DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 22 de setembro de 2008 Páx. 17.357

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2008 pola que se convocan dous cursos de formación inicial en prevención de riscos laborais para o persoal laboral fixo de recente ingreso na Xunta de Galicia.

De acordo co disposto pola Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, no seu artigo 19, sobre a formación dos traballadores, podemos entender que a formación ten que estar planificada e programada para chegar aos traballadores desde o momento da súa contratación, e que debe ser impartida en función dos riscos e incluso da responsabilidade que estes teñan dentro da organización en que traballen.

Deste xeito, e dada a recente incorporación de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia tras a superación dos correspondentes procesos selectivos convocados de conformidade co Decreto 65/2007, do 12 de abril, polo cal se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, faise necesario formalo co fin de que coñeza os riscos específicos do seu posto de traballo.

Polo tanto, convócase o persoal laboral fixo da Xunta de Galicia que se especifica no cadro seguinte á realización obrigatoria do curso de formación inicial de prevención de riscos laborais que a continuación se detalla:

Ver referencia pdf "18300D004P009.PDF"

Presentación de solicitudes:

a) Para participar nos cursos que se convocan nesta resolución, o persoal anteriormente relacionado deberá cubrir o formulario de matrícula en liña que pode atopar no portal web da EGAP no seguinte enderezo: http://egap.xunta.es/matricula.

b) Para cubrir correctamente os formularios de solicitude no citado enderezo da internet disporase de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes.

c) Os formularios cubertos adecuadamente no enderezo da internet http://egap.xunta.es/matricula entenderanse presentados na EGAP.

d) O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de setembro de 2008.

e) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información á hora de presentar a solicitude, pode dirixirse á EGAP a través do enderezo de correo electrónico matricula.egap@xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

Para máis información pode chamar aos teléfonos 981 54 62 41/ 881 99 70 14.

Aos asistentes entregaráselles un diploma acreditativo da súa asistencia aos cursos.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2008.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director da Escola Galega de Administración Pública