DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 04 de setembro de 2008 Páx. 16.545

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de agosto de 2008 pola que se fai pública a revogación da autorización do centro privado Esega, do concello da Coruña.

Unha vez notificada a resolución do expediente incoado ao centro privado Esega, situado na rúa Calvo Sotelo nº 31 baixo do concello da Coruña, con código de centro 15032352, na cal se declara probada a existencia de diversas irregularidades no seu funcionamento e se revoga expresamente a autorización outorgada ao devandito centro por Orde do 7 de setembro de 2004 para impartir o ciclo formativo de grao medio de explotación de sistemas informáticos, e os ciclos formativos de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas, o de animación sociocultural, o de integración social, o de aloxamento, o de información e comercialización turísticas e o de educación infantil.

Conforme o disposto na disposición adicional terceira do Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, procede a publicación da súa parte dispositiva no Diario Oficial de Galicia.

Vistos o referido Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 pola que se desenvolve o devandito decreto.

Polo anteriormente exposto, esta consellería

ACORDA:

Facer pública a revogación da autorización concedida ao centro privado Esega, do concello da Coruña.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2008.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria