Para os efectos previstos no artigo 11.1º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración, recollidos no artigo 4.1º c) da Lei de contratos do sector público, subscritos polo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2008 e que se relacionan no anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2008.
Ana Luisa Bouza Santiago
Directora do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller
Ver referencia pdf "17200D008P021.PDF"