DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 01 de outubro de 2008 Páx. 17.866

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 1 de setembro de 2008 pola que se nomean os membros das comisións de participación cidadá.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 175, do 10 de setembro de 2008, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 16.866, no anexo II, onde di: «Presidente: José Manuel Casdelo Filgueira, xerente do Hospital Comarcal da Costa», debe dicir: «Presidente: José Manuel Casdelo Filgueiras, xerente do Hospital Comarcal da Costa».

Na páxina 16.866, no anexo III, onde di: «Secretario: Manuel Gómez López, subdirector de Xestión e SS.XX. do C.H. Xeral-Calde de Lugo», debe dicir: «Secretario: Manuel Gómez López, director de Xestión e SS.XX. do C.H. Xeral-Calde de Lugo».

Na páxina 16.867, no anexo III, onde di: «Xosé Vázquez Pérez (UGT)», debe dicir: «María Luisa Sánchez Otero (UGT)».

Na páxina 16.870, no anexo X, onde di: «Secretaria: Margarita Cabaleiro Viñas, secretaria da Dirección Provincial do Servizo Galego de Saúde», debe dicir: «Secretaria: Ana Mª Rodríguez Senra, secretaria da Dirección Provincial do Servizo Galego de Saúde».