DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 23 de setembro de 2008 Páx. 17.462

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2008, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición da comisión de selección que deberá elaborar as probas, supervisar e valorar os méritos das/os aspirantes aos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria correspondentes ao curso 2007-2008, e se ditan instrucións acerca da realización das probas correspondentes á modalidade b), premios extraordinarios ao rendemento académico.

De conformidade co establecido no artigo 15 da Orde do 17 de abril de 2008 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria correspondentes ao curso 2007-2008, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Designar os membros da comisión de selección que deberá elaborar as probas, supervisar e valorar os méritos das/os aspirantes aos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo.-Fixar a data, horario, lugares de realización das probas e condicións de presentación das/os aspirantes á modalidade b), premios extraordinarios ao rendemento académico.

1. As probas terán lugar o día 8 de outubro de 2008 de acordo co seguinte horario:

9.30 horas: presentación das/os aspirantes.

10.00 a 12.00 horas: primeira parte da proba.

12.30 a 14.00 horas: segunda parte da proba.

2. Centros nos que se realizarán as probas.

Provincia da Coruña:

-IES Elviña. Polígono de Elviña, 2ª fase s/n, A Coruña

Provincia de Lugo:

-IES Sanxillao. Avda. Fontiñas, nº 171, Lugo

Provincia de Ourense:

-IES Ramón Otero Pedrayo. Rúa Padre Feixoo, nº 12, Ourense

Provincia de Pontevedra:

-IES Sánchez Cantón. Avda. Raíña Victoria, Pontevedra

3. Presentación das/os aspirantes.

a) As/os aspirantes deberán realizar as probas na provincia a que pertenza o centro que as/os propón.

b) Para a realización das probas, as/os aspirantes acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2008.

Mª José Pérez Mariño

Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa

ANEXO

Tribunal

-Presidenta: Mª José Pérez Mariño, directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

-Vogais:

Gonzalo Sanmartín Brey, xefe de servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

Elena Menéndez Martín, inspectora de educación.

Concepción García Sánchez, profesora de ensino secundario.

-Secretario: Ángel Segovia Largo, funcionario da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.