DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 02 de outubro de 2008 Páx. 17.945

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de setembro de 2008 pola que se publica a relación de centros seleccionados para a realización de plans de autoavaliación e mellora da calidade da educación en centros educativos para o curso escolar 2008-2009, convocados pola Orde do 9 de abril de 2008.

A Orde do 9 de abril de 2008 pola que se convoca a selección e renovación de plans de autoavaliación e mellora da calidade da educación en centros educativos para o curso 2008-2009 establece o procedemento para a súa concesión.

De acordo co artigo 12 da orde, unha vez estudadas pola comisión de selección as solicitudes presentadas, feita a proposta provisional de resolución e vista a acta coa proposta definitiva da comisión de selección,

RESOLVO:

Primeiro.-Seleccionar para a realización de plans de autoavaliación e mellora da calidade da educación en centros educativos para o curso escolar 2008-2009 os centros educativos que figuran no anexo a esta orde e conceder para a súa realización as contías que nel se recollen.

Segundo.-Contra a resolución publicada nesta orde poderase recorrer potestativamente mediante recurso de reposición ante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, coas modificacións da Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente mediante o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2008.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria

Ver referencia pdf "19100D004P037.PDF"