DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 04 de setembro de 2008 Páx. 16.565

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2008, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se lle dá publicidade á relación de beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2007 pola que se establecen e se regulan axudas para a conservación e recuperación das poboacións de coello de monte autóctono e se convocan para o ano 2008.

De conformidade co disposto no artigo 18 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, no artigo 78.8º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no artigo 15 da Orde do 31 de decembro de 2007 pola que se establecen e regulan axudas para a conservación e recuperación das poboacións de coello de monte autóctono e se convocan para o ano 2008, procédese mediante esta resolución á publicación do extracto das axudas outorgadas pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2007 pola que se establecen e regulan axudas para a conservación e recuperación das poboacións de coello de monte autóctono e se convocan para o ano 2008.

Deste xeito, cómpre sinalar, polo que atinxe ás axudas concedidas con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, o seguinte:

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 31 de decembro de 2007 pola que se establecen e regulan axudas para a conservación e recuperación das poboacións de coello de monte autóctono e se convocan para o ano 2008.

b) Aplicación orzamentaria: 15.02.541B.781.0.

c) Crédito orzamentario: 160.000 €.

d) Destinatarios: titulares de terreos cinexeticamente ordenados de carácter societario.

e) Beneficiarios, importe e finalidade das axudas: ver anexo.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2008.

Xosé Benito Reza Rodríguez

Director xeral de Conservación da Natureza

Ver referencia pdf "17100D004P026.PDF"