DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 23 de setembro de 2008 Páx. 17.466

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 29 de agosto de 2008 pola que se aproba o Regulamento da denominación de orixe Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia e do seu consello regulador.

Advertido erro na Orde do 29 de agosto de 2008 pola que se aproba o Regulamento da denominación de orixe Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia e do seu consello regulador, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 171, do 4 de setembro de 2008, procédese a realizar a seguinte rectificación:

Na páxina 16.548, artigo 23º, onde di: «.. que terán como límite mínimo de rendemento o 12% e máximo de 40 pezas nun quilo.», debe dicir: «... que terán como límite mínimo de rendemento o 12% e máximo de 40 pezas nun quilo, límites mínimos que poderán incrementarse por proposta do Comité de mención.».