DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 12 de setembro de 2008 Páx. 17.021

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

ORDE do 9 de setembro de 2008 pola que se autoriza o inicio de actividades dos centros de día de alzhéimer de Ribeira, Lugo, Celeiro (Viveiro), Moaña e Vigo.

En virtude do disposto no artigo 29 da Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais, para a creación de centros de servizos sociais propios da Administración autonómica, é necesaria unha norma con rango de decreto, e é necesaria unha orde do departamento competente para o inicio da súa actividade.

Os centros de día de alzhéimer de Ribeira, Lugo, Celeiro (Viveiro), Moaña e Vigo creáronse mediante o Decreto 186/2008, do 24 de xullo, polo que procede agora a autorización do inicio da súa actividade.

Ao abeiro do establecido na disposición derradeira primeira do antedito decreto, e de conformidade co Decreto 143/2007, do 12 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación dos programas e dos centros de servizos sociais e co Decreto 19/2008, do 7 de febreiro, polo que se crea a Rede Galega de Centros de Día de Atención Social para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, en uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, polo Decreto 211/2005, do 3 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e polo Decreto 517/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar,

DISPOÑO:

Artigo único.-Autorizar o inicio de actividades e a posta en funcionamento dos centros de día de alzhéimer de Ribeira, Lugo, Celeiro (Viveiro), Moaña e Vigo conforme os datos que se relacionan no anexo desta orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2008.

Manuel Anxo Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Ribeira.

Enderezo: avda. do Malecón, 24.

Denominación: Centro de Día de Alzhéimer de Ribeira.

Tipoloxía: centro de día de alzhéimer.

Área: maiores.

Número de prazas/unidades autorizadas: 40.

Provincia: Lugo.

Concello: Lugo.

Enderezo: rúa Juana la Loca e rúa Díaz Castro.

Denominación: Centro de Día de Alzhéimer de Lugo.

Tipoloxía: centro de día de alzhéimer.

Área: maiores.

Número de prazas/unidades autorizadas: 40.

Provincia: Lugo.

Concello: Viveiro.

Enderezo: Casa do Mar de Celeiro na avda. Ramón Canosa, nº 27.

Denominación: Centro de Día de Alzhéimer de Celeiro.

Tipoloxía: centro de día de alzhéimer.

Área: maiores.

Número de prazas/unidades autorizadas: 30.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Moaña.

Enderezo: Urbanización Rosal Sur. Edificio nº 1

Denominación: Centro de Día de Alzhéimer de Moaña.

Tipoloxía: centro de día de alzhéimer.

Área: maiores.

Número de prazas/unidades autorizadas: 50.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Enderezo: Casa do Mar na avda. Beiramar, s/n de Vigo.

Denominación: Centro de Día de Alzhéimer de Vigo.

Tipoloxía: centro de día de alzhéimer.

Área: maiores.

Número de prazas/unidades autorizadas: 40.