DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 02 de outubro de 2008 Páx. 17.953

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2008 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 21 de abril de 2008 de subvencións a empresas privadas que realicen actividades de conservación, protección e promoción dos camiños de Santiago para o ano 2008.

En cumprimento do disposto nos artigos 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 9 da Orde do 21 de abril de 2008, de subvencións para empresas privadas que realicen actividades de conservación, protección e promoción dos camiños de Santiago no ano 2008, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da devandita orde que superan os 3.000 €.

Obxecto da axuda: as axudas teñen como obxecto promocionar e incentivar as empresa privadas que leven a cabo actividades de promoción e difusión dos camiños de Santiago oficialmente recoñecidos polas comunidades autónomas afectadas.

Norma reguladora: Orde do 21 de abril de 2008 de subvencións a empresas privadas que realicen actividades de conservación, protección e promoción dos Camiños de Santiago no ano 2008 (Diario Oficial de Galicia nº 83, do 30 de abril).

Crédito orzamentario: 150.000 € na aplicación orzamentaria 12.03.433A-470.0 dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2008.

Beneficiarios da subvención e importe desta: véxase anexo.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2008.

P.D. (Orde 12-1-2007)

Germán A. Fernández Gómez

Xefe de Sección de Réxime Interior

Ver referencia pdf "19100D010P045.PDF"