DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 11 de setembro de 2008 Páx. 16.942

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

DECRETO 200/2008, do 31 de xullo, polo que se derroga o Decreto 111/2006, do 30 de xuño, sobre subvencións para a rehabilitación e adaptación de edificios de vivendas de protección oficial de promoción pública.

Con data 14 de xullo de 2006 foi publicado o Decreto 111/2006, do 30 de xuño, sobre subvencións para a rehabilitación e adaptación de edificios de vivendas de protección oficial de promoción pública. Posteriormente, o 4 de agosto de 2006 foi publicada a Resolución do 28 de xullo de 2006 que o desenvolvía e abría o prazo da convocatoria, aberta ás comunidades de propietarios de edificios de vivendas de protección oficial de promoción pública.

Coa entrada en vigor da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, faise preciso adaptar as anteriores bases reguladoras aos requisitos desta lei, e resulta innecesaria conforme a nova regulación legal a súa aprobación mediante decreto do Consello da Xunta de Galicia. Por esta razón cómpre derrogar o Decreto 111/2006, do 30 de xuño, sobre subvencións para a rehabilitación e adaptación de edificios de vivendas de protección oficial de promoción pública.

Isto sen prexuízo de que a consellería competente por razón de materia poida aprobar unhas novas bases reguladoras das subvencións de que se trata, adaptadas á normativa legal aplicable, non estimándose necesario aprobar mediante decreto os criterios básicos aplicables, sentido que tiña o decreto que mediante este se procede a derrogar.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Vivenda e Solo, e logo de deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día trinta e un de xullo de dos mil oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-Queda derrogado o Decreto 111/2006, do 30 de xuño, sobre subvencións para a rehabilitación e adaptación de edificios de vivendas de protección oficial de promoción pública publicado no DOG nº 136, do 14 de xullo de 2006.

Disposición derradeira

Única.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta e un de xullo de dous mil oito.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Teresa Táboas Veleiro

Conselleira de Vivenda e Solo

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DE TRABALLO