DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 23 de setembro de 2008 Páx. 17.462

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2008 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 25 de xuño de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas aos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento do programa Concellos Dixitais 2008-2009, no marco do Plan estratéxico galego da sociedade da información e o Plan Avanza (código procedemento IN516B) (Diario Oficial de Galicia número 128, do 3 de xullo de 2008).

O órgano instrutor do procedemento administrativo establecido na citada orde reguladora revisou as solicitudes presentadas ao abeiro da devandita orde, identificando tanto as solicitudes que se presentaron sen erros e dispoñen de toda a documentación preceptiva, como aquelas solicitudes en que non se reúne algún dos requisitos exixidos.

No artigo 9 das bases reguladoras da citada orde disponse: «por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido nos artigos 59.6º b), 60 e 61 da indicada Lei 30/1992, os requirimentos citados de emenda ou corrección poderanse facer mediante publicación no DOG e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará no taboleiro de anuncios da páxina web da Consellería de Innovación e Industria», ao que se remitirá desde o texto publicado no DOG.

Neste mesmo artigo 9 tamén se dispón: «unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración».

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que reúnen todos os requisitos para seren valoradas, segundo o establecido na orde reguladora citada. Esta relación achégase como «Anexo I-Solicitudes correctas da presente resolución».

2. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non reúnen todos os requisitos para a súa valoración, por estar suxeitas á emenda ou achega de documentación, segundo o establecido na orde reguladora citada. Esta relación achégase como «Anexo II-Solicitudes suxeitas a emenda de documentación» da presente resolución.

3. Todos os solicitantes que se recollen nos anexos poderán obter información detallada da súa resolución accedendo ao Taboleiro electrónico dispoñible na páxina web da Consellería de Innovación e Industria, no enderezo: http://www.xunta.es/apps/axudas/login.do?cod_cons=IN&cod_proc=516B.

O acceso a dito taboleiro tamén se pode facer desde o enderezo da internet http://www.conselleriaiei.org, seleccionando a Oficina Virtual, para a continuación acceder á aplicación Internet Express e dentro desta, escoller o procedemento IN516B.

Para o acceso ao contido do Taboleiro electrónico cada solicitante deberá introducir o código electrónico situado na parte inferior esquerda das follas da solicitude ou, de ser o caso, facilitado por esta dirección xeral, o que garante a intimidade do acceso á información.

4. Facer indicación expresa a todos os solicitantes recollidos no «Anexo II-Solicitudes suxeitas a emenda de documentación» de que son requiridos para que, no prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme o recollido neste anexo. De non o facer, terase por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, a través do teléfono 981 54 55 83, do número de fax 981 54 47 06 ou do enderezo de correo electrónico axudas.dxpisi@xunta.es. Nesta dirección xeral tamén se disporá dun taboleiro físico convencional onde poderá accederse en formato papel á información requirida a cada un dos solicitantes recollidos no citado anexo II, o que garante a igualdade no proceso de emenda de documentación para todos os solicitantes nun procedemento de concorrencia competitiva e mesmo para aqueles que non obtiveron un código electrónico na súa solicitude.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2008.

P.D. (Orde 31-1-2006, DOG nº 24, do 3 de febreiro)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación e Industria

Ver referencia pdf "18400D004P018.PDF"