* RA5. Aplica os procedementos para lles prestar atención a pacientes con patoloxía orgánica de urxencia, segundo os protocolos de actuación.

-CA5.1. Describiuse a patoloxía cardiovascular de urxencia.

-CA5.2. Analizouse o algoritmo de actuación nas emerxencias cardiovasculares.

-CA5.3. Describiuse a patoloxía respiratoria de urxencia.

-CA5.4. Especificáronse os protocolos de actuación nas emerxencias respiratorias.

-CA5.5. Describiuse a patoloxía dixestiva de urxencia.

-CA5.6. Especificáronse os protocolos de actuación nas emerxencias dixestivas.

-CA5.7. Describiuse a patoloxía urxente dos órganos dos sentidos.

-CA5.8. Especificáronse os algoritmos de actuación nas emerxencias dos órganos dos sentidos.

-CA5.9. Describiuse a patoloxía neurolóxica de urxencia.

-CA5.10. Analizouse o protocolo de actuación nas emerxencias neurolóxicas.

* RA6. Intervén en situacións de parto inminente, analiza os síntomas que presenta a embarazada e describe os procedementos de actuación.

-CA6.1. Enumeráronse as fases do parto.

-CA6.2. Describíronse os signos de parto inminente.

-CA6.3. Identificáronse e aplicáronse as manobras de apoio ao parto, na fase de expulsión e na de libramento.

-CA6.4. Identificáronse os coidados iniciais do neonato e da nai.

-CA6.5. Preparáronse os equipamentos e materiais para lles prestar os coidados iniciais á nai e ao neonato.

-CA6.6. Identificáronse os principios de hixiene para evitar a aparición de infeccións e aplicáronse no suposto práctico.

-CA6.7. Recoñecéronse complicacións na evolución inicial do parto.

1.5.2. Contidos básicos.

Aplicación de técnicas de soporte vital avanzado.

* Indicacións para a administración de oxíxeno medicinal.

* Dispositivos de administración de oxíxeno medicinal.

* Cálculo de consumo de oxíxeno.

* Recoñecemento e uso de material e equipamentos electromédicos.

* Técnicas de hemostasia.

* Particularidades do soporte vital avanzado en pediatría.

Administración de medicamentos de emerxencia.

* Vías de administración.

* Fármacos utilizados.

* Preparación da medicación.

* Recoñecemento e uso de material.

* Precaucións no uso do material.

Atención sanitaria en lesións por traumatismos e por axentes físicos.

* Traumatismos.

-Biomecánica do trauma.

-Estimación inicial e secundaria.

-Politraumatizado.

-Traumatismos cranioencefálicos.

-Atención médica en explosións.

-Vendaxes: indicacións e tipos.

-Técnicas de realización de vendaxes.

-Coidado e manexo de lesións cutáneas.

-Limpeza e desinfección de feridas.

-Control de hemorraxias.

* Lesións por calor e por frío.

-Queimaduras.

-Golpe de calor.

-Hipertermia.

-Hipotermia.

-Conxelación.

-Protocolos de actuación.

* Lesións por electricidade.

-Factores determinantes da lesión eléctrica.

-Mecanismos de lesión.

-Alteracións patolóxicas segundo a localización.

-Protocolos de actuación en electrocución.

* Lesións por radiacións.

-Contaminación.

-Incorporación.

-Irradiación.

-Medidas de protección.

-Técnicas de descontaminación.

Atención sanitaria en lesións por axentes químicos e biolóxicos.

* Tipos de axentes químicos.

-Vías de entrada e lesións.

-Avaliación do paciente con intoxicación.

-Actuacións segundo o tóxico e a vía de entrada.

* Tipos de axentes biolóxicos.

-Vías de transmisión e lesións.

-Técnicas de descontaminación e equipamentos de desinfección.

-Actuación segundo o axente biolóxico e a vía de entrada.

* Mordeduras e picaduras.

* Medidas de prevención e equipamentos de protección para evitar lesións por axentes químicos e biolóxicos

* Actuación eficiente e segura para evitar a propagación do axente químico e/ou biolóxico e que cause danos ao ambiente.

Atención sanitaria ante patoloxía orgánica de urxencia.

* Trastornos cardiovasculares de urxencia: cardiopatía isquémica e insuficiencia cardíaca aguda.

* Protocolos de actuación ante patoloxía cardiovascular de urxencia.

* Patoloxía respiratoria de urxencia: pneumotórax, embolia pulmonar e asma bronquial.

* Protocolos de actuación ante patoloxía respiratoria de urxencia.

* Patoloxía dixestiva de urxencia: hemorraxias dixestivas e pancreatite aguda.

* Algoritmos de actuación ante a patoloxía dixestiva de urxencia.

* Patoloxía de urxencia dos órganos dos sentidos.

* Algoritmos de actuación ante a patoloxía de urxencia dos órganos dos sentidos.

* Alteracións neurolóxicas de urxencia: accidente vascular cerebral (ACV), convulsións e coma.

Actuación inicial no parto inminente.

* Fases do parto.

* Complicacións.

* Signos e síntomas de parto inminente.

* Manobras de soporte ao parto.

* Atención ao neonato e á nai.

* Normas de hixiene e prevención de infeccións.

* Traslado de nai e neonato ao centro sanitario.

1.5.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de prestación do servizo e control de calidade.

As funcións de prestación do servizo e control de calidade abranguen aspectos como:

-Verificación da existencia e do estado do material necesario.

-Concreción e caracterización dos protocolos normalizados de traballo.

-Aplicación de técnicas de apoio ao soporte vital avanzado e outras situacións de emerxencia.

-Cumprimento dos protocolos normalizados de traballo.

-Avaliación das actividades e dos resultados.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións aplícanse en:

-Apoio ao soporte vital avanzado.

-Atención sanitaria en situacións especiais.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais f), o) e s) do ciclo formativo, e as competencias b), c), d), k), o) e r) do título.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Identificación e verificación funcional dos equipamentos electromédicos.

-Identificación do material e descrición do seu uso.

-Valoración do estado do paciente, recoñecendo os signos de gravidade.

-Preparación de medicamentos segundo a vía de administración.

-Aplicación de técnicas de vendaxes.

-Aplicación de técnicas de control de hemorraxias.

-Aplicación de coidados iniciais a pacientes en diferentes situacións de emerxencia.

-Aplicación das normas de hixiene e prevención de infeccións.

-Aplicación de manobras de apoio ao parto atendendo ao neonato e á nai.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de prestación do servizo e control de calidade.

As funcións de prestación do servizo e control de calidade abranguen aspectos como:

-Verificación da existencia e do estado do material necesario.

-Concreción e caracterización dos protocolos normalizados de traballo.

-Aplicación de técnicas de apoio ao soporte vital avanzado e outras situacións de emerxencia.

-Cumprimento dos protocolos normalizados de traballo.

-Avaliación das actividades e dos resultados.

1.6. Módulo profesional: evacuación e traslado de pacientes.

* Código: MP0057.

* Duración: 245 horas.

1.6.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

* RA1. Acondiciona espazos de intervención, e analiza as características de contornos típicos de actuación.

-CA1.1. Clasificáronse as situacións de emerxencia e avaliáronse os riscos para as vítimas e para os equipamentos de actuación.

-CA1.2. Describíronse os métodos e os materiais de seguridade e balizamento.

-CA1.3. Realizouse o balizamento da zona do incidente.

-CA1.4. Identificouse a situación de risco previo ao inicio da asistencia sanitaria.

-CA1.5. Elixiuse o emprazamento do vehículo na posición e na distancia axeitadas para protexer as vítimas e a unidade asistencial.

-CA1.6. Aplicáronse os procedementos de estabilización básica dun vehículo.

-CA1.7. Dividíronse os sectores asistenciais con base na súa funcionalidade.

-CA1.8. Describíronse e seleccionáronse os métodos de acceso a un paciente no interior dun vehículo, dunha vivenda ou dun local, ou dunha zona ao aire libre.

-CA1.9. Identificáronse os procedementos de comunicación cos medios de rescate ante a imposibilidade de acceso seguro ao paciente.

-CA1.10. Establecéronse as correspondentes noras de evacuación.

* RA2. Aplica procedementos de inmobilización e mobilización de pacientes, tras seleccionar as técnicas e os medios materiais necesarios.

-CA2.1. Identificáronse os medios materiais de inmobilización e mobilización das unidades asistenciais.

-CA2.2. Describíronse os métodos de inmobilización segundo as potenciais lesións da persoa accidentada e as circunstancias do accidente.

-CA2.3. Aplicáronse técnicas de inmobilización preventiva do paciente.

-CA2.4. Realizáronse operacións de traslado de pacientes desde o lugar do suceso ao vehículo de transporte.

-CA2.5. Describíronse as medidas posturais para lle aplicar ao paciente sobre a padiola.

-CA2.6. Describíronse os procedementos para asegurar unha maior confortabilidade do paciente durante o traslado na padiola da unidade asistencial.

-CA2.7. Recoñecéronse e fixáronse todos os elementos susceptibles de desprazarse e producir un dano durante o traslado.

-CA2.8. Describiuse a información que se lles debe proporcionar ao paciente e á súa familia sobre a posibilidade de uso dos sinais acústicos, o tempo aproximado de traslado e o hospital de destino.

* RA3. Aplica técnicas de condución simulada, e relaciona o risco de agravamento das lesións do paciente coas estratexias de condución.

-CA3.1. Identificouse a información para o traslado do paciente ao centro sanitario de destino.

-CA3.2. Seleccionouse a ruta en función do estado do paciente.

-CA3.3. Tivéronse en conta os criterios de proximidade, estado da vía, saturación do tránsito e condicións climáticas.

-CA3.4. Identificáronse as repercusións orgánicas que un traslado inadecuado pode ter na saúde do paciente.

-CA3.5. Describíronse as principais causas de accidentes en vehículos asistenciais.

-CA3.6. Realizáronse nun circuíto pechado as manobras de condución, aceleración, desaceleración e xiro, evitando o risco de agravamento das lesións e posibles lesións secundarias do paciente, conforme a normativa.

-CA3.7. Valorouse o uso dos sinais luminosos e acústicos segundo o estado de saúde do paciente e as condicións da vía.

-CA3.8. Estableceuse o proceso de avaliación continua do estado do paciente.

-CA3.9. Describíronse as condicións psicofísicas óptimas da condución.

* RA4. Transfire o paciente e transmite os datos salientables do seu estado inicial, das incidencias observadas e dos coidados prestados durante o traxecto.

-CA4.1. Identificouse a figura responsable da recepción do paciente.

-CA4.2. Verificáronse os datos de identificación e o resultado da valoración do paciente.

-CA4.3. Identificáronse as continxencias ocorridas durante o desprazamento ao centro asistencial.

-CA4.4. Identificáronse e aplicáronse os procedementos de comunicación co centro asistencial.

-CA4.5. Realizouse o informe de asistencia inicial e traslado.

-CA4.6. Utilizouse o sistema de clasificación internacional de doenzas (CID) na emisión do informe baseado en signos e síntomas do paciente.

-CA4.7. Elaborouse o informe para o responsable da triaxe hospitalaria.

-CA4.8. Identificáronse e aplicáronse os procedementos de comunicación da información relacionada co traslado.

-CA4.9. Definíronse os aspectos éticos e legais relacionados co segredo profesional.

-CA4.10. Detalláronse os tipos de responsabilidade legal.

1.6.2. Contidos básicos.

Acondicionamento de espazos de intervención e aplicación de técnicas de excarceración.

* Situacións de emerxencia e zona de actuación.

* Técnicas de protección da zona co vehículo asistencial.

* Material para xerar un contorno seguro na asistencia.

* Técnicas de situación, sinalización e balizamento.

* Sectores asistenciais funcionais: área de salvamento, área de socorro e área de base.

* Identificación dos riscos da actividade profesional.

* Equipamentos de protección individual.

* Procedementos ante riscos nucleares, radioactivos, biolóxicos e químicos (NRBQ).

* Técnicas de excarceración.

-Técnicas de estabilización do vehículo accidentado.

-Medidas de seguridade.

-Procedementos de actuación conxunta con outros servizos de seguridade.

-Material de excarceración.

-Técnicas de excarceración con medios de fortuna.

-Material de rescate.

-Técnicas básicas de rescate.

Procedementos de mobilización e inmobilización.

* Mobilización de pacientes.

-Indicación de técnicas de mobilización urxente.

-Material de mobilización.

-Técnicas de mobilización urxente sen material, en situación de risco.

-Técnicas de mobilización con material.

-Transferencia dun paciente dunha padiola a outra.

* Inmobilización de pacientes.

-Fundamentos de actuación ante as fracturas.

-Indicación de técnicas de inmobilización.

-Material de inmobilización.

-Técnicas xerais de inmobilización.

-Técnicas de inmobilización con medios de fortuna.

-Fisiopatoloxía do transporte sanitario.

-Concepto e fundamento da fisiopatoloxía do transporte sanitario.

-Posición do paciente na padiola segundo a súa patoloxía.

-Condución do vehículo segundo a patoloxía.

-Medidas de confort e seguridade no traslado.

Condución e seguridade viaria.

* Conceptos básicos.

* Normativa reguladora.

* Normativa específica para vehículos prioritarios.

* Planos, mapas e vías de comunicación.

* Técnicas de condución de vehículos prioritarios.

* Técnicas de condución en situacións climatolóxicas adversas.

* Técnicas de condución ante problemas mecánicos.

* Condicións psicofísicas da condución.

Transferencia do paciente.

* Concepto e obxectivo da transferencia de pacientes.

* Transferencia verbal e documentada.

* Datos da actuación, operativos e de filiación do paciente.

* Tipos de informes de asistencia de transporte sanitario.

* Codificación de síntomas e signos segundo a clasificación internacional de doenzas (CID).

* Área de urxencia. Triaxe hospitalaria.

* Funcións do profesional.

* Responsabilidade legal.

* Documentación asistencial e non asistencial con relevancia legal.

1.6.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén as especificacións de formación asociadas ás funcións de prestación do servizo, prevención, seguridade e protección e control de calidade.

Estas funcións abranguen aspectos como:

-Concreción e caracterización dos protocolos normalizados de traballo.

-Traslado de pacientes.

-Elaboración dos documentos asociados.

-Solución de continxencias que non precisen especialización.

-Prevención e protección fronte aos riscos.

-Actuación ante emerxencias ou accidentes laborais segundo plans establecidos.

-Cumprimento de protocolos normalizados de traballo.

-Control técnico do proceso.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse nas técnicas de inmobilización, mobilización e traslado de pacientes.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a) e b) do ciclo formativo, e as competencias a) e k) do título.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Selección e aplicación de métodos de seguridade e balizamento.

-Aplicación de manobras básicas de excarceración.

-Inmobilización e mobilización para o traslado da persoa accidentada.

-Condución adaptada ás necesidades do paciente e en situacións adversas.

-Identificación de datos relevantes na transferencia do paciente.

-Codificación de síntomas e signos segundo a clasificación internacional de doenzas (CID).

1.7. Módulo profesional: apoio psicolóxico en situacións de emerxencia.

* Código: MP0058.

* Duración: 53 horas.

1.7.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

* RA1. Recoñece as disfuncións do comportamento tendo en conta os principios da psicoloxía xeral.

-CA1.1. Clasificáronse os tipos de personalidade.

-CA1.2. Identificáronse as etapas no desenvolvemento da personalidade.

-CA1.3. Diferenciáronse as teorías sobre o desenvolvemento da personalidade.

-CA1.4. Establecéronse os mecanismos de defensa da personalidade.

-CA1.5. Analizáronse as circunstancias psicolóxicas causantes de disfunción.

-CA1.6. Describíronse as alteracións do comportamento ante situacións psicolóxicas especiais.

-CA1.7. Transmitiuse serenidade e empatía.

* RA2. Aplica os primeiros auxilios psicolóxicos a persoas supostamente afectadas por unha emerxencia ou catástrofe, empregando a técnica máis apropiada a cada situación de crise.

-CA2.1. Identificáronse os comportamentos máis comúns en pacientes afectados por unha emerxencia ou catástrofe.

-CA2.2. Establecéronse as reaccións psicopatolóxicas máis frecuentes en persoas afectadas.

-CA2.3. Relacionouse a psicopatoloxía amosada coa atención psicolóxica que deba recibir a persoa afectada.

-CA2.4. Describíronse os criterios aplicados nos primeiros auxilios psicolóxicos.

-CA2.5. Identificáronse as respostas emocionais segundo os factores que actúen.

-CA2.6. Analizáronse as estratexias de control emocional e de carácter relixioso.

-CA2.7. Identificáronse e describíronse as funcións dun equipo de axuda psicosocial.

-CA2.8. Empregáronse habilidades básicas para controlar situacións de dó, de agresividade, de ansiedade, de angustia ou de emocións non desexadas.

-CA2.9. Seleccionáronse e aplicáronse técnicas de primeiros auxilios psicolóxicos.

-CA2.10. Identificáronse situacións de emerxencia psiquiátrica que leven consigo problemas de agresividade.

* RA3. Presta atención psicolóxica aos equipos de intervención.

-CA3.1. Clasificáronse os factores dun cadro de estrés que poidan padecer os equipos de intervención.

-CA3.2. Describiuse a síndrome da «persoa queimada».

-CA3.3. Describiuse o concepto de traumatización vicaria.

-CA3.4. Identificáronse os obxectivos do apoio psicolóxico que recibe o equipo de intervención.

-CA3.5. Explicáronse os fundamentos das técnicas de apoio psicolóxico aos equipos de intervención.

-CA3.6. Detalláronse as técnicas de apoio psicolóxico ao equipo de intervención.

-CA3.7. Aplicáronse técnicas de apoio psicolóxico.

* RA4. Utiliza técnicas de comunicación, para o cal selecciona os recursos comunicativos máis axeitados a cada escenario.

-CA4.1. Identificáronse elementos de intervención na teoría da comunicación.

-CA4.2. Establecéronse as diferenzas entre as canles comunicativas e os tipos de comunicación.

-CA4.3. Seleccionáronse e aplicáronse técnicas de escoita e de resposta na asistencia a unha persoa afectada en diversos escenarios.

-CA4.4. Describíronse as connotacións da psicoloxía do traballo en equipo.

-CA4.5. Definíronse os principios básicos da comunicación entre persoal sanitario e persoas afectadas.

-CA4.6. Aplicáronse as medidas de control que cumpran onde existan dificultades de comunicación.

-CA4.7. Detectáronse hipotéticas vítimas de malos tratos, logo da comunicación verbal e non verbal coas persoas implicadas.

-CA4.8. Elaborouse un protocolo de comunicación para informar sobre axuda psicosocial.

1.7.2. Contidos básicos.

Recoñecemento das disfuncións do comportamento.

* Desenvolvemento da personalidade.

* Etapas evolutivas do ser humano.

* Principios da atención psicolóxica.

* Mecanismos de defensa da personalidade.

* Experiencias asociadas ao proceso de enfermar.

* Mecanismos psicolóxicos de adaptación ante a vivencia de doenza.

* Reacción emocional desaxustada.

* Reacción neuropatolóxica duradeira.

* Reacción psíquica grave.

* Reaccións psicolóxicas e do comportamento.

* Negociación.

* Asertividade.

* Empatía.

* Trastornos máis frecuentes: estrés postraumático, estrés agudo, crise de angustia, trastornos disociativos, depresión e afrontamento.

* Fases sociais do afrontamento de catástrofes colectivas:

-Fase previa e de alerta.

-Choque e reacción.

-Adaptación e poscatástrofe.

-Emerxencia e resolución contemporánea.

Apoio psicolóxico a persoas afectadas.

* Factores de estrés.

* Obxectivos do apoio psicolóxico.

* Manifestacións individuais en catástrofes: físicas, cognitivas, emocionais e de conduta.

* Técnicas de relaxación.

* Control de situacións de crise, dó, tensión, agresividade, ansiedade e angustia.

* Primeiros auxilios psicolóxicos.

* Comportamento da poboación ante unha catástrofe: reacción de conmoción-inhibición-estupor, reacción de pánico, medo colectivo e éxodos.

* Intervención psicolóxica en familiares.

Apoio psicolóxico aos equipos de intervención.

* Configuración e funcións do equipo psicosocial.

* Papel do persoal sanitario.

* Obxectivos do apoio psicolóxico.

* Psicoloxía do traballo en equipo.

* Desenvolvemento de técnicas de dinámica de grupos.

* Estrés e estratexias de afrontamento.

* Síndrome da persoa queimada.

* Traumatización vicaria.

* Técnicas de axuda psicolóxica para os equipos de intervención.

Comunicación psicosocial.

* Elementos da comunicación.

* Tipos de comunicación.

* Dificultades da comunicación.

* Habilidades básicas que melloran a comunicación interpersoal.

* Técnicas de comunicación e relación en grupo.

* Desenvolvemento de técnicas de dinámica de grupos.

* Comunicación entre persoal sanitario e pacientes.

* Indicativos de malos tratos físicos e psíquicos na comunicación verbal e non verbal con pacientes.

* Información á poboación: preventiva, en emerxencias, medios de comunicación, rumores e información.

1.7.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de prestación do servizo e control de calidade.

Estas funcións abranguen aspectos como:

-Concreción e caracterización dos trastornos psicopatolóxicos en situacións de crise.

-Aplicación de técnicas psicolóxicas.

-Información e orientación á persoa usuaria.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións aplícanse na asistencia sanitaria ao paciente ou á vítima, no seu traslado e na atención a familiares e outras persoas implicadas en emerxencias colectivas.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais e), g) e q) do ciclo formativo, e as competencias e), o) e q) do título.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Análise das características dos comportamentos e das reaccións psicopatolóxicas das persoas afectadas nunha emerxencia ou catástrofe.

-Aplicación de técnicas de apoio psicolóxico a persoas afectadas directamente nunha emerxencia ou catástrofe.

-Identificación dos elementos de estrés nas persoas intervenientes.

-Selección de estratexias de intervención psicolóxica básica.

-Detección de erros na comunicación entre persoal sanitario e pacientes.

1.8. Módulo profesional: plans de emerxencias e dispositivos de riscos previsibles.

* Código: MP0059.

* Duración: 105 horas.

1.8.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

* RA1. Achega datos para a elaboración de plans de emerxencia tendo en conta os seus obxectivos, os seus compoñentes e as súas funcións

-CA1.1. Describíronse os termos «risco», «dano» e «vulnerabilidade».

-CA1.2. Definiuse o plan de emerxencias.

-CA1.3. Analizáronse os obxectivos xerais dun plan de emerxencias.

-CA1.4. Realizouse o esquema da estrutura xeral dun plan de emerxencias.

-CA1.5. Relacionouse cada estrutura xerárquica coa súa función establecida.

-CA1.6. Definíronse as funcións dos órganos directivos, operativos e de apoio.

-CA1.7. Concretáronse as características do grupo operativo sanitario e os requisitos na organización do transporte sanitario de persoas feridas.

-CA1.8. Describíronse os obxectivos da actualización dun plan de emerxencias.

-CA1.9. Estableceuse o procedemento de revisión e avaliación dun plan de emerxencias.

-CA1.10. Fixáronse os indicadores de calidade e os resultados desexables dun plan de emerxencias.

* RA2. Elabora mapas de risco e caracteriza posibles riscos naturais, humanos e tecnolóxicos.

-CA2.1. Definíronse os índices de risco, de probabilidade e de dano.

-CA2.2. Detalláronse as consecuencias posibles sobre a poboación e os bens do risco de orixe natural, humana e tecnolóxica.

-CA2.3. Analizáronse, valoráronse e catalogáronse os riscos detectados nun suposto práctico.

-CA2.4. Colocouse nun plano cada risco detectado, segundo o procedemento establecido.

-CA2.5. Delimitáronse no plano as áreas de actuación dos grupos de intervención.

-CA2.6. Enumeráronse os medios propios e alleos dun plan de emerxencias.

-CA2.7. Relacionáronse os riscos catalogados coas actuacións do grupo operativo sanitario.

* RA3. Activa un suposto plan de emerxencias tendo en conta as súas características e os seus requisitos.

-CA3.1. Esquematizouse o organigrama de activación dun plan.

-CA3.2. Determinouse a estrutura de coordinación dun plan.

-CA3.3. Detallouse o procedemento de recepción de información.

-CA3.4. Definíronse os niveis de activación dun plan.

-CA3.5. Describíronse as fases de activación.

-CA3.6. Informouse a poboación cos datos necesarios.

-CA3.7. Describiuse a estrutura do plan operativo de emerxencias sanitarias.

* RA4. Deseña un dispositivo de riscos previsibles e describe o protocolo de elaboración.

-CA4.1. Describíronse os obxectivos do equipo sanitario nun dispositivo.

-CA4.2. Definíronse os compoñentes básicos dun dispositivo.

-CA4.3. Enumeráronse os tipos destes dispositivos.

-CA4.4. Describiuse a información necesaria para realizar a análise da poboación que se cubra.

-CA4.5. Concretáronse os obxectivos para cubrir por un dispositivo.

-CA4.6. Identificáronse acontecementos con grandes concentracións de poboación.

-CA4.7. Identificáronse os riscos potenciais en grandes acontecementos.

-CA4.8. Elaborouse a hipótese máis probable e a máis perigosa en diferentes acontecementos.

-CA4.9. Definíronse os recursos materiais e humanos necesarios do dispositivo.

-CA4.10. Describiuse o protocolo asistencial e de evacuación do dispositivo.

* RA5. Elabora un dispositivo de risco previsible suposto, e describe os seus protocolos de activación e de desactivación.

-CA5.1. Definíronse os obxectivos fundamentais da fase de execución dun dispositivo.

-CA5.2. Describíronse os elementos loxísticos necesarios para a execución dun dispositivo.

-CA5.3. Establecéronse a estrutura, as funcións e as responsabilidades do equipo de profesionais que intervén na execución dun dispositivo.

-CA5.4. Definíronse os horarios e as quendas de traballo na posta en marcha dun dispositivo.

-CA5.5. Definíronse os protocolos operativos.

-CA5.6. Estableceuse a uniformidade do persoal profesional que intervén no proceso e fixáronse as normas de disciplina internas.

-CA5.7. Describiuse o procedemento de activación do dispositivo.

-CA5.8. Desenvolveuse a fase de desactivación do dispositivo.

-CA5.9. Definíronse os obxectivos xerais da desactivación.

-CA5.10. Esquematizouse o procedemento de análise do desenvolvemento do dispositivo e da elaboración da memoria.

1.8.2. Contidos básicos.

Achega de datos para a elaboración dun plan de emerxencia.

* Conceptos relacionados co plan de emerxencias: risco, dano, vulnerabilidade, multiplicación e rehabilitación.

* Tipos de plans de emerxencia.

* Estrutura xeral do plan de emerxencias.

* Obxectivos xerais e específicos do plan de emerxencias.

* Organigrama xerárquico e funcional do plan de emerxencias.

* Recursos humanos e órganos directivos, asesores, operativos e de apoio.

* Funcións dos operativos humanos que interveñen.

* Grupo operativo sanitario.

* Obxectivos de revisión dun plan de emerxencias.

* Mecanismos de revisión do plan.

* Indicadores de calidade e puntos críticos do plan.

Elaboración de mapas de riscos.

* Tipificación dos riscos.

* Indicadores de valoración do risco.

* Situación xeográfica do risco.

* Análise das consecuencias dos riscos sobre as persoas e sobre os bens.

* Sistemas de delimitación das áreas de risco.

* Sectorización no plano das zonas de actuación.

* Catalogación de medios e recursos.

* Códigos e signos para utilizar nos planos.

* Relación entre riscos catalogados e actuación do grupo operativo sanitario.

Activación dun suposto plan de emerxencias.

* Características da fase de información. Fontes de información. Organización e análise da información.

* Niveis de activación do plan.

* Características da activación. Mecanismos de posta en alerta. Proceso de decisión de activación do plan.

* Fases de activación do plan.

* Organigrama de coordinación do plan.

* Información á poboación: obxectivos, medios e contido.

* Estrutura do plan operativo do grupo sanitario.

Deseño dun dispositivo de riscos previsibles.

* Definición do dispositivo de riscos previsibles que se deseñará. Antecedentes. Obxectivos xerais e específicos. Marco de competencias en relación con outras institucións.

* Compoñentes básicos.

* Tipos de dispositivos: macrodispositivo, dispositivo intermedio e dispositivo menor.

* Obxectivos do equipo sanitario nun dispositivo.

* Análise da concentración.

* Estudo dos riscos individuais e colectivos.

* Elaboración de hipóteses.

* Identificación de recursos.

* Planificación operativa.

* Protocolos asistenciais e de evacuación.

* Mecanismos de coordinación interinstitucional.

Execución dun dispositivo de riscos previsibles.

* Organización e xestión dos recursos.

* Montaxe do dispositivo: estudo do terreo.

* Información para profesionais.

* Procedemento de activación do dispositivo.

* Características da fase de desactivación.

* Análise do desenvolvemento do dispositivo.

1.8.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de prestación do servizo, prevención, seguridade e protección, e control de calidade.

Estas funcións abranguen aspectos como:

-Concreción e caracterización dos protocolos normalizados de traballo.

-Elaboración dos documentos asociados.

-Prevención de riscos.

-Protección fronte a riscos.

-Actuación ante emerxencias ou accidentes laborais.

-Control técnico do proceso.

-Avaliación das actividades.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse no soporte asistencial.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais n), p), q) e r) do ciclo formativo e as competencias m) e r) do título.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Supostos prácticos de elaboración dun mapa de riscos, de revisión e avaliación dun plan de emerxencias e de deseño e execución dun dispositivo de riscos previsibles.

-Identificación das actividades que vai realizar o equipo sanitario nos ámbitos anteriores, en concreto, as referidas á evacuación de persoas feridas.

-Identificación de problemas e desenvolvemento de propostas rápidas para os resolver.

1.9. Módulo profesional: teleemerxencia.

* Código: MP0060.

* Duración: 80 horas.

1.9.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

* RA1. Utiliza sistemas xestores de despacho de centros coordinadores de emerxencia e identifica as funcións e os elementos do sistema.

-CA1.1. Describíronse os obxectivos dun centro coordinador de emerxencias.

-CA1.2. Enumeráronse os elementos que compoñen un centro de coordinación.

-CA1.3. Clasificáronse os tipos de recursos de que dispón unha central de coordinación.

-CA1.4. Analizáronse e valoráronse as características específicas e as diferenzas dun centro de regulación integrado (112) e dun centro de regulación médica (061).

-CA1.5. Definíronse as funcións e os elementos dun sistema de despacho para xestión de centros coordinadores de emerxencias.

-CA1.6. Identificáronse as plataformas tecnolóxicas existentes.

-CA1.7. Manexouse o sistema de despacho do centro coordinador segundo protocolos establecidos.

-CA1.8. Realizáronse a conexión, a comprobación das comunicacións entre postos e a saída do sistema.

-CA1.9. Valoráronse as advertencias do sistema recibidas e actuouse en consecuencia.

* RA2. Establece a comunicación nun sistema de transmisión integrado e describe os elementos do proceso de comunicación interpersoal.

-CA2.1. Describíronse as canles de comunicación.

-CA2.2. Describíronse as barreiras que dificultan o proceso de comunicación en radiocomunicación e transmisión radiofónica.

-CA2.3. Clasificáronse os medios de transmisión atendendo ás súas características.

-CA2.4. Describíronse os tipos de onda e os elementos dunha estación de radio.

-CA2.5. Definiuse a linguaxe radiofónica e a comunicación verbal e paraverbal, a través de medios non presenciais.

-CA2.6. Utilizáronse técnicas de recepción de mensaxes orais, de comunicación e de interrogatorio.

-CA2.7. Estableceuse comunicación a través da radio empregando de forma adecuada a linguaxe e as normas de comunicación.

-CA2.8. Establecéronse comunicacións a través dun sistema de transmisión integrado.

-CA2.9. Arranxáronse problemas básicos xurdidos nun sistema de transmisión.

-CA2.10. Fíxose o mantemento e actualizáronse os elementos de apoio informativo da central de comunicacións.

* RA3. Recibe demandas de emerxencia empregando o proceso de recepción protocolizado.

-CA3.1. Describíronse os procedementos de actuación inicial no proceso de recepción de chamadas.

-CA3.2. Describiuse a estrutura e os campos dun formulario informático de demanda.

-CA3.3. Identifica os datos inaprazables da persoa usuaria da demanda segundo o protocolo establecido.

-CA3.4. Identificáronse os demais datos relativos á localización do suceso: identificación da persoa que alerta, riscos engadidos, etc.

-CA3.5. Xerouse unha demanda de emerxencia seguindo o algoritmo do sistema xestor.

-CA3.6. Localizouse o enderezo da demanda utilizando os sistemas cartográficos.

-CA3.7. Clasificáronse os tipos de demanda de emerxencias consonte un algoritmo de decisións.

-CA3.8. Formalizáronse os formularios de xestión de demanda de emerxencias empregando as TIC.

-CA3.9. Categorizáronse as demandas e establecéronse as prioridades seguindo o algoritmo establecido.

-CA3.10. Comprobouse que o sistema xestor reconduza a demanda segundo o protocolo establecido.

* RA4. Valora a demanda de asistencia sanitaria e describe os protocolos de actuación.

-CA4.1. Categorizouse a demanda asistencial, segundo o protocolo do sistema.

-CA4.2. Formalizouse o formulario correspondente no sistema xestor.

-CA4.3. Describíronse os tipos de resposta con necesidade de mobilización de recursos ou sen ela.

-CA4.4. Transferíuselle a escoita e a demanda ao persoal facultativo do centro coordinador que corresponda.

-CA4.5. Identificouse o recurso asistencial máis adecuado para dar resposta á demanda sanitaria.

-CA4.6. Realizouse o seguimento do caso ata a súa resolución segundo o algoritmo de actuación.

-CA4.7. Verificouse a formalización do formulario informático no sistema xestor ao remate da asistencia.

1.9.2. Contidos básicos.

Utilización de sistemas xestores de despacho de centros coordinadores de emerxencias.

* Características do centro de regulación médica tipo 061.

* Características do centro de regulación integrado tipo 112.

* Normativa dos centros de coordinación.

* Plataformas tecnolóxicas.

* Funcións e elementos do sistema de atención, despacho e coordinación.

* Elementos de seguridade.

* Postos de operación.

Establecemento de comunicación nun sistema de transmisión integrado.

* Centro de comunicación.

* Formas de transmisión.

* Radiotransmisor.

* Linguaxe radiofónica.

* Proceso da comunicación: principios e funcións.

* Canles de comunicación.

* Barreiras e dificultades da comunicación.

* Niveis de comunicación.

* Clases de comunicación: verbal, paraverbal e non verbal.

* Comunicación a través de medios non presenciais.

* Escoita: técnicas de recepción de mensaxes orais.

* Intelixencia emocional: empatía, asertividade e persuasión.

* Programación neurolingüística (PNL): comunicación intrapersoal e interpersoal.

* Terminoloxía propia das emerxencias.

Recepción de demandas de emerxencia.

* Formalización dos formularios de demanda.

* Categorización da demanda.

* Procesadores de datos: tipos e utilización

* Redes locais. Intranet.

* Internet: utilidades, navegadores e procura de información.

* Normas de presentación de documentos.

Valoración da demanda de asistencia sanitaria.

* Concepto de codificación diagnóstica.

* Clasificación de doenzas e lesións.

* Clasificación de procedementos cirúrxicos e non cirúrxicos.

* Procedemento de codificación mediante a clasificación internacional de doenzas (CID).

* Doenzas de declaración obrigatoria.

* Aplicacións tecnolóxicas en telemedicina.

1.9.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de prestación do servizo, prevención, seguridade e protección e control de calidade.

Estas funcións abranguen aspectos como:

-Concreción e caracterización das tarefas.

-Información e orientación á persoa usuaria.

-Prevención de riscos.

-Cumprimento de protocolos de traballo.

-Control técnico do proceso.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións aplícanse na teleoperación de emerxencias e na teleasistencia.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais h), m), q), s) e y) do ciclo formativo e as competencias f) e p) do título.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Control e atención da consola de radiocomunicacións.

-Manexo de liñas cabeza-cola.

-Aplicación de técnicas de recepción de mensaxes orais, de comunicación e de interrogatorio, utilizando a linguaxe e as normas de comunicación a través da radio.

-Interpretación de sistemas cartográficos.

1.10. Módulo profesional: anatomofisioloxía e patoloxía básicas.

* Código: MP0061.

* Duración: 107 horas.

1.10.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

* RA1. Describe a organización xeral do corpo humano e identifica as unidades estruturais que o conforman en relación coa súa especialización.

-CA1.1. Detallouse a xerarquía desde a célula ao sistema.

-CA1.2. Describíronse a estrutura e a fisioloxía celulares.

-CA1.3. Clasificáronse os tipos de tecidos.

-CA1.4. Detalláronse as características xerais dos tipos de tecidos.

-CA1.5. Enunciáronse os sistemas do organismo e a súa composición.

* RA2. Localiza estruturas anatómicas en función dos sistemas convencionais de topografía corporal.

-CA2.1. Definiuse a posición anatómica.

-CA2.2. Describíronse os planos anatómicos.

-CA2.3. Aplicouse a terminoloxía de posición e dirección.

-CA2.4. Enumeráronse e localizáronse as rexións corporais.

-CA2.5. Detalláronse e localizáronse as cavidades corporais.

-CA2.6. Relacionáronse as estruturas anatómicas, os órganos e os sistemas, coa cavidade en que estean situados.

-CA2.7. Indicáronse os compoñentes das rexións anatómicas.

* RA3. Identifica e describe os elementos da doenza en relación coas manifestacións clínicas.

-CA3.1. Definíronse os conceptos de saúde e doenza.

-CA3.2. Describiuse o proceso dinámico da saúde á doenza.

-CA3.3. Detalláronse os fundamentos da patoloxía xeral.

-CA3.4. Citáronse as fases da doenza.

-CA3.5. Describíronse os cambios básicos das fases da doenza.

-CA3.6. Describíronse as actividades clínicas relacionadas coa patoloxía.

-CA3.7. Utilizouse con precisión a terminoloxía específica.

* RA4. Describe a estrutura do sistema nervioso e do aparello locomotor en relación coa súa función e coas doenzas máis frecuentes.

-CA4.1. Detalláronse as bases anatomofisiolóxicas do sistema nervioso.

-CA4.2. Relacionáronse as actividades nerviosa, muscular e sensorial.

-CA4.3. Describíronse as bases anatomofisiolóxicas dos órganos dos sentidos.

-CA4.4. Definíronse as manifestacións e as doenzas neurolóxicas máis frecuentes.

-CA4.5. Describiuse a estrutura dos ósos.

-CA4.6. Clasificáronse os ósos.

-CA4.7. Localizáronse os ósos no esqueleto.

-CA4.8. Describíronse os tipos e as características das articulacións.

-CA4.9. Distinguíronse os movementos das articulacións.

-CA4.10. Describíronse a estrutura e os tipos dos de músculos esqueléticos.

-CA4.11. Identificáronse os músculos da anatomía.

-CA4.12. Detalláronse as lesións e as doenzas osteoarticulares e musculares máis frecuentes.

* RA5. Describe a estrutura dos aparellos cardiocirculatorio, respiratorio e do sangue en relación coa súa función e coas doenzas máis frecuentes.

-CA5.1. Detalláronse as bases anatomofisiolóxicas do sistema cardiocirculatorio.

-CA5.2. Localizáronse os principais vasos sanguíneos e linfáticos.

-CA5.3. Detalláronse os parámetros funcionais do corazón e da circulación.

-CA5.4. Describíronse as doenzas cardíacas e vasculares máis frecuentes.

-CA5.5. Definíronse as características anatomofisiolóxicas do aparello respiratorio.

-CA5.6. Describíronse as manifestacións patolóxicas e as doenzas respiratorias máis frecuentes.

-CA5.7. Enumeráronse os compoñentes sanguíneos e a súa función.

-CA5.8. Describíronse os trastornos sanguíneos máis frecuentes.

* RA6. Describe a estrutura dos aparellos dixestivo e renal en relación coa súa función e coas doenzas máis frecuentes.

-CA6.1. Describíronse as bases anatomofisiolóxicas do aparello dixestivo.

-CA6.2. Detalláronse as características da dixestión e do metabolismo.

-CA6.3. Definíronse as manifestacións patolóxicas e as doenzas dixestivas máis frecuentes.

-CA6.4. Describíronse as bases anatomofisiolóxicas do aparello renal.

-CA6.5. Analizouse o proceso de formación dos ouriños.

-CA6.6. Describíronse as doenzas renais e os trastornos urinarios máis frecuentes.

* RA7. Describe a estrutura dos sistemas inmunolóxico e endócrino, e do aparello reprodutor, en relación coa súa función e coas doenzas máis habituais.

-CA7.1. Describíronse as bases anatomofisiolóxicas do sistema endócrino.

-CA7.2. Clasificáronse as alteracións endócrinas máis frecuentes.

-CA7.3. Describíronse as características anatómicas do aparello xenital feminino.

-CA7.4. Relacionouse o ciclo ovárico co ciclo endometrial.

-CA7.5. Describiuse o proceso da reprodución.

-CA7.6. Citáronse as alteracións patolóxicas máis frecuentes do aparello xenital feminino.

-CA7.7. Describíronse as características anatómicas e funcionais do aparello xenital masculino.

-CA7.8. Citáronse as alteracións patolóxicas máis frecuentes do aparello xenital masculino.

-CA7.9. Analizáronse as características do sistema inmunolóxico.

-CA7.10. Citáronse as alteracións da inmunidade.

1.10.2. Contidos básicos.

Recoñecemento da organización xeral do organismo humano.

* Análise da estrutura xerárquica do organismo.

* Estrutura e función da célula.

* Concepto, clasificación e función dos tecidos.

* Clasificación dos sistemas e dos aparellos do organismo.

* Relación entre estrutura e función.

Identificación e localización das estruturas anatómicas do corpo humano.

* Anatomía topográfica e funcional.

* Posición anatómica. Planos e eixes.

* Terminoloxía anatómica.

* Localización das rexións e das cavidades corporais.

Identificación dos aspectos xerais da patoloxía.

* Concepto de saúde e doenza.

* Análise da etioloxía, a patoxenia, a fisiopatoloxía e a semioloxía da doenza.

* Fases e evolución da doenza.

* Cambios básicos no curso da doenza.

* Clínica da doenza: diagnóstico, prognóstico e terapéutica.

Recoñecemento da estrutura, o funcionamento e as doenzas do sistema nervioso, dos órganos dos sentidos e do aparello locomotor.

* Anatomía topográfica e funcional do sistema nervioso.

* Relacións entre a actividade nerviosa, a muscular e a sensorial.

* Identificación dos órganos dos sentidos.

* Clasificación das manifestacións e das doenzas neurolóxicas máis frecuentes.

* Identificación da estrutura do óso.

* Disposición e nomenclatura dos ósos do esqueleto.

* Estudo das articulacións e dos movementos articulares.

* Estudo dos músculos e da actividade motora.

* Clasificación das lesións e das doenzas osteoarticulares e musculares.

Recoñecemento da estrutura, o funcionamento e as doenzas dos aparellos cardiocirculatorio e respiratorio, e do sangue.

* Bases anatomofisiolóxicas do corazón.

* Distribución anatómica dos principais vasos sanguíneos e linfáticos.

* Análise da circulación arterial e venosa.

* Pulso arterial e transmisión da onda do pulso.

* Determinación dos parámetros funcionais do corazón e da circulación.

* Estudo da patoloxía cardíaca e vascular.

* Anatomía do aparello respiratorio.

* Fisioloxía da respiración e ventilación pulmonar.

* Clasificación das manifestacións patolóxicas e das doenzas respiratorias.

* Estudo do sangue. Grupos sanguíneos. Hemostasia.

* Clasificación dos trastornos sanguíneos.

Recoñecemento da estrutura, o funcionamento e as doenzas dos aparellos dixestivo e renal.

* Anatomofisioloxía dixestiva.

* Análise do proceso de dixestión e metabolismo.

* Clasificación das manifestacións patolóxicas e das doenzas dixestivas.

* Anatomofisioloxía renal e urinaria.

* Análise do proceso de formación dos ouriños.

* Clasificación das manifestacións patolóxicas e das doenzas renais e urinarias.

Recoñecemento da estrutura, o funcionamento e as doenzas dos sistemas endócrino e inmunolóxico, e do aparello reprodutor.

* Análise da acción hormonal.

* Bases anatomofisiolóxicas do sistema endócrino.

* Estudo da patoloxía endócrina.

* Bases anatomofisiolóxicas dos aparellos xenitais feminino e masculino.

* Reprodución humana.

* Clasificación das manifestacións patolóxicas e das doenzas dos aparellos xenitais masculino e feminino.

* Bases anatomofisiolóxicas do sistema inmunitario.

* Clasificación das alteracións do sistema inmunitario.

1.10.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación de soporte necesaria para desempeñar a función de prestación do servizo.

Esta función abrangue aspectos como:

-Preparación de pacientes.

-Traslado de pacientes.

-Execución do servizo.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

-Traslado de pacientes.

-Atención sanitaria.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), c), d), e) e o) do ciclo formativo e as competencias a), b), c), d), k) e q) do título.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Recoñecemento e localización dos órganos e das estruturas no organismo.

-Relacións entre órganos e sistemas a partir da agrupación en tres grandes bloques funcionais: movemento e percepción, oxixenación e distribución e regulación interna e relación co exterior.

-Utilización da terminoloxía médico-clínica.

-Semioloxía por aparellos ou sistemas.

-Relación dos signos e dos síntomas coas doenzas máis habituais.

-Interpretación dos signos e dos síntomas específicos das principais doenzas.

1.11. Módulo profesional: formación e orientación laboral.

* Código: MP0062.

* Duración: 107 horas.

1.11.1. Unidade formativa 1: prevención de riscos laborais.

* Código: MP0062_12.

* Duración: 45 horas.

1.11.1.1.Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

* RA1. Recoñece os dereitos e as obrigas das persoas traballadoras e empresarias relacionados coa seguridade e a saúde laboral.

-CA1.1. Relacionáronse as condicións laborais coa saúde da persoa traballadora.

-CA1.2. Distinguíronse os principios da acción preventiva que garanten o dereito á seguridade e á saúde das persoas traballadoras.

-CA1.3. Apreciouse a importancia da información e da formación como medio para a eliminación ou a redución dos riscos laborais.

-CA1.4. Comprendéronse as actuacións axeitadas ante situacións de emerxencia e risco laboral grave e inminente.

-CA1.5. Valoráronse as medidas de protección específicas de persoas traballadoras sensibles a determinados riscos, así como as de protección da maternidade e a lactación e de menores.

-CA1.6. Analizáronse os dereitos á vixilancia e protección da saúde no sector de emerxencias sanitarias.

-CA1.7. Asumiuse a necesidade de cumprir as obrigas das persoas traballadoras en materia de prevención de riscos laborais.

* RA2. Avalía as situacións de risco derivadas da súa actividade profesional analizando as condicións de traballo e os factores de risco máis habituais do sector de emerxencias sanitarias.

-CA2.1. Determináronse as condicións de traballo con significación para a prevención nos contornos de traballo relacionados co perfil profesional de técnico en emerxencias sanitarias.

-CA2.2. Clasificáronse os factores de risco na actividade e os danos derivados deles.

-CA2.3. Clasificáronse e describíronse os tipos de danos profesionais, con especial referencia a accidentes de traballo e doenzas profesionais, relacionados co perfil profesional de técnico en emerxencias sanitarias.

-CA2.4. Identificáronse as situacións de risco más habituais nos contornos de traballo das persoas coa titulación de técnico en emerxencias sanitarias.

-CA2.5. Levouse a cabo a avaliación de riscos nun contorno de traballo, real ou simulado, relacionado co sector de actividade do título.

* RA3. Participa na elaboración dun plan de prevención de riscos e identifica as responsabilidades de todos os axentes implicados.

-CA3.1. Valorouse a importancia dos hábitos preventivos en todos os ámbitos e en todas as actividades da empresa.

-CA3.2. Clasificáronse os xeitos de organización da prevención na empresa en función dos criterios establecidos na normativa sobre prevención de riscos laborais.

-CA3.3. Determináronse os xeitos de representación das persoas traballadoras na empresa en materia de prevención de riscos.

-CA3.4. Identificáronse os organismos públicos relacionados coa prevención de riscos laborais.

-CA3.5. Valorouse a importancia da existencia dun plan preventivo na empresa que inclúa a secuencia de actuacións para realizar en caso de emerxencia.

-CA3.6. Estableceuse o ámbito dunha prevención integrada nas actividades da empresa e determináronse as responsabilidades e as funcións de cadaquén.

-CA3.7. Definiuse o contido do plan de prevención nun centro de traballo relacionado co sector profesional da titulación de técnico en emerxencias sanitarias.

-CA3.8. Proxectouse un plan de emerxencia e evacuación para nunha pequena ou mediana empresa do sector de actividade do título.

* RA4. Determináronse as medidas de prevención e protección no contorno laboral da titulación de técnico en emerxencias sanitarias.

-CA4.1. Definíronse as técnicas e as medidas de prevención e de protección que se deben aplicar para evitar ou diminuír os factores de risco, ou para reducir as súas consecuencias no caso de materializarse.

-CA4.2. Analizouse o significado e o alcance da sinalización de seguridade de diversos tipos.

-CA4.3. Seleccionáronse os equipamentos de protección individual (EPI) axeitados ás situacións de risco atopadas.

-CA4.4. Analizáronse os protocolos de actuación en caso de emerxencia.

-CA4.5. Identificáronse as técnicas de clasificación de persoas feridas en caso de emerxencia, onde existan vítimas de diversa gravidade.

-CA4.6. Identificáronse as técnicas básicas de primeiros auxilios que se deben aplicar no lugar do accidente ante danos de diversos tipos, así como a composición e o uso da caixa de urxencias.

1.11.1.2. Contidos básicos.

Dereitos e obrigas en seguridade e saúde laboral.

* Relación entre traballo e saúde. Influencia das condicións de traballo sobre a saúde.

* Conceptos básicos de seguridade e saúde laboral.

* Análise dos dereitos e das obrigas das persoas traballadoras e empresarias en prevención de riscos laborais.

* Actuación responsable no desenvolvemento do traballo para evitar as situacións de risco no seu contorno laboral.

* Protección de persoas traballadoras especialmente sensibles a determinados riscos.

Avaliación de riscos profesionais.

* Análise de factores de risco ligados a condicións de seguridade, ambientais, ergonómicas e psicosociais.

* Determinación dos danos á saúde da persoa traballadora que se poden derivar das condicións de traballo e dos factores de risco detectados.

* Riscos específicos no sector de emerxencias sanitarias en función das probables consecuencias, do tempo de exposición e dos factores de risco implicados.

* Avaliación dos riscos atopados en situacións potenciais de traballo no sector de emerxencias sanitarias.

Planificación da prevención de riscos na empresa.

* Xestión da prevención na empresa: funcións e responsabilidades.

* Órganos de representación e participación das persoas traballadoras en prevención de riscos laborais.

* Organismos estatais e autonómicos relacionados coa prevención de riscos.

* Planificación da prevención na empresa.

* Plans de emerxencia e de evacuación en contornos de traballo.

* Elaboración dun plan de emerxencia nunha empresa do sector.

* Participación na planificación e na posta en práctica dos plans de prevención.

Aplicación de medidas de prevención e protección na empresa.

* Medidas de prevención e protección individual e colectiva.

* Protocolo de actuación ante unha situación de emerxencia.

* Aplicación das técnicas de primeiros auxilios.

* Actuación responsable en situacións de emerxencias e primeiros auxilios.

1.11.2. Unidade formativa 2: equipos de traballo, dereito do traballo e da seguridade social e procura de emprego.

* Código: MP0062_22.

* Duración: 62 horas.

1.11.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

* RA1. Participa responsablemente en equipos de traballo eficientes que contribúan á consecución dos obxectivos da organización.

-CA1.1. Identificáronse os equipos de traballo en situacións de traballo relacionadas co perfil de técnico en emerxencias sanitarias e valoráronse as súas vantaxes sobre o traballo individual.

-CA1.2. Determináronse as características do equipo de traballo eficaz fronte ás dos equipos ineficaces.

-CA1.3. Adoptáronse responsablemente os papeis asignados para a eficiencia e a eficacia do equipo de traballo.

-CA1.4. Empregáronse axeitadamente as técnicas de comunicación no equipo de traballo para recibir e transmitir instrucións e coordinar as tarefas.

-CA1.5. Determináronse procedementos para a resolución dos conflitos identificados no seo do equipo de traballo.

-CA1.6. Aceptáronse de forma responsable as decisións adoptadas no seo do equipo de traballo.

-CA1.7. Analizáronse os obxectivos alcanzados polo equipo de traballo en relación cos obxectivos establecidos e coa participación responsable e activa dos seus membros.

* RA2. Identifica os dereitos e as obrigas que derivan das relacións laborais e recoñéceos en diferentes situacións de traballo.

-CA2.1. Identificáronse o ámbito de aplicación, as fontes e os principios de aplicación do dereito do traballo.

-CA2.2. Distinguíronse os principais organismos que interveñen nas relacións laborais.

-CA2.3. Identificáronse os elementos esenciais dun contrato de traballo.

-CA2.4. Analizáronse as principais modalidades de contratación e identificáronse as medidas de fomento da contratación para determinados colectivos.

-CA2.5. Valoráronse os dereitos e as obrigas que se recollen na normativa laboral.

-CA2.6. Determináronse as condicións de traballo pactadas no convenio colectivo aplicable ou, en ausencia deste, as condicións habituais no sector profesional relacionado co título de técnico en emerxencias sanitarias.

-CA2.7. Valoráronse as medidas establecidas pola lexislación para a conciliación da vida laboral e familiar, e para a igualdade efectiva entre homes e mulleres.

-CA2.8. Analizouse o recibo de salarios e identificáronse os principais elementos que o integran.

-CA2.9. Identificáronse as causas e os efectos da modificación, a suspensión e a extinción da relación laboral.

-CA2.10. Identificáronse os órganos de representación das persoas traballadoras na empresa.

-CA2.11. Analizáronse os conflitos colectivos na empresa e os procedementos de solución.

-CA2.12. Identificáronse as características definitorias dos novos contornos de organización do traballo.

* RA3. Determina a acción protectora do sistema da Seguridade Social ante as continxencias cubertas e identifica as clases de prestacións.

-CA3.1. Valorouse o papel da Seguridade Social como piar esencial do Estado social e para a mellora da calidade de vida da cidadanía.

-CA3.2. Delimitouse o funcionamento e a estrutura do sistema da Seguridade Social.

-CA3.3. Identificáronse, nun suposto sinxelo, as bases de cotización dunha persoa traballadora e as cotas correspondentes a ela e á empresa.

-CA3.4. Determináronse as principais prestacións contributivas da Seguridade Social, os seus requisitos e a súa duración, e realizouse o cálculo da súa contía nalgúns supostos prácticos.

-CA3.5. Determináronse as posibles situacións legais de desemprego en supostos prácticos sinxelos e realizouse o cálculo da duración e da contía dunha prestación por desemprego de nivel contributivo básico.

* RA4. Planifica o seu itinerario profesional seleccionando alternativas de formación e oportunidades de emprego ao longo da vida.

-CA4.1. Valoráronse as propias aspiracións, motivacións, actitudes e capacidades que permitan a toma de decisións profesionais.

-CA4.2. Tomouse conciencia da importancia da formación permanente como factor clave para a empregabilidade e a adaptación ás exixencias do proceso produtivo.

-CA4.3. Valoráronse as oportunidades de formación e emprego noutros estados da Unión Europea.

-CA4.4. Valorouse o principio de non-discriminación e de igualdade de oportunidades no acceso ao emprego e nas condicións de traballo.

-CA4.5. Deseñáronse os itinerarios formativos profesionais relacionados co perfil profesional de técnico en emerxencias sanitarias.

-CA4.6. Determináronse as competencias e as capacidades requiridas para a actividade profesional relacionada co perfil do título, e seleccionouse a formación precisa para as mellorar e permitir unha axeitada inserción laboral.

-CA4.7. Identificáronse as principais fontes de emprego e de inserción laboral para as persoas coa titulación de técnico en emerxencias sanitarias.

-CA4.8. Empregáronse adecuadamente as técnicas e os instrumentos de procura de emprego.

-CA4.9. Prevíronse as alternativas de autoemprego nos sectores profesionais relacionados co título.

1.11.2.2. Contidos básicos.

Xestión do conflito e equipos de traballo.

* Diferenciación entre grupo e equipo de traballo.

* Valoración das vantaxes e os inconvenientes do traballo de equipo para a eficacia da organización.

* Equipos no sector de emerxencias sanitarias segundo as funcións que desempeñen.

* Dinámicas de grupo.

* Equipos de traballo eficaces e eficientes.

* Participación no equipo de traballo: desempeño de papeis, comunicación e responsabilidade.

* Conflito: características, tipos, causas e etapas.

* Técnicas para a resolución ou a superación do conflito.

Contrato de traballo.

* Dereito do traballo.

* Organismos públicos (administrativos e xudiciais) que interveñen nas relacións laborais.

* Análise da relación laboral individual.

* Dereitos e deberes derivados da relación laboral.

* Análise dun convenio colectivo aplicable ao ámbito profesional da titulación de técnico en emerxencias sanitarias.

* Modalidades de contrato de traballo e medidas de fomento da contratación.

* Análise das principais condicións de traballo: clasificación e promoción profesional, tempo de traballo, retribución, etc.

* Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.

* Sindicatos de traballadores e asociacións empresariais.

* Representación das persoas traballadoras na empresa.

* Conflitos colectivos.

* Novos contornos de organización do traballo.

Seguridade Social, emprego e desemprego

* A Seguridade Social como piar do Estado social.

* Estrutura do sistema de Seguridade Social.

* Determinación das principais obrigas das persoas empresarias e das traballadoras en materia de seguridade social.

* Protección por desemprego.

* Prestacións contributivas da Seguridade Social.

Procura activa de emprego.

* Coñecemento dos propios intereses e das propias capacidades formativo-profesionais.

* Importancia da formación permanente para a traxectoria laboral e profesional das persoas coa titulación de técnico en emerxencias sanitarias.

* Oportunidades de aprendizaxe e emprego en Europa.

* Itinerarios formativos relacionados coa titulación de técnico en emerxencias sanitarias

* Definición e análise do sector profesional do título de técnico en emerxencias sanitarias.

* Proceso de toma de decisións.

* Proceso de procura de emprego no sector de actividade.

* Técnicas e instrumentos de procura de emprego.

1.11.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para que o alumno ou a alumna se poidan inserir laboralmente e desenvolver a súa carreira profesional no sector de emerxencias sanitarias.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais t), u),v) e x) do ciclo formativo e as competencias r), s), t) e v) do título.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Manexo das fontes de información para a elaboración de itinerarios formativo-profesionalizadores, en especial no referente ao sector de emerxencias sanitarias.

-Posta en práctica de técnicas activas de procura de emprego:

-Realización de probas de orientación e dinámicas sobre as propias aspiracións, competencias e capacidades.

-Manexo de fontes de información, incluídos os recursos da internet para a procura de emprego.

-Preparación e realización de cartas de presentación e currículos (potenciarase o emprego doutros idiomas oficiais na Unión Europea no manexo de información e elaboración do currículo Europass).

-Familiarización coas probas de selección de persoal, en particular a entrevista de traballo.

-Identificación de ofertas de emprego público a que se pode acceder en función da titulación e resposta á súa convocatoria.

-Formación de equipos na aula para a realización de actividades mediante o emprego de técnicas de traballo en equipo.

-Estudo das condicións de traballo do sector de emerxencias sanitarias a través do manexo da normativa laboral, dos contratos máis comunmente utilizados e do convenio colectivo de aplicación no sector de emerxencias sanitarias.

-Superación de calquera forma de discriminación no acceso ao emprego e no desenvolvemento profesional.

-Análise da normativa de prevención de riscos laborais que lle permita a avaliación dos riscos derivados das actividades desenvolvidas no sector produtivo, así como a colaboración na definición dun plan de prevención para a empresa e das medidas necesarias para a súa posta en práctica.

O correcto desenvolvemento deste módulo exixe a disposición de medios informáticos con conexión á internet e que polo menos dúas sesións de traballo semanais sexan consecutivas.

1.12. Módulo profesional: empresa e iniciativa emprendedora.

* Código: MP0063.

* Duración: 53 horas.

1.12.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

* RA1. Desenvolve o seu espírito emprendedor identificando as capacidades asociadas a el e definindo ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación e a creatividade.

-CA1.1. Identificouse o concepto de innovación e a súa relación co progreso da sociedade e o aumento no benestar dos individuos.

-CA1.2. Analizouse o concepto de cultura emprendedora e a súa importancia como dinamizador do mercado laboral e fonte de benestar social.

-CA1.3. Valorouse a importancia da iniciativa individual, a creatividade, a formación, a responsabilidade e a colaboración como requisitos indispensables para ter éxito na actividade emprendedora.

-CA1.4. Analizáronse as características das actividades emprendedoras no sector de emerxencias sanitarias.

-CA1.5. Valorouse o concepto de risco como elemento inevitable de toda actividade emprendedora.

-CA1.6. Valoráronse ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación, pola creatividade e pola súa factibilidade.

-CA1.7. Decidiuse a partir das ideas emprendedoras unha determinada idea de negocio do ámbito das emerxencias sanitarias, que debe servir de punto de partida para a elaboración do proxecto empresarial.

-CA1.8. Analizouse a estrutura dun proxecto empresarial e valorouse a súa importancia como paso previo á creación dunha pequena empresa.

* RA2. Decide a oportunidade de creación dunha pequena empresa para o desenvolvemento da idea emprendedora, tras a análise da relación entre a empresa e o contorno, do proceso produtivo, da organización dos recursos humanos e dos valores culturais e éticos.

-CA2.1. Valorouse a importancia das pequenas e medianas empresas no tecido empresarial galego.

-CA2.2. Analizouse o impacto ambiental da actividade empresarial e a necesidade de introducir criterios de sustentabilidade nos principios de actuación das empresas.

-CA2.3. Identificáronse os principais compoñentes do contorno xeral que rodea a empresa e, en especial, nos aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural.

-CA2.4. Apreciouse a influencia na actividade empresarial das relacións coa clientela, con provedores, coas administracións públicas, coas entidades financeiras e coa competencia como principais integrantes do contorno específico.

-CA2.5. Determináronse os elementos do contorno xeral e específico dunha pequena ou mediana empresa de emerxencias sanitarias en función da súa posible localización.

-CA2.6. Analizouse o fenómeno da responsabilidade social das empresas e a súa importancia como un elemento da estratexia empresarial.

-CA2.7. Valorouse a importancia do balance social dunha empresa relacionada co ámbito das emerxencias sanitarias e describíronse os principais custos sociais en que incorren estas empresas, así como os beneficios sociais que producen.

-CA2.8. Identificáronse, en empresas do ámbito das emerxencias sanitarias, prácticas que incorporen valores éticos e sociais.

-CA2.9. Definíronse os obxectivos empresariais incorporando valores éticos e sociais.

-CA2.10. Analizáronse os conceptos de cultura empresarial e de comunicación e imaxe corporativas, así como a súa relación cos obxectivos empresariais.

-CA2.11. Describíronse as actividades e os procesos básicos que se realizan nunha empresa do ámbito das emerxencias sanitarias e delimitáronse as relacións de coordinación e dependencia dentro do sistema empresarial.

-CA2.12. Elaborouse un plan de empresa que inclúa a idea de negocio, a localización, a organización do proceso produtivo e dos recursos necesarios, a responsabilidade social e o plan de márketing.

* RA3. Selecciona a forma xurídica tendo en conta as implicacións legais asociadas e o proceso para a súa constitución e posta en marcha.

-CA3.1. Analizouse o concepto de persoa empresaria, así como os requisitos que cómpren para desenvolver a actividade empresarial.

-CA3.2. Analizáronse as formas xurídicas da empresa e determinándose as vantaxes e as desvantaxes de cada unha en relación coa súa idea de negocio.

-CA3.3. Valorouse a importancia das empresas de economía social no sector de emerxencias sanitarias.

-CA3.4. Especificouse o grao de responsabilidade legal das persoas propietarias da empresa en función da forma xurídica elixida.

-CA3.5. Diferenciouse o tratamento fiscal establecido para cada forma xurídica de empresa.

-CA3.6. Identificáronse os trámites exixidos pola lexislación para a constitución dunha pequena ou mediana empresa en función da súa forma xurídica.

-CA3.7. Identificáronse as vías de asesoramento e xestión administrativa externas á hora de pór en marcha unha pequena ou mediana empresa.

-CA3.8. Analizáronse as axudas e subvencións para a creación e posta en marcha de empresas do ámbito das emerxencias sanitarias tendo en conta a súa localización.

-CA3.9. Incluíuse no plan de empresa información relativa á elección da forma xurídica, os trámites administrativos, as axudas e as subvencións.

* RA4. Realiza actividades de xestión administrativa e financeira básica dunha pequena ou mediana empresa, identifica as principais obrigas contables e fiscais e cobre a documentación.

-CA4.1. Analizáronse os conceptos básicos de contabilidade, así como as técnicas de rexistro da información contable: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais.

-CA4.2. Describíronse as técnicas básicas de análise da información contable, en especial no referente ao equilibrio da estrutura financeira e á solvencia, á liquidez e á rendibilidade da empresa.

-CA4.3. Definíronse as obrigas fiscais (declaración censual, IAE, liquidacións trimestrais, resumos anuais, etc.) dunha pequena e dunha mediana empresa relacionadas coas emerxencias sanitarias e diferenciáronse os tipos de impostos no calendario fiscal (liquidacións trimestrais e liquidacións anuais).

-CA4.4. Cubriuse con corrección, mediante procesos informáticos, a documentación básica de carácter comercial e contable (notas de pedido, albarás, facturas, recibos, cheques, obrigas de pagamento e letras de cambio) para unha pequena e unha mediana empresa do ámbito das emerxencias sanitarias, e describíronse os circuítos que recorre esa documentación na empresa.

-CA4.5. Elaborouse o plan financeiro e analizouse a viabilidade económica e financeira do proxecto empresarial.

1.12.2. Contidos básicos.

Iniciativa emprendedora.

* Innovación e desenvolvemento económico. Principais características da innovación na actividade de emerxencias sanitarias (materiais, tecnoloxía, organización da produción, etc.).

* A cultura emprendedora na Unión Europea, en España e en Galicia.

* Factores clave das persoas emprendedoras: iniciativa, creatividade, formación, responsabilidade e colaboración.

* A actuación das persoas emprendedoras no sector das emerxencias sanitarias.

* O risco como factor inherente á actividade emprendedora.

* Valoración do traballo por conta propia como fonte de realización persoal e social.

* Ideas emprendedoras: fontes de ideas, maduración e avaliación destas.

* Proxecto empresarial: importancia e utilidade, estrutura e aplicación no ámbito de emerxencias sanitarias.

A empresa e o seu contorno.

* A empresa como sistema: concepto, funcións e clasificacións.

* Análise do contorno xeral dunha pequena ou mediana empresa de emerxencias sanitarias: aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural.

* Análise do contorno específico dunha pequena ou mediana empresa de emerxencias sanitarias: clientes, provedores, administracións públicas, entidades financeiras e competencia.

* Localización da empresa.

* A persoa empresaria. Requisitos para o exercicio da actividade empresarial.

* Responsabilidade social da empresa e compromiso co desenvolvemento sustentable.

* Cultura empresarial e comunicación e imaxe corporativas.

* Actividades e procesos básicos na empresa. Organización dos recursos dispoñibles. Externalización de actividades da empresa.

* Descrición dos elementos e estratexias do plan de produción e do plan de márketing.

Creación e posta en marcha dunha empresa

* Formas xurídicas das empresas.

* Responsabilidade legal da persoa empresaria.

* A fiscalidade da empresa como variable para a elección da forma xurídica.

* Proceso administrativo de constitución e posta en marcha dunha empresa.

* Vías de asesoramento para a elaboración dun proxecto empresarial e para a posta en marcha da empresa.

* Axudas e subvencións para a creación dunha empresa de emerxencias sanitarias.

* Plan de empresa: elección da forma xurídica, trámites administrativos e xestión de axudas e subvencións.

Función administrativa.

* Análise das necesidades de investimento e das fontes de financiamento dunha pequena e dunha mediana empresa no sector de emerxencias sanitarias.

* Concepto e nocións básicas de contabilidade: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais.

* Análise da información contable: equilibrio da estrutura financeira e ratios financeiras de solvencia, liquidez e rendibilidade da empresa.

* Plan financeiro: estudo da viabilidade económica e financeira.

* Obrigas fiscais dunha pequena e dunha mediana empresa.

* Ciclo de xestión administrativa nunha empresa de emerxencias sanitarias: documentos administrativos e documentos de pagamento.

* Coidado na elaboración da documentación administrativo-financeira.

1.12.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desenvolver a propia iniciativa no ámbito empresarial, tanto cara ao autoemprego como cara á asunción de responsabilidades e funcións no emprego por conta allea.

A formación do módulo permite alcanzar os obxectivos xerais s), t) e u) do ciclo formativo e as competencias q), r), s), t) e v) do título.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Manexo das fontes de información sobre o sector das empresas de emerxencias sanitarias, incluíndo a análise dos procesos de innovación sectorial en marcha.

-Realización de casos e dinámicas de grupo que permitan comprender e valorar as actitudes das persoas emprendedoras e axustar a súa necesidade ao sector de emerxencias sanitarias.

-Utilización de programas de xestión administrativa e financeira para pequenas e medianas empresas do sector.

-A realización dun proxecto empresarial relacionado coa actividade de emerxencias sanitarias composto por un plan de empresa e un plan financeiro e que inclúa todas as facetas de posta en marcha dun negocio.

O plan de empresa incluirá os seguintes aspectos: maduración da idea de negocio, localización, organización da produción e dos recursos, xustificación da súa responsabilidade social, plan de márketing, elección da forma xurídica, trámites administrativos e axudas e subvencións.

O plan financeiro debe incluír o plan de tesouraría, a conta de resultados previsional e o balance previsional, así como a análise da súa viabilidade económica e financeira.

É aconsellable que o proxecto empresarial se vaia realizando conforme se desenvolvan os contidos relacionados nos resultados de aprendizaxe.

O correcto desenvolvemento deste módulo exixe a disposición de medios informáticos con conexión á internet e que polo menos dúas sesións de traballo sexan consecutivas.

1.13. Módulo profesional: síntese de emerxencias sanitarias.

* Código: MPG003.

* Duración: 26 horas.

1.13.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

* RA1. Elabora o plan de traballo da tarefa asignada tendo en conta o proceso tecnolóxico, en función dos datos de partida e dos obxectivos procurados.

-CA1.1. Interpretouse correctamente o contido da tarefa encargada.

-CA1.2. Determináronse os recursos precisos para a execución da tarefa.

-CA1.3. Identificouse, de ser o caso, a documentación básica de carácter comercial para a xestión do aprovisionamento.

-CA1.4. Determináronse a secuencia, a temporalización e as técnicas máis axeitadas segundo as necesidades de execución da tarefa.

-CA1.5. Realizouse a previsión de incidencias no desenvolvemento da tarefa.

-CA1.6. Identificáronse os riscos inherentes á realización da actividade.

-CA1.7. Seleccionáronse as medidas axeitadas de prevención de riscos.

-CA1.8. Identificouse o impacto ambiental derivado da tarefa que se vaia realizar.

-CA1.9. Seleccionáronse as medidas necesarias para a redución do impacto ambiental.

-CA1.10. Elaborouse, de ser o caso, o orzamento de execución da tarefa.

-CA1.11. Identificáronse os criterios para a avaliación da calidade dos resultados logrados.

* RA2. Executa a tarefa asignada segundo a planificación realizada, demostrando unha visión de conxunto dos procesos produtivos e/ou de creación de servizos propios da competencia xeral do título.

-CA2.1. Elaborouse, de ser o caso, a documentación básica de carácter comercial para a xestión do aprovisionamento.

-CA2.2. Empregáronse os recursos previstos para a execución da tarefa.

-CA2.3. Aplicáronse as técnicas axeitadas cos niveis de calidade requiridos.

-CA2.4. Arranxáronse, dentro do seu nivel de autonomía, ou comunicáronse as incidencias xurdidas durante a execución da tarefa.

-CA2.5. Cumpriuse a secuencia e a temporalización segundo o planificado.

-CA2.6. Colaborouse e participouse coordinadamente no equipo de traballo para conseguir o obxectivo proposto, actuando consonte os principios de responsabilidade e de tolerancia.

-CA2.7. Aplicáronse as medidas definidas para a prevención de riscos e de redución do impacto ambiental.

-CA2.8. Aplicáronse os criterios de avaliación da calidade aos resultados logrados.

* RA3. Elabora e expón o informe do proceso de planificación e execución da tarefa, e xustifica o procedemento seguido.

-CA3.1. Describíronse as actividades de planificación e execución realizadas.

-CA3.2. Xustificáronse as decisións de planificación e execución tomadas.

-CA3.3. Formuláronse, de ser o caso, propostas de mellora.

-CA3.4. Realizáronse, de ser o caso, as aclaracións solicitadas na exposición.

-CA3.5. Empregáronse ferramentas informáticas para a presentación dos resultados.

1.13.2. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo procura a integración das técnicas e dos coñecementos adquiridos nos módulos profesionais, complementando a formación adquirida neles. Pretende ofrecer unha visión global dos procesos produtivos e das técnicas relativas á profesión.

O proceso de ensino e aprendizaxe ha partir da proposta do profesorado dun conxunto de tarefas ben definidas para que as realice o alumnado, de xeito individual e en grupo, que sinteticen os aspectos científicos, tecnolóxicos e organizativos máis salientables da competencia profesional. A resolución da tarefa debe exixir a aplicación do aprendido ao longo do ciclo, obrigando, dentro do nivel de autonomía do persoal técnico, a determinar e a usar as técnicas e os instrumentos axeitados.

Fomentarase e valorarase a creatividade, o espírito crítico e a capacidade de innovación nos procesos realizados, así como a adaptación da formación recibida en supostos laborais e en novas situacións.

A planificación, vinculada co primeiro resultado de aprendizaxe, debe estar baixo a titoría do equipo docente e realizarase nomeadamente de xeito non presencial.

A exposición do informe, que realizará todo o alumnado, é parte esencial do proceso de avaliación e será defendida diante do equipo docente.

Polas súas propias características, a formación do módulo relaciónase coa competencia xeral do título, con todos os obxectivos xerais do ciclo e con todas as competencias profesionais, persoais e sociais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo están relacionadas con:

-Execución de traballos en equipo.

-Avaliación do traballo realizado.

-Autonomía e iniciativa.

-Uso das TIC.

1.14. Módulo profesional: formación en centros de traballo.

* Código: MP0064.

* Duración: 384 horas.

1.14.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

* RA1. Identifica a estrutura e a organización da empresa en relación coa prestación de servizos.

-CA1.1. Identificouse a estrutura organizativa da empresa e as funcións de cada área.

-CA1.2. Identificáronse os elementos que constitúen a rede loxística da empresa: provedores, clientela, carteira de servizos, etc.

-CA1.3. Identificáronse os procedementos de traballo na prestación dos servizos.

-CA1.4. Relacionáronse as competencias dos recursos humanos co desenvolvemento da actividade da empresa.

-CA1.5. Interpretouse a importancia de cada elemento da rede no desenvolvemento da actividade da empresa.

-CA1.6. Relacionáronse as características do mercado, o tipo de clientela e de provedores e a súa influencia no desenvolvemento da actividade empresarial.

-CA1.7. Identificáronse as formas de prestación do servizo máis frecuentes nesta actividade.

-CA1.8. Relacionáronse vantaxes e inconvenientes da estrutura da empresa fronte a outro tipo de organizacións empresariais.

* RA2. Aplica hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da súa actividade profesional consonte as características do posto de traballo e os procedementos establecidos na empresa.

-CA2.1. Recoñeceuse e xustificouse:

-Necesidade de persoal e dedicación horaria no posto de traballo.

-Actitudes persoais (puntualidade, empatía, etc.) e profesionais (orde, limpeza e seguridade necesarias para o posto de traballo, responsabilidade, etc.).

-Requisitos actitudinais ante a prevención de riscos na actividade profesional e as medidas de protección persoal.

-Requisitos actitudinais referidos á calidade na actividade profesional.

-Actitudes relacionais co propio equipo de traballo e coa xerarquía establecida na empresa.

-Actitudes relacionadas coa documentación das actividades realizadas no ámbito laboral.

-Necesidades formativas para a inserción e a inserción laboral no ámbito científico e técnico do bo facer do profesional.

-CA2.2. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais que cumpra aplicar na actividade profesional.

-CA2.3. Utilizáronse os equipamentos de protección individual segundo os riscos da actividade profesional e as normas da empresa.

-CA2.4. Mantívose unha actitude de respecto polo ambiente nas actividades desenvolvidas, e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas.

-CA2.5. Mantivéronse organizados, limpos e libres de obstáculos o posto de traballo e a área correspondente ao desenvolvemento da actividade.

-CA2.6. Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas e responsabilizouse do traballo asignado.

-CA2.7. Establecéronse unha comunicación e unha relación eficaces coa persoa responsable en cada situación e cos membros do seu equipo.

-CA2.8. Mantívose un trato fluído e correcto coa superioridade e cos membros do propio equipo de traballo.

-CA2.9. Coordinouse co resto do equipo e informouse de calquera cambio, necesidade salientable ou imprevisto.

-CA2.10. Adaptouse aos cambios de tarefas asignadas no desenvolvemento da prestación do servizo e integrouse nas novas funcións.

-CA2.11. Comprometeuse responsablemente na aplicación das normas e dos procedementos utilizados no desenvolvemento de calquera actividade ou tarefa.

* RA3. Realiza operacións de mantemento preventivo do vehículo e da súa dotación material, recoñece os elementos mecánicos, eléctricos e de seguridade e describe as fases da revisión segundo o protocolo establecido.

-CA3.1. Recoñecéronse os elementos mecánicos, eléctricos e de seguridade cuxa revisión lle corresponda á súa quenda de traballo, para manter a operatividade do vehículo.

-CA3.2. Efectuouse a revisión dos elementos mecánicos, eléctricos e de seguridade do vehículo segundo a orde establecida.

-CA3.3. Efectuouse a verificación e a reposición dos niveis de fluídos do vehículo.

-CA3.4. Efectuáronse cambios de rodas e comprobouse a súa presión.

-CA3.5. Adoptáronse as medidas estipuladas relativas á prevención de riscos, á protección, á seguridade e á hixiene no desenvolvemento das fases de verificación da operatividade do vehículo.

-CA3.6. Identificáronse os factores que determinan a calidade de prestación do servizo e as desviacións nos requisitos e nas especificacións de garantía de calidade.

-CA3.7. Formalizouse o formulario de revisión diaria.

* RA4. Verifica equipamentos e material sanitario segundo o nivel asistencial do vehículo, aplicando os protocolos normalizados de traballo e a normativa.

-CA4.1. Realizouse o mantemento de equipamentos e de material sanitario segundo as recomendacións e os procedementos establecidos.

-CA4.2. Identificáronse os tipos de documentos clínicos e non clínicos, a súa función e as vías de tramitación.

-CA4.3. Recoñeceuse o ámbito normativo de intervención.

-CA4.4. Describíronse os protocolos de protección, seguridade e calidade.

-CA4.5. Demostrouse autonomía na resolución de continxencias relacionadas co mantemento preventivo dos equipamentos.

-CA4.6. Realizouse o mantemento nos tempos establecidos.

-CA4.7. Identificáronse as necesidades de reposición do material sanitario.

-CA4.8. Recibíronse e almacenáronse os pedidos de equipamento e de material do vehículo sanitario.

-CA4.9. Limpouse, desinfectouse e esterilizouse o material, aplicando os protocolos establecidos.

-CA4.10. Recoñeceuse o tipo e determinouse a cantidade de material sanitario para a asistencia a unha catástrofe, atendendo ao risco e á vulnerabilidade da zona.

* RA5. Presta asistencia sanitaria inicial a pacientes, aplicando técnicas de soporte vital segundo protocolos de actuación establecidos ante cada tipo de emerxencias sanitarias.

-CA5.1. Valorouse o estado do paciente identificando signos de compromiso vital.

-CA5.2. Clasificáronse as vítimas para establecer prioridades na atención, aplicando criterios relacionados coa gravidade e a probabilidade de supervivencia das vítimas, e cos recursos existentes.

-CA5.3. Preparouse o material necesario para prestar asistencia sanitaria inicial.

-CA5.4. Relacionouse o material e os equipamentos coas patoloxías de emerxencia.

-CA5.5. Aplicáronse as técnicas de soporte vital básico tendo en conta protocolos de actuación.

-CA5.6. Prestouse asistencia sanitaria en situacións de emerxencia aplicando os procedementos de actuación.

-CA5.7. Corrixíronse as desviacións do proceso actuando sobre el ou comunicando as incidencias.

-CA5.8. Adoptáronse as medidas estipuladas relativas á prevención de riscos, á protección e á seguridade no desenvolvemento da prestación de asistencia sanitaria.

* RA6. Traslada o paciente e aplica procedementos axeitados segundo a súa patoloxía.

-CA6.1. Xerouse un contorno seguro para a actuación sanitaria.

-CA6.2. Situouse o paciente na padiola do vehículo, na posición máis axeitada á súa patoloxía ou á súa lesión.

-CA6.3. Inmobilizouse o paciente con lesións reais ou potenciais que puideran agravarse co movemento.

-CA6.4. Trasladouse o paciente en condicións de seguridade.

-CA6.5. Conduciuse o vehículo sanitario aplicando criterios para evitar riscos de agravamento das lesións do paciente.

-CA6.6. Transmitiuse a información ao realizar a transferencia do paciente utilizando as canles establecidas.

* RA7. Apoia psicoloxicamente o paciente, a súa familia e as persoas afectadas en situacións de crise e emerxencia sanitaria, aplicando protocolos de actuación.

-CA7.1. Aplicáronse as atencións psicolóxicas relacionadas coa psicopatoloxía.

-CA7.2. Facilitouse a axeitada resposta emocional dos membros do equipo.

-CA7.3. Identificáronse os factores de estrés que poidan incidir nas situacións de emerxencia ou catástrofe.

-CA7.4. Aplicáronselles ás persoas afectadas os primeiros auxilios psicolóxicos.

-CA7.5. Aplicáronse técnicas básicas para controlar situacións de dó, ansiedade, agresividade e outras emocións propias dos cadros de estrés.

-CA7.6. Elaborouse un informe das intervencións realizadas.

* RA8. Aplica os plans loxísticos asegurando o transporte, a distribución, o abastecemento de recursos e a asistencia sanitaria en escenarios con múltiples vítimas e catástrofes.

-CA8.1. Identificouse o organigrama dos sistemas de atención a múltiples vítimas.

-CA8.2. Definíronse as características do escenario nunha emerxencia colectiva.

-CA8.3. Identificáronse as fases de actuación.

-CA8.4. Identificouse o despregamento organizativo da atención sanitaria.

-CA8.5. Interpretáronse e executáronse as instrucións dos mandos correspondentes.

-CA8.6. Participouse nos procedementos de xestión de recursos non sanitarios.

-CA8.7. Empregouse a linguaxe, as normas e as canles de comunicación entre os elementos operativos da catástrofe.

-CA8.8. Participouse e cooperouse na evacuación de vítimas segundo os sistemas de noras establecidos.

-CA8.9. Clasificáronse os medios e os procedementos de prevención e protección en función dos factores e das situacións de risco laboral no seu ámbito de traballo.

Ver referencia pdf "19300D001P006.PDF"

A) Espazos mínimos.

Ver referencia pdf "19300D001P006.PDF"