En cumprimento do disposto nos artigos 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e do artigo 9 da Orde do 21 de abril de 2008, de subvencións ás entidades de conservación, protección e promoción dos camiños de Santiago, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da devandita orde para o ano 2008 que superan os 3.000 .
Obxecto da axuda: as axudas teñen como obxecto promocionar e incentivar as entidades que realicen actividades de conservación, protección, promoción, investigación ou calquera outra que repercuta directa ou indirectamente nos camiños de Santiago en Galicia.
Norma reguladora: Orde do 21 de abril de 2008 de subvencións ás entidades de conservación, protección e promoción dos camiños de Santiago para o ano 2008 (Diario Oficial de Galicia nº 83, do 30 de abril).
Crédito orzamentario: 240.000 (douscentos corenta mil euros) na aplicación orzamentaria 12.03.433A-481.O dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008.
Beneficiarios da subvención e importe da mesma: véxase anexo.
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2008.
P.D. (Orde 12-1-2007)
Germán A. Fernández Gómez
Xefe de Sección de Réxime Interior
Ver referencia pdf "19100D010P045.PDF"