DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 22 de setembro de 2008 Páx. 17.355

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 17 de setembro de 2008 pola que se amplía a dotación orzamentaria da do 5 de xuño pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para agricultores membros de Agrupacións para Tratamentos Integrados en Agricultura (Atrias), e se convocan para o ano 2008.

No DOG nº 112 do 11 de xuño de 2008, publicouse a orde pola que se establecían as axudas para agricultores membros de Agrupacións para Tratamentos Integrados en Agricultura (ATRIAS), e se convocan para o ano 2008. (Corrección de erros.- DOG nº 119, do 20 de xuño).

No artigo 22º.-Financiamento. A dotación económica desta orde foi soamente de 107.719,46 € con cargo á aplicación 2008 11 03 713C 7803, sen prexuízo doutros orzamentos que puidesen ser achegados. Dado que non é suficiente para poder amparar as solicitudes da axuda presentadas, cómpre ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente.

Por todo o exposto e de acordo co establecido no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire o artigo 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, (DOG nº 121, do 25 de xuño) de subvencións de Galicia, así como as competencias que me confire a Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG nº 23, do 21 de marzo), de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplíase para o ano 2008 a dotación orzamentaria que se recolle na Orde do 5 de xuño de 2008 (DOG nº 112, do 11 de xuño) nun total de 162.000 euros, para as axudas para agricultores membros de Agrupacións para Tratamentos Integrados en Agricultura (Atrias) con cargo á aplicación que se indica: 2008 11 03 713C 7803 2007 00903 162.000 euros.

Disposición adicional

Esta modificación non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na devandita Orde do 5 de xuño de 2008.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2008.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural