DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 12 de setembro de 2008 Páx. 17.036

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2008 pola que se convoca un curso sobre operativa policial nos casos de violencia sexista.

Dentro das actividades programadas para o ano 2008, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Deputación Provincial de Ourense, anúnciase a realización dun curso sobre operativa policial nos casos de violencia sexista, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñecer os cambios normativos operados en relación coa temática do curso.

-Dominar o procedemento policial de actuación nos casos de violencia sexista.

-Saber cales son as demandas máis comúns desde a fiscalía e os xulgados sobre este tipo de actuacións, que permitan mellorar as dilixencias e os atestados policiais.

Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Ourense.

Destinatarios.

Persoal dos corpos de policía local da provincia de Ourense.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

Ata 30 prazas, que serán outorgadas por rigorosa orde de entrada de solicitudes, tendo en conta o disposto na epígrafe de destinatarios.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 1 de outubro ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial de Ourense-Departamento de Formación Continua (fax: 988 38 52 15): rúa Progreso nº 30, 32003 Ourense; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso desenvolverase do 6 ao 10 de outubro de 2008.

O horario será das 16.30 ás 20.30 horas, cunha duración de 20 horas lectivas.

Contido.

-Módulo I: tratamento procesual-penal.

-Módulo II: tratamento e operativa policial.

-Módulo III: tratamento socioasistencial.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 3 de outubro a partir das 14.00 horas, tanto pola Deputación Provincial de Ourense como pola Academia Galega de Seguridade Pública, os interesados poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 886 20 61 17/18 (AGASP) e na páxina web http://agasp.xunta.es, ou 988 38 51 42 (Departamento de Formación Continua da Deputación Provincial de Ourense).

Lugar.

O curso desenvolverase nas aulas do centro cultural da Deputación Provincial de Ourense sito na rúa Progreso nº 30.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

Tanto a Academia Galega de Seguridade Pública como a Deputación Provincial de Ourense, se é o caso, poderán modificar o desenvolvemento normal do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 8 de setembro de 2008.

P.S. (Disposición primeira Orde do 31-1-2008,

DOG nº 23, do 1 de febreiro)

María Isabel Durántez Gil

Directora xeral de Interior

Ver referencia pdf "17700D003P020.PDF"