DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 22 de setembro de 2008 Páx. 17.358

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2008 pola que se convoca un curso de formación inicial en prevención de riscos laborais dirixido aos funcionarios de novo ingreso no grupo E da Xunta de Galicia.

De acordo co disposto pola Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, no seu artigo 19, sobre a formación dos traballadores, podemos entender que a formación ten que estar planificada e programada para chegar aos traballadores desde o momento da súa contratación, e que debe ser impartida en función dos riscos e incluso da responsabilidade que estes teñan dentro da organización en que traballen.

Deste xeito, e dada a recente incorporación de persoal funcionario do grupo E, tras a superación dos correspondentes procesos selectivos convocados de conformidade co Decreto 65/2007, do 12 de abril, polo cal se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, faise necesario formalo co fin de que coñeza os riscos específicos do seu posto de traballo.

Polo tanto, convócase o persoal funcionario do corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E) nomeado pola Orde do 21 de xullo de 2007 (DOG nº 144, do 28 de xullo de 2008), á realización obrigatoria do seguinte curso de formación inicial de prevención de riscos laborais:

-Día: 29 de setembro.

-Hora: de 10.00 a 12.00 horas.

-Lugar: salón de actos da EGAP.

Contido:

-A Lei de prevención de riscos laborais:

* A prevención de riscos laborais na Xunta de Galicia.

* Dereitos e obrigas (cap. III da Lei de prevención de riscos laborais).

-Riscos derivados dos lugares de traballo.

-Sinalización.

-Pantallas de visualización de datos.

-Tipos de manipulación de cargas: manipulación manual e manipulación mecánica.

-Actuación ante emerxencias.

Presentación de solicitudes:

a) Para participar no curso que se convoca nesta resolución, o persoal anteriormente citado deberá cubrir o formulario de matrícula en liña que pode atopar no portal web da EGAP no seguinte enderezo: http://egap.xunta.es/matricula.

b) Para cubrir correctamente o formulario de solicitude no citado enderezo da internet disporase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes.

c) O formulario cuberto adecuadamente no enderezo da internet http://egap.xunta.es/matricula entenderase presentado na EGAP.

d) O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de setembro de 2008.

e) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información á hora de presentar a solicitude, pode dirixirse á EGAP a través do enderezo de correo electrónico matricula.egap@xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

Para máis información pode chamar aos teléfonos 981 54 62 41/881 99 70 14.

Aos asistentes entregaráselles un diploma acreditativo da súa asistencia ao curso.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2008.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director da Escola Galega de Administración

Pública