DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 05 de setembro de 2008 Páx. 16.608

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 1 de setembro de 2008 pola que se amplían e axustan anualidades das aplicacións orzamentarias sinaladas na do 15 de febreiro pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios, e se convocan para o ano 2008.

A orde da Consellería do Medio Rural do 15 de febreiro de 2008 (DOG nº 38, do 22 de febreiro) establece as bases e convoca para 2008 as axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

No seu artigo 29º detállanse as aplicacións orzamentarias e o importe económico previsto nas diferentes anualidades para o financiamento das devanditas axudas.

Tendo en conta o elevado número e dimensión das solicitudes de axuda que se recibiron, e a necesidade dun maior financiamento que supón ampliar e modificar as anualidades das referidas aplicacións orzamentarias consignadas inicialmente para a concesión das mencionadas axudas, considérase oportuno a ampliación e o reaxuste delas.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e facendo uso das facultades que me confiren o artigo 14º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único.-Mediante este procédese á ampliación e ao reaxuste das anualidades da aplicación orzamentaria 11.02.712B 772.0, sinalada no punto 1 do artigo 29 da Orde do 15 de febreiro de 2008 (DOG nº 38, do venres 22 de febreiro), pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios, e se convocan para o ano 2008, e ao reaxuste das anualidades da aplicación orzamentaria 11.02.712B 772.0, sinalada no punto 2 do devandito artigo 29 da Orde do 15 de febreiro de 2008, as cales quedan do seguinte xeito:

1. 11.02.712B 772.0, para as axudas previstas na sección primeira número 1 da Orde do 15 de febreiro de 2008: plans de mellora da devandita orde, na cal existe crédito adecuado para o ano 2008 de cincocentos mil euros (500.000 euros), para o ano 2009 de tres millóns de euros (3.000.000 euros), para o ano 2010 de trece millóns de euros (13.000.000 euros), para o ano 2011 de doce millóns cincocentos mil euros (12.500.000 euros), e para o ano 2012 de dez millóns de euros (10.000.000 euros). A dita aplicación orzamentaria poderá incrementarse con fondos adicionais, comunitarios, estatais e da comunidade autónoma.

2. 11.02.712B 772.0 para as axudas previstas na sección primeira número 2 da Orde do 15 de febreiro de 2008: primeira instalación de agricultores mozos, na cal existe crédito adecuado para o ano 2008 de cen mil euros (100.000 euros), para o ano 2009 de tres millóns de euros (3.000.000 euros), para o ano 2010 de cinco millóns cincocentos mil euros (5.500.000 euros), e para o ano 2011 de catro millóns cincocentos mil euros (4.500.000 euros). A dita aplicación poderase incrementar con fondos adicionais comunitarios e da comunidade autónoma.

Disposición adicional

Única.-A ampliación e o reaxuste das anualidades previstas no artigo único desta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 15 de febreiro de 2008.

Disposición derradeira

Esta orden entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2008.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural

SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER