DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 02 de outubro de 2008 Páx. 17.954

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2008, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria (tratamentos DDD).

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como, para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6º que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables, na comunidade autónoma, a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade Centro de Formación Ica, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria. Nivel cualificado.

2. Entidade organizadora.

Centro de Formación Ica, S.L.

3. Data.

Do 17 de outubro ao 28 de novembro de 2008.

4. Lugar de celebración.

Instalacións do Centro de Formación Ica, S.L.

R/ Portela, 12 interior. O Calvario. 36205 Vigo (Pontevedra).

5. Número de prazas.

25 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar dos servizos de aplicación de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo modelo anexo I

9. Programa:

Ver referencia pdf "19100D011P046.PDF"

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polo alumno e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de praguicidas de uso ambiental e na industria alimentaria, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2008.

Ramón Medina González-Redondo

Director xeral de Saúde Pública

ANEXO I

Ficha de solicitude de inscrición

Curso de capacitación para aplicadores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria. Nivel cualificado.

Entidade organizadora: Centro de Formación Ica, S.L.

Datas: do 17 de outubro ao 28 de novembro de 2008.

Lugar de realización do curso: instalacións do Centro de Formación Ica, S.L., r/ Portela, 12 interior. O Calvario. 36205 Vigo (Pontevedra).

Duración: 60 horas teórico/prácticas e 1 hora de exame.

Horario: venres das 16.00 ás 21.00 horas e sábados das 9.00 ás 14.00 horas.

Nº de prazas: 25 alumnos.

Presentación de solicitudes: enviarase a ficha de inscrición a Centro de Formación Ica, S.L., r/ Portela, 12 interior. O Calvario. 36205 Vigo (Pontevedra). Teléfono: 986 37 77 79. Fax: 986 26 53 00.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Empresa:

CIF:

Enderezo:

CP:

Localidade:

Provincia:

Teléfono:

Fax:

Enderezo electrónico:

Ver referencia pdf "19100D013P047.PDF"