DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 05 de setembro de 2008 Páx. 16.604

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de agosto de 2008 pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o curso 2008/2009.

Por Orde do 25 de abril de 2008 (DOG do 7 de maio), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da consellería, para o curso 2008/2009.

Reunida a comisión de valoración prevista no artigo sexto da devandita orde, de acordo coa proposta formulada por ela e de conformidade cos artigos primeiro, segundo e sétimo da orde de referencia,

RESOLVO:

Primeiro.-Concederlles as contías que se sinalan nos anexos I e II aos centros incluídos no Plan de mellora de bibliotecas escolares durante o curso 2007/2008, vistas as memorias de actividades levadas a cabo durante o devandito curso e os proxectos presentados para o curso 2008/2009.

Segundo.-Integrar no Plan de mellora de bibliotecas escolares 2008/2009 os 70 novos centros seleccionados, que se relacionan no anexo III.

Terceiro.-Asignar as contías que se detallan nos devanditos anexos, destinadas a apoiar a posta en marcha dos proxectos presentados.

Cuarto.-Os gastos realizados xustificaranse segundo o recollido no artigo oitavo da Orde do 25 de abril de 2008, antes do 15 de xuño de 2009.

Quinto.-A non-entrega da memoria e/ou xustificación do gasto no prazo sinalado poderá ser causa de revogación das cantidades asignadas, debendo proceder o centro ao reintegro da cantidade percibida, sen prexuízo das responsabilidades que se lle poidan exixir.

Sexto.-O incumprimento total ou parcial dos proxectos ou das condicións que se tiveron en conta para a súa concesión poderá dar lugar á anulación ou modificación da contía do importe concedido.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2008.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "17200D006P016.PDF"